De como facer unha curta en 12 h.

3 Agosto 2007

O On & Off de Ribadeo acollerá a rodaxe da curta máis rápida do audiovisual galego.

O venres 3 de agosto comezará en Ribadeo a rodaxe de “Límite 12h.” unha curtametraxe que supera tódolos límites de velocidade, xa que está concebida para ser escrita, preproducida, rodada, montada, publicitada, exhibida e presentada a un festival de curtas nun tempo de 12 horas.

O proxecto que se desenvolverá integramente dentro do marco do Festival On & Off de Ribadeo estará escrito e dirixido por Marcos Nine e contará coa participación de Quique Batet na producción, Ximena Losada como encargada da difusión, Martín Vázquez no son e Fran X. Rodríguez na montaxe e a postproducción.

O argumento de “Límite 12h”. está a medio camiño entre o ducumental e a performance, xa que a curta contará xustamente como produce unha curtametraxe contrareloxo. Así cada unha das secuencias do filme estarán marcadas polas incidencias reais que tiveron os seus protagonistas para poder ilustralas nesta curta.

O inicio da producción está previsto para as 19.00h. do venres día 3 de agosto e terá que estar entregada á organización do festival antes das 12.00h. do sábado día 4 para poder entrar a concurso.

Que o futuro do cinema pasa po-la curtametraxe é algo que hoxe en día xa ninguén discute. A tódo-los niveis (experimetal, argumental, calidade, etc.) é no eido das curtametraxes onde o cinema segue a bulir como unha fábrica de soños e non como unha fábrica de cartos, remakes, refritidos, onanismo e outras historias que trufan a escena actual do cinema (non só comercial). Mentras “a industria” loita contra internet, as curtas fan desta o seu medio natural de nacemento, vida e reprodución. Sen dúbida dúas formas moi distintas de entender isto do cinema.

É neste panorama no que en Galicia agroman iniciativas relacionadas cas curtas case en tóda-los recunchos: Curtocircuito (Santiago), Curtas na Rede (internet), CurtasGZ (Pontevedra), Festival de Cans (Porriño), Certame Audiovisual de Vilagarcía (Vilagarcía de Arousa), Nada sobre nós sen nós (Boiro) e o que se está a celebrar agora mesmo, o On & Off de Ribadeo.

E é nesta última cita na que un dos colaboradores de CINEMA FRIKI vai levar a cabo esa idea tola que tedes relatada máis arriba (por algún sitio xa falan de facer unha rodaxe paralela dunha de zombis)

Dende aquí queremos darlle-lo noso apoio a todos eles, tanto ó seu traballo anterior como a tóda-las súas novas iniciativas e propostas que renovan e enriquecen (isto parece un anuncio de pastillas de caldo) o panorama do audiovisual galego e fan un pouquiño máis grande esa tolemia de soñadores para soñadores que é o cinema (e máis se é amateur)

No bló do proxecto poderedes seguir hora a hora o desenvolvemento, fotos, anécdotas e pronto o produto final.

Publicado na categoría Curtas, Festivais, Nós-rules | Trackback | del.icio.us | Enriba

2 respostas a “De como facer unha curta en 12 h.”

  1. Marcos Nine di:

    Moitisimas gracias. Nos próximos días (aínda non podo confirmar cando ) poderedes ver o resultado.
    Foi incrible. Non conseguimos facer a curta no tempo pero ver a reacción da xente cando a estreamos non tivo precio. Foi unha auténtica pasada.
    Agora mesmo xa non cordinamos despois do tute que nos pegamos estes días pero en breve contaremos como acabou a historia e as sorpresas que nos deparou a noite, que non foron poucas.
    O caso é que quedamos encantados co resultado da curta e abrumados pola chuvia de felicitacións.
    Estamos desexando poder compartila con todo o mundo así que na medida do posible, entre o chollo e esas cousas faremos a compresión para poder subila ó YouTube ou a Google Video.
    Verémonos en breve :)

  2. Marcos Nine di:

    Xa a podedes ver todos.
    http://limite12h.blogspot.com/

    Un saudo.

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image