Aventuras, acción, fantático, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series…

Copiar-pegar, copiar-pegar, copiar…

AVPR

Bueno, que se pode dicir de Aliens vs. Depredador 2. Non moito que unha persoa cun pouco de sentidiño non vira. Vendo a “grande” película que foi a primeira, onde destrozan directamente un filme que podería convertirse nun mito, convertida nun produto vacío, sen clasificación de terror, acción ou comedia (e aínda por riba destrozaron unha lenda coma o Sr. Weyland).

Pois con estes precedentes con que ánimos se pode esperar unha segunda parte? Pero, coma sempre, a esperanza é o derradeiro que se perde. Logo de ve-lo trailer, non cabe dúbida que se renovaron un pouquichiño esas esperanzas, non de ver un bo produto (iso era obvio), pero polo menos no trailer amosaron máis sangue e máis mortes que en toda a súa predecesora.

En canto o filme en si, non se pode dicir que é malo malo, inda que só sexa polo feito de que colleu todo o bo dos filmes de Alien e Depredador e copiaron diálogos, nomes e secuencias clavadiñas deles, polo que moi mal o tiñan que facer. Está chea de topicazos pero polo menos é bastante gore, co que o arranxan un pouquichiño.
Unha película entretida, para ver e disfrutar (e botar unhas risas) cos amigos, pero sempre queda esa dúbida de que podería ter pasado se en vez dun pobo de Colorado fora nun lugar semellante a Hadley´s Hope e en vez de USMC (United States Marine Corps) foran USCM (¡¡¡UNITED STATES COLONIAL MARINES!!!). Teremos que esperar a algún director que decida facer unha película con xeito.

Diefer K’san

Deixa un comentario

Nome: (Required)

eMail: (Required)

Website:

Comment:

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.