Vai de tráilers!

5 Agosto 2007

Para comezar a semana nada como unha boa selección de tráilers para tódo-los gustos.

Angelina Jolie cunha trenza? A terceira parte de Tomb Raider?! Non, tranquilos. É o póster promocional de Beowulf, unha nova revisión do mito nórdico.

E que queredes que vos diga, visto o tráiler non é que me emocione. Nin sequera tendo no reparto á propia Angelina (nai de Grendel), a Anthony Hopkins (rei Hrothgar), Crispin Glover (Grendel), John Malkovich (Unferth)… ou a Neil Gaiman e Roger Avary nos guións ou a Robert Zemmeckis na dirección (será isto o que me mete medo?)

Preguemos para que non sexa tan infame como o Beowulf de Christopher Lambert; pero coido que está mellor, inda que a temos pendente de ver, a versión islandesa, Beowulf & Grendel.

Teremos que agardar ata o 30 de novembro para sair de dúbidas.

Golpes, patadas, puñadas, xeonllazos, piruetas imposibeis, stunts mortos a ducias, efectos especiais a esgalla… Queredes saber máis? Pois é do outro loitador tailandés esperanza dos filmes de artes marciais, Dan Chupong (de Nacido para loitar) e as coreografías de Panna Rittikrai (Ong Bak). Ah! pero que queredes saber de que vai? (seguro?) Pois vai dun campesiño ó que lle arrasan a vila e vai buscar vinganza buscando ó lider dos malos malosos, pero entón descubre que o malo non é humano e a única maneira de vencelo é (seguro que queredes sabelo?) con sangue de regla de moza virxe.

Todo isto teríamolo aforrado se virades o tráiler de Dynamite Warrior.

01-18-08 este é o nome pouco clarificador dun dos novos proxectos de J. J. Abrams, creador de Perdidos (o proxecto tamén recibe os nomes de Cloverfield ou The Parasyte [será isto?]). Os rumores en internet non deixan de medrar:

Vía: chuza! e Xeración Web

3 respostas a “Vai de tráilers!”

  1. An di:

    moi boa selección. Que saia angelina joli nunha pelicula non é sinonimo de que este ben, se non vasta ollar tomb raider :) saudos

  2. ifrit di:

    A min as dúas películas de Tomb Raider non me pareceron tan malas, tendo en conta que falamos dunha adaptación dun videoxogo. E está claro que serían peores, ou gustariamos menos delas, se non estivese Angelina Jolie nelas :D

  3. zerovacas di:

    Ala, resucitou Cinemafriki. Por certo, distracción imperdonable: non che tiña linkeado. Vémonos!!

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image