28 semanas despois… a base de carne humana

17 Setembro 2007

Dez minutos… Dez minutos de tensión abrumadora, dez minutos de violencia descontrolada, dez minutos de horror desenfocado levados a unha velocidade extenuante.

Dez minutos foi o tempo que tardamos en poder volver a respirar despois de que desaparecesen os créditos iniciais de 28 Semanas despois. Con esta incrible secuencia do ataque por parte dunha horda de infectados polo “virus da carraxe” contra unha comunidade de superviventes agochados nun cottage na campiña inglesa da comezo á que na miña humilde opinión é a xoia da coroa do xénero de cine de zombis actual. O grao de realismo e a escala de violencia hiperactiva e descerebrada desta introducción á historia fixo que incluso xurdise algún feble laio dende as gorxas de membros de CINEMA FRIKI (non da miña, claro), pedindo que rematase xa a secuencia ó non poder soportar a presión dunha persecución esgotadora ata para o público.

Con este extremadamente brillante comezo, Juan Carlos Fresnadillo desenvolve un filme de zombis (ou de infectados con desmesuradas tendencias caníbales, como se prefira) o cal, se ben non escapa do guión habitual deste tipo de pelis, si introduce unha serie de novas secuencias orixinais que fan que esta historia se manteña a un nivel altísimo. Momentos como a extraordinariamente cruel morte da portadora do virus na sala de aillamento ou a claustrofobica fuxida polo metro de Londres vista a través do intensificador de luz residual (mira nocturna) dun CAR-15, son na miña humilde opinión (ou non tan humilde) das mellores secuencias vistas neste xénero.

Se non tedes medo a vos mergullar nun oceano de tensión onde o director non ofrece o máis mínimo cuartel ó expectador bombardeándolle con momentos de carraxe en estado puro a unha ritmo esgotador… este é o fime que buscades.

Yann Breoc

Publicado na categoría Críticas | Trackback | del.icio.us | Enriba

9 respostas a “28 semanas despois… a base de carne humana”

  1. Fada Branca di:

    Eque me encanta esta película, pareceme incrible, asombrosa, realmente boa.

  2. ghanito di:

    Eu tamén desfrutei do filme, e iso que non son moi fan do cine de zombis e de terror en xeral.

  3. Goio di:

    Yo la antepuse a Planet Terror sin pensarmelo dos veces. Es cierto que ultimamente nos cascan unas de zombies bastante gloriosas, pero esta a mi me dejo completamente subyugado, tiene una potencia plastica de las de quedarse completamente gilipollas.

  4. An di:

    Pois non che creo que a vexa por agora, avfera que esperar a que saia en DVD…e despois ver :) Saudos

  5. ifrit di:

    O filme sae en DVD para aluguer o 31 de outubro, así que para decembro estará para mercar :)

  6. Psicopanadero di:

    A mí es que las pelis de zombies me gustan un poquito más lentas ;D

  7. Jan di:

    POis eu vin 28 días despois e moloume, e desta non din pasado da media hora…Igual estaba desganada, eu que sei…

  8. O Breogán de Gáidil di:

    A min gustoume, e non ten o problema da primeira que, en canto aparecen os militares para min acabouse a peli. Gústame a visión que aporta do “zombi corredor de 100 metros” en contraposición aos zombies clásicos lentorros.

  9. Otra chilanga di:

    Yo no veo la hora en la que venga este filme a México y poder así ser parte de este derroche de emociones que ustedes comparte… pero pronto, pronto.

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image