Sitges 07. Empezamos (Sección oficial Fantàstic)
Publicado en 2007 por cinemafriki en Festivais | 1 comentario7 Out
E o festival de Sitges faise ‘madurito’ de verdade cumprindo corenta anos. Que para unha persoa é media vida, pero para un festival son anos e anos, e filmes e filmes, e premios e anécdotas, e acertos e errores, de todo.
Bueno, na páxina web non din nada (en xeral está un pouco desatendida), pero vendo o cartace parece que entre outras cousas celebrarase o 25º aniversario de Blade Runner e de Tron.
Pero fagamos un pequeno repaso (non exhaustivo) ó que nos ofrece este ano o festival:
Gala de inauguración e clausura:
Para abrir unha nova produción de Guillermo del Toro, dirixida por J. A. Bayona e interpretada por Belén Rueda, Fernando Cayo e
Geraldine Chaplin, entre outros. Disque é un drama con toques de terror. Vendo o tráiler parécese demasiado a Os Outros de Amenábar, pero por outra parte aparecen eses nenos con cabeza de boneco que meten bastante medo.
E para cerrar unha á que xa fixemos referencia por aquí, 1408, baseada nunha novela de Stephen King e interpretada por John Cusack e Samuel L. Jackson. Pinta ben.
Sección oficial Fantàstic:
- L’interior (Inside): Dúas palabras: splatter francés.
- Los Cronocrímenes: Recén chegado do Festival de Austin co premio baixo o brazo Nacho Vigalondo presenta a súa primeira longametraxe, coa participación de Karra Elejalde, Candela Fernández, Bárbara Goenaga e o propio Vigalondo. Persoalmente téñolle moitas ganas. Botádelle un ollo ós teaser-tráilers 1 e 2.
- A habitación de Fermat: Intriga matématica dirixida por Luis Piedrahita e Rodrigo Sopeña, interpretada por Santi Millán, Lluís Homar e Elena Ballesteros. Catro matemáticos son invitados a resolver un problema con só dúas preguntas: que os une e por que alguén os quere matar.
- Halloween: Rob Zombie atrévese a refacer un dos grandes clásicos do terror do mestre Carpenter.
- I’m a cyborg, but that’s ok: Un novo filme do autor da triloxía da vinganza, Park Chan-woo (Sympathy for Mr. Vengeance, Old Boy e Lady Vengeance). Cunha mistura de xéneros típica do lonxano oriente contanos a historia dunha rapaza que cre ser un robot de combate.
- Musishi: Katshuhiro Otomo atrévese agora ca imaxe real e ademáis cunha historia de época misturada con seres sobrenaturais. Baseada no exitoso manga de Yuki Urushibara do que xa se fixo unha versión animada.
- [-REC]: Un dos directores españois máis entregados ó xénero de terror presenta a súa nova proposta: un filme impactante no que un equipo de televisión acompaña a unha brigada de bombeiros nunha saida. Xénero? Terror, of course.
- El rey de la montaña: thriller de atmosfera agobiante dirixido por Gonzalo López-Gallego que conta con rostro coñecidos como os de Leonardo Sbaraglia ou María Valverde. A típica historia de persoa perdida en inquedante bosque sen saida, mais promete sorprendentes xiros de guión. Nada é o que parece.
- Sukiyaki Western Django: Non hai xénero co que Takeshi Miike non se atreva, desta volta é unha mistura de spaghetti western e jidaigeki (filmes costumbristas de época), todo cunha estética e uns decorados moi particulares. Miike non deixa de sorprendernos.
- Teeth: Dúas palabras: vagina dentata. Xénero: terror adolescente gore.











by A dorfunteca » Quick News Flagged Articles, on Outubro 7 2007 @ 10:54 p.m.
[...] CINEMA FRIKI: Sitges 07. Empezamos (Sección oficial Fantàstic) http://cinemafriki.blogaliza.org/2007/10/07/sitges-07-empezamos-seccion-oficial-fantastic/ [...]