Space Ghost, de Costa a Costa
11 Xaneiro 2008En CINEMA FRIKI temos un novo heroe! Space Ghost!
Facendo un resumo rápido: Space Ghost é o protagonista duns debuxos animados dos anos 70 de Hanna-Barbera e que foi recuperado coma entrevistador para unha parodia de late-night (spoof, que lle din en inglés) chamado Space Ghost, Coast to Coast emitido na canle estadounidense Cartoon Networks. No 2006 chega a España e arredores da man da canle TNT nun espazo dedicado á animación para adultos chamado Adult Swim, e de aí a YouTube hai un paso.
Space Ghost está acompañado polos noutrora seus inimigos Moltar e Zorak, agora reconvertidos en realizador e músico, respectivamente.
Algúns dos personaxes insultados, manipulados e obrigados a falar cun debuxo animado: Nacho Vigalondo, Joaquín Reyes, OGT Calor, Astrud…