Donosti. Día 8. Filme sorpresa, gala de clausura e festa VIP (+ balance)
7 Xaneiro 2008Xa está ben de tanta festa, tanta volta e de facer cousas de proveito! Remato a crónica de Donosti e botámonos a andar de novo, ou? Hai alguén aí?
Filme sorpresa. O filme sorpresa tivo lugar no recentemente restaurado Teatro Cristina, ó que as miñas fotos non fan xustiza. O filme en cuestión foi Jack Brooks: Monster Slayer, cuxo único punto de interese é que contaba con Robert Englund no reparto. O resto é ben malo, dende a historia ós actores pasando po-los efectos (nin sequera para os amigos do látex/inimigos do CGI)

Gala de clausura. Santiago Segura animando o cotarro, entrega de premios e proxección de [REC] (agora que xa a viu todo o mundo non podo dicir moito. Só direi que está moi ben, que inda que a idea non é orixinal si souberon facela súa e que en Donosti os filmes vense doutra maneira e é difícil que dean medo)

Festa VIP. Que esperades que conte dunha festa na disco máis pigha de todo o norte peninsular, con barra libre de canapés, cervexa, viño e refrescos e con algúns dos máis importantes persoeiros da Semana? Un colado de fotos de mostra:

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: sillóns, decoración, con Borja Cobeaga, ca xente de [REC] (Paco Plaza, Manuela Velasco, Jaume Balagueró e ,recortado, o bombeiro), con Alaska, co director da Semana, nunha bañeira, cos máis góticos do lugar e camiseta The Host.
Balance. Moi moi positivo. Hai que volver, sen dúbida. Pelis para tódo-los gustos e posibilidade única de velas. Dúbido se o mellor é a cidade e a súa gastronomía ou o ambiente sen par do festival, cos seus berros e demáis.
Vémonos o ano que vén!!