"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Maio, 2008

Akira en imaxe real

Flipante nova!
«Entre Ain’t It Cool, The Hollywood Reporter y Bloody Disgusting se ha cascado la primicia de este jueves al revelar, de una tacada, al director, protagonista y secundario de lujo de Akira, la adaptación del manga de Katsushiro Otomo que ya no estará dirigida por Stephen Norrington, sino por Ruairi Robinson, y que tendrá nada menos que a Leonardo DiCaprio como protagonista, secundado por Joseph Gordon Levitt (Brick), que darán vida a Kaneda y a Tetsuo, respectivamente. El film, según BD, constará de dos partes y estará producido por la Warner Bros. Se desea que la primera entrega se estrene en verano de 2009, con un cambio en el escenario: en vez del Neo Tokio que todos amamos, la acción transcurrirá en un Manhattan reconstruido tras la Tercera Guerra Mundial. Allí, un grupo de jóvenes pilotos callejeros se inmiscuye sin querer en una operación militar que involucra a niños con poderes psíquicos especiales, que en su día estuvieron «capitaneados» por el más poderoso de todos ellos, un chaval llamado Akira que podría volver a despertar muy pronto. Obviamente, éste argumento ni siquiera rasca la monumental obra de Otomo, pero algo es algo.»

Vía: Las Horas Perdidas

Imaxe de Major Spoilers

Tráiler de Starship Troopers 3!! Había unha segunda? Vede o tráiler, vede. Esta hai que vela entre os colegas unha tarde moi aburrida. Pero hai que vela, chi.

O filme inda está en post-producción e agárdase a súa estrea no presente ano.

O enorme éxito da terceira parte fixo que tan só un ano despois pudiésemos ver unha nova entrega e en agosto de 1988 estreábase comercialmente Pesadelo en Elm Street IV, que levaba o subtítulo de “Dream Master”. Este subtítulo foi traducido de múltiples formas por estes lares, comunmente como “Maestro de los sueños”, unha tradución moi pouco apropiada. Así que eu prefiro quedarme coa traducción que fixeron no mítico programa de Antena 3, Noche de Lobos, alá polo ano 90, na que falaban de “Amo dos soños”.

Pero vamos ó que vamos. Este Pesadelo 4 é probablemente, xunto coa primeira parte, o mellor e o máis importante de tódalas entregas da saga. Como xa é habitual en toda a saga, continúa o desfile de talentos polos filmes, e se a anterior era a peli de Patricia Arquette, ou a primeira a de Johnny Depp, esta vai ser sen dúbida a peli de Renny Harlin.

O director vikingo vaille dar auténtica personalidade a este filme e eso vaille servir de detonante para unha carreira exitosa aínda que en claro declive nos últimos anos. Harlin, que pouco despois deste filme dirixiría A Xungla de Cristal 2 e a mítica As aventuras de Ford Fairlane vai imprimirlle ó filme un ritmo frenético e un tono metalero co que anticipa, esteticamente, a chegada dos 90.

Despois da inocencia da que falábamos en partes anteriores, Harlin vai marcar un punto de inflexión na saga cun filme máis moderno e que soubo envellecer infinitamente mellor que o resto.

O argumento propón unha volta á orixe, condicionado polas distintas variables que se produciron na historia. Kristen (que agora xa non é Patricia Arquette senón Tuesday Knight), é a que sofre o inicio dos pesadelos, e é a única que pode proporcionarlle vítimas a Freddy (algo similar ó que acontecía na segunda parte). Sen embargo, a historia non tardará en querer desligarse do pasado e as personaxes herdadas da secuela anterior palman na primeira media hora para pasar o protagonismo a Alice Jonson (Lisa Wilcox) unha antiheroína que ten que pasar de ser a rapaza tímida da clase á todopoderosa que remate con Freddy.

A partires daquí, o filme vaise estruturar sobre dúas grandes tramas, a evolución de Alice como heroína e a sucesión de mortes que fan a Freddy máis poderoso pero que paradoxicamente tamén fan medrar o poder de Alice.

As voces máis críticas acusaron ó filme de non aportar nada novo e de ser predecible, mais creo que é dos máis redondos de toda a saga. É certo que desde o comezo podes deducir quen vai chegar ó final, sen embargo, a importante carga de humor, a linguaxe dos soños tinxida de certo surrealismo e o ritmo de rock and roll que cubre o filme, fai que sexa unha das entregas máis divertidas.

