Pluton BRB Nero
Aventuras, acción, fantático, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series…

Robert Rodríguez mutilado

Planet Terror

O primeiro de todo amosa-la miña repulsa a de tódo-los colaboradores deste bló po-lo tratamento dado po-los distribuidores ó proxecto Grind House de Rodríguez e Tarantino.
Como moitos saberedes estes dous tolos da serie Z e demáis bizarradas quixeron rendirlle unha homenaxe ás grind houses, salas de cinema nas que se proxectaban sesións dobres de todo tipo de filmes dende terror, plotation en xeral, eróticos festivos, kung-fu e moitas outras alfaias que hoxe consideramos cinema de culto. Pero parece ser que ás distribuidoras non lles gustaba a idea e decidiron separar os dous filmes, facendo que o proxecto quedara en simple anécdota. Moito se reblanceceron os miolos dalgúns dende os anos 70.

E así comeza Planet Terror cun tráiler ficticio dun filme chamado Machete, protagonizado por un dos secundarios malos máis famosos: Danny Trejo, ó que nós cariñosamente chamamos Cara de Can. Machete é unha historia desmadrada de violencia, mafias, xiros de guión, sexo, tiros, explosións e dende xa queremos ve-lo filme enteiro! (Non confundir con este outro Machete)

E seguindo na mesma liña Planet Terror ofrécenos violencia, mutilacións, sangue, pus, vísceras, cachondas, heroes do lado escuro e todo tinguido cunha estética, unha fotografía e un tratamento que retrotraenos a outros tempos do cinema.

O filme comeza como nos mellores clásicos do xénero, unha chapuza duns militares corruptos deixa libre un virus que convirte á xente en mutantes antropófagos. E aí xa a temos liada. A partir de aquí presentación dos personaxes, creación do grupo de heroes á forza e orxía de destrucción e morte.

En cada detalle do filme nótase que Robert Rodríguez está facendo o que lle gusta e que sabe do que ‘fala’, que é un verdadeiro fanático da serie Z, o pulp e demáis produtos dos pop de derribo. E non perde ocasión en amosarnolo: a apariencia de cinta vella durante todo o filme que incluso córtase na metade e quedamos sen metraxe, a construción dos personaxes e as súas accións sen sentido pero necesarias no conxunto do filme, grandes frases para a posteridade e toda unha lista sen fin de pequenos e grandes detalles que son un homenaxe dobre: por unha parte ós autores das obras orixinais coas que medrou Robert Rodríguez e nas que se inspirou e por outra a tódo-los cinéfagos amantes destes.

Non sain do cine coa sensación de ver un peliculón pero si de ver algo feito con agarimo e que coido que disfrutarei máis nun segundo visionado.

ifrit

Non deixedes de le-las críticas de: absence, uruloki e la petite claudine

10 Comentarios so far »

  1. by Goio, on agosto 22 2007 @ 10:45 pm

     

    La remesa de zombies de este año no puede ser mas emocionante :_)

  2. by Fagot, on agosto 22 2007 @ 11:25 pm

     

    Si, repulsa absoluta por joder un proxecto tan chulo. De feito vendo Grindhouse, un dos mellores momentos é cando remata Planet Terror e tes 10 minutos de trailers ficticios que son unha delicia. Ata o de Rob Zombie é divertido.
    Se acaso o único que se pode dicir en favor dos capullos dos distribuidores é que en Grindhouse é posible que remates algo canso na peli de Tarantino.
    Pero…en fin, unha soberana putada. E sí toda a estética das pelis mola un collón, os fotogramas que se inflaman, a perdida de imaxes mentres o audio se segue a reproducir, os filtros de 35 mm tralladísimos…, unha pasada.

  3. by ifrit, on agosto 22 2007 @ 11:31 pm

     

    >un dos mellores momentos é cando remata Planet Terror e tes 10 minutos de trailers ficticios que son unha delicia. Ata o de Rob Zombie é divertido.

    onde viches todo iso? no cine? porque no meu só botaron o de Machete ó principio. E si, quedei ata o final, como fago sempre

  4. by zerovacas, on agosto 23 2007 @ 1:35 pm

     

    Mañá publicamos en GZNación unha crítica a cargo de Iván Villarmea. ¿Que che parece este autobombo-previa?

  5. by zerovacas, on agosto 24 2007 @ 1:14 pm

     

    Aquí tes a segunda metade do autobombo: http://www.gznacion.com/web/diccionario.php?ide=140&pag=0

  6. by Xan Pol Valei, on agosto 26 2007 @ 11:17 am

     

    Seguro que as distribuidoras deste Pais sacaran en dvd as peliculas separadas e despois unha edicion especial en formato orixinal USA so pra fodernos os cartos duas veces coma sempre. Asi funciona todo.

  7. by Sebastián [la otra chilanga], on agosto 26 2007 @ 1:26 pm

     

    Bueno, no será la primera ni la última ocasión en que las leyes del mercado le “rompan su mandarina en gajos” a proyectos que en lugar de caminar con la oferta y la demanda como premisa, andan de la mano de la memoria, el arte y la cultura.

    Saludos chilangos muy otros.

    P.S. Por cierto, hice algunos cambios (leves) en el blog, espero que los sean útiles y agradables.

  8. by An, on agosto 30 2007 @ 9:17 pm

     

    non sei…supoño que xa vos decatachedes pero no cartel leba o mata zombis na perna contraria que no filme :) Saudos e apertas :)

  9. by Fagot, on agosto 31 2007 @ 7:08 pm

     

    Respondendo a Ifrit:
    Nos multicines Emule hai cousa de dous meses :9

  10. by Fagot, on agosto 31 2007 @ 7:12 pm

     

    O caso é que no Emule podes atopar a versión íntegra de Grindhouse e os trailers van entre peli e peli. Creo recordar que o de Machete vai tamén no medio xa que na versión orixinal a peli comeza directamente con Planet Terror.

Comment RSS · TrackBack URI

Deixa un comentario

Nome: (Required)

eMail: (Required)

Website:

Comment:

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.