Comeza a preprodución de Santiago de sangre
29 Xullo 2007O pasado martes 24 de xullo, coincidindo coa véspera do día do Apóstolo, deu comezo a preprodución por parte dePerro Verde Films e Black María Producciones da curtametraxe Santiago de Sangre. Trátase dun novo proxecto do director F. Calvelo (Con tu cara, Crisá¡lida, Go’ el) a partir dun guión de Raúl Valcárcel, a historia ten lugar en Santiago de Compostela, cunha estética fortemente inspirada nos inquedantes debuxos do mangaka xaponés Suehiro Maruo e na arquitectura da cidade. Recentemente, o proxecto ven de recibir o apoio da Consellería de Cultura e Deporte. A rodaxe terá lugar antes de remata-lo ano, en formato de alta definición e posterior kinescopado, e actualmente atópase na busca do reparto principal e do equipo técnico.
VÃa Tierras de cinefagia
30 Xullo 2007 ás 10:47 am
o cartel polo menos ten unha pinta boisima, a ver se chega a fama
Saudos