Ademáis hai unhas cantas secuencias antolóxicas. A resurrección de Freddy despois dunha ardente mexada do can de Kincaid é gloriosa. Por non falar dos momentos nunchacu ou a kafkiana metamorfose de Debbie (Brooke Theiss).

Despois deste filme todo o que vai vir é decadencia.

Curiosidades moi moi frikis

  • Hai varias curiosidades musicais. Pesadelo 4 é o filme no que a música ten un peso máis importante e na banda sonora podemos atopar desde composicións de rap ou rock a metal. Neste sentido, a primeira curiosidade que nos atopamos é nos títulos de crédito que comezan con unha nena pintando cun xiz. De fondo soa unha música que ten un inicio inquietante e unha guitarra potente, trátase do tema Running from this nightmare. Este tema non aparece na B.S.O. da peli e está interpretado por Tuesday Night que é a mesma que interpreta a Kristen no filme.
  • Lin por aí que Bruce Dickinson compuxo un dos grandes éxitos de Iron Maiden, Bring your daughter… to the slaughter para este filme. Sobre esto teño as miñas dúbidas. A canción non aparece no filme, sen embargo si que atopamos unha referencia ó mesmo nos créditos do Pesadelo 5 onde tampouco soa durante a peli. En todo caso, o tema editouse no disco No prayer for the dying e convertiuse nun dos grandes éxitos de Iron Maiden.
  • Outra banda mítica que sí que está neste filme é Blondie que aportou un tema tanto ó filme como á súa B.S.O. Trátase de Rip her to shreds que saía editado no disco de debut Blondie.
  • Rachel Talalay, auxiliar de producción da primeira parte, xa é unha dos produtores deste filme.
  • O guión é un dos puntos destacables deste filme e vemos que o firma un descoñecido William Kotzwinkle. Xunto a el, aparece como co-guionista un home que naquel entón tamén debía ser un descoñecido: Brian Helgelan. Cos anos Helgelan vai convertirse nun dos guionistas máis importantes de Hollywood e o responsable de títulos como L.A. Confidential ou Mystic River.

Continuará…

Fagot


O Amencer dos Mortos (Dawn of the Dead, 2004, Zack Snyder)

Este filme dirixido por Zack Snyder, artífice tamén da adaptación da banda deseñada de Frank Miller 300 (sangue, suor e carne, moita carne) e da agardadísima Watchmen (baseada na banda deseñada de Alan Moore e Dave Gibbons), e cun guión de Romero podería dicirse que foi o meu espertar zombi (durmido durante anos).

Trátase dunha adaptación doutro gran clásico, Zombi, mais un pouco máis actual. Un grupo de superviventes trata de non rematar sendo comida para os «deficientes respiratorios» dentro dun gran centro comercial. Hai escenas para recordar, como o bebé zombi e algunha máis que vos invito a descubrir por vós mesmos. Por suposto, e como non podía faltar, cameos de Tom Savini e Ken Foree (segundo a súa páxina web The World Greatest Zombie Killer), moito sangue e vísceras.

A Raiña dos Mortos

Outlander


Outlander é a historia dun extraterrestre humanoide (Jim Caviezel) que se esnafra na Terra, liberando un monstro que devora todo o que se atopa ó seu redor. Desgraciadamente, a pega está en que o amigo E.T. chegou ó noso planeta na época dos vikingos, así que tódos ben xuntos terán que empregar arcos e frechas para cazar ó bicharraco en cuestión, o cal vai complicar á tarefa de forma ostensible. Recordemos que o seu director e guionista, Howard McCain, insistiu moito en potenciar o «realismo» (!) do film. Isto serve para exemplificar que parece que nos atopamos ante unha peli bastante gore. Pasará o mesmo que con Pathfinder e fixo que directamente a DVD. En fin… non sei nin porqué a puxen. Un Depredador nos vikingos? A web é triste, triste

O proxecto inda se atopa en preproducción e inda non hai data de estrea, inda que se agarda que sexa neste 2008.



Batman: Gotham Knights é a serie de curtas de animación que acompañarán a estrea de The Dark Knight e poranse directamente á venda en DVD. Rollo Animatrix.



