Isto de face-la introdución cada vez é máis complicado, tódo-los días son moi semellantes.
Erguinme, fun de paseo, escribín a crónica do día anterior, comín un pintxo de lombo con pemento e pementos caseiros recheos (non me preguntedes de que) nun bar de barrio de Irún e de aí a ver cinema e máis cinema.
La Criatura Perfecta. (Nova Celandia) Non vos podo contar moito deste filme porque quedei durmido (fago máis cousas das que conto neste bló), mais si vos podo dicir que ten moi boa pinta. Os vampiros (Irmáns) e os humanos viven en perfecta armonía, inda que estes miran con desconfianza ós primeiros a pesar de que levan máis de 300 anos sen matar (organizados en forma de igrexa viven en simbiose cos fieis) E aquí empeza unha historia de asasinatos, investigacións, virus do que non vos podo contar moito. Sen dúbida o máis interesante desta proposta é que a historia desenvólvese nunha ambientación steam actual, alonxándose doutras historias de vampiros recentes coma Blade, Underworld ou Dracula 2000 cunha estética futurista.
O que non conseguín descubrir foi a conexión que anunciaban no cartace: “Dos creadores de O Señor dos Aneis”.
Storm Warning (Australia): Traslación do clásico da American Gothic de urbanitas atopan familia de paletos túzaros a Australia. Parella pérdese navegando, atopan unha casa, chegan os donos, os donos son uns tarados psicópatas, a cousa desmádrase, sangue, sangue, angustia e carreiras. Nada novo mais pasas o tempo.
Para cear bocadillo de tortilla de atún do Juantxo (a este ritmo vou probar toda a carta)
Dainniponjin (Xapón): De momento a grande descuberta do festival. Non hai palabras para describila (po-lo menos sen contar de que vai, cousa que non vou facer por que este filme hai que velo virxe) Tamén teño que dicir que o principio é moi desconcertante e se non estiveramos nun cine para vela ex profeso non chegaríamos a ver máis de 10 minutos. Altamente recomendábel para fans de Bobobo-bo bobo-bo.
E preparádevos, que hoxe toca Halloween/Samaín/Día das Cabazas! (cando chegue a casa haberá fotos)
by Diefer K´san, on novembro 2 2007 @ 8:26 pm
Mimá! Como te pos! Con cada enchenta que te metes a base de bocadillos de TORTILLA!!! (que todo o mundo sabe os lixeiros que son) e logo a sentarte horas e horas nun butacón vanche cobrar no tren por exceso de peso :p pero non podo negar que morro coa envexa de poder acompañarte. Iso é vida!!!!!!
E nada diso de quedarse dormido nas proxecións, que tí vas ahí a traballar
Unha apreta moi forte.
P.D.: Pon fotos se podes
by An, on novembro 5 2007 @ 11:02 pm
Pois avera que ver a nipona
o resto non teñen moi boa pinta. Menuda enchenta me peguei nestes catro post que tiña atrasados
Saudos
by ifrit, on novembro 6 2007 @ 12:26 am
Hoxe po-la tarde espero poder completa-los días que faltan e subi-las fotos.
O día 5 durou ata as 6:30 e o 6 ata as 4, e o 7 clausura e festa VIP. O 8 viaxe de 11 horas. Moito tempo non tiven. E ó chegar as obrigas dunha semana acumuladas. Puf!
Pero non quedaredes sen comer
E máis en http://cineuropa.blogaliza.org