O camiño é inseguro
O lugar é descoñecido
A viaxe é incríbel
Por primeira vez dous dos mellores ‘dragóns’ xúntanse nun filme para gozo e deleite dos fans. Jackie Chan e Jet Li xuntan forzas e patadas en The Forbidden Kingdom, unha nova mirada do conto Viaxe ó oeste. Pero non creades que son todo boas novas, como podedes ver no tráiler, o filme é unha produción estadounidense dirixida por un tal Rob Minkoff (director de O Rei León, Stuart Little, Stuarte Little 2 e pouco máis) e xa sabedes o mal que lles sentan eses aires ós ‘dragóns’.
O resumo da historia: O filme conta as aventuras dun mozo estadounidense obsesionado co kung-fu, que ó poseer unha arma lendaria chinesa, vese transportado maxicamente ó antiguo e mítico reino chinés. Unha vez alí únese a un grupo de guerreiros e xunto a un monxe silencioso e dous mestres das artes marciais, farán o posíbel para facer que se cumpra a profecía da resurección do Rei Mono (Jet Li, que fai dous papeis)
Vía Notas de cine
Deixa un comentario