A noite dos mortos vivintes (Night of the Living Dead, 1968, George A. Romero)

Aquí escomezaba unha das sagas que endexamáis debería faltar en ningunha das nosas casas, a de George A. Romero Mortos Vivintes. Un clásico do cinema de terror e, por suposto, do noso subxénero favorito, o zombi. Vale que se podería dicir que non ten demasiado a ver coas grandes cantidades de sangue e vísceras ás que seguramente esteas acostumado se eres un zombimaníaco, mais é un clásico entre os clásicos e daba o pistoletazo de saída para a creación deste grande xénero.

Louvemos todos a Romero!!!

A Raiña dos Mortos

AVPR

Bueno, que se pode dicir de Aliens vs. Depredador 2. Non moito que unha persoa cun pouco de sentidiño non vira. Vendo a «grande» película que foi a primeira, onde destrozan directamente un filme que podería convertirse nun mito, convertida nun produto vacío, sen clasificación de terror, acción ou comedia (e aínda por riba destrozaron unha lenda coma o Sr. Weyland).

Pois con estes precedentes con que ánimos se pode esperar unha segunda parte? Pero, coma sempre, a esperanza é o derradeiro que se perde. Logo de ve-lo trailer, non cabe dúbida que se renovaron un pouquichiño esas esperanzas, non de ver un bo produto (iso era obvio), pero polo menos no trailer amosaron máis sangue e máis mortes que en toda a súa predecesora.

En canto o filme en si, non se pode dicir que é malo malo, inda que só sexa polo feito de que colleu todo o bo dos filmes de Alien e Depredador e copiaron diálogos, nomes e secuencias clavadiñas deles, polo que moi mal o tiñan que facer. Está chea de topicazos pero polo menos é bastante gore, co que o arranxan un pouquichiño.
Unha película entretida, para ver e disfrutar (e botar unhas risas) cos amigos, pero sempre queda esa dúbida de que podería ter pasado se en vez dun pobo de Colorado fora nun lugar semellante a Hadley´s Hope e en vez de USMC (United States Marine Corps) foran USCM (¡¡¡UNITED STATES COLONIAL MARINES!!!). Teremos que esperar a algún director que decida facer unha película con xeito.

Diefer K’san

X Files 2

Chi, vai haber continuación de ¡Expediente X! Ummm. Non sei que pode sair disto, encontrándonos con Mildred e Scuby de novo, pero a min xa me entran gañas de vela serie de novo. Non sei quen a terá… ;)

A estrea por estas terras está prevista para o 25 de xullo deste ano.

Un tráiler cutre en Cinemavip, máis info nun bló dedicado en exclusiva ó filme e unha pequena entrevista a David Duchovny.

Xa ó sei, fai tempo que xa se estreou, pero uns problemas informáticos e unha época de exames levoume a pospoñer, e moito, as críticas pendentes. E ademáis, é máis doado facer unha crónica deportiva que unha crítica (a xente sabe de que vai).

En canto ó filme en cuestión, temos que falar dunha película correcta, un remake da famosa de Charlton Heston O derradeiro home… vivo ou The Last Man on Earth. Neste sentido, bótaselle de menos ó filme de Will Smith esa sensación de soidade, de estar nunha gran cidade coma Nova York sen existir ningunha alma ó redor. Un dos motivos que me levou a vela foi precisamente iso, de ver como podería ser a Gran Mazá estando un só para disfrutar dela (ou non).

Polo demáis, os infectados están moi logrados. Crean moita ansiedade e co paso da metraxe parece que son algo máis que uns seres sedentos de carne viva e que esconden algo máis que furia asasina. É ahí é onde lle vexo un bo fallo. Despois de aguantar duas horas pensando de que ó final vanse a desvelar moitos misterios, acaba de forma súbita, e que mellor forma de facelo que cunha granada. Non sei, non lle vin moito sentido.

En fin, unha peli para ver nunha tarde aburrida, e sen moitas opción de doble visionado, ou polo menos dentro de algún longo tempo. Aínda que iso si, nos anuncios da rúa ó comezo do filme é un bo lugar para buscar as posibles estreas da Warner, coma pode ser Green Lantern, Teen Titans ou… Batman & Superman!!!

Diefer K’san

Tráiler de Star Trek XI. Igual de visto pero iso de: «Space, the final frontier…» pon os pelos coma escarpias… A dobraxe ó español é triste…

A estrea de Star Trek: Zero (título provisional) está prevista para o 8 de maio nos EUA.

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.