Xa ó sei, fai tempo que xa se estreou, pero uns problemas informáticos e unha época de exames levoume a pospoñer, e moito, as críticas pendentes. E ademáis, é máis doado facer unha crónica deportiva que unha crítica (a xente sabe de que vai).
En canto ó filme en cuestión, temos que falar dunha película correcta, un remake da famosa de Charlton Heston O derradeiro home… vivo ou The Last Man on Earth. Neste sentido, bótaselle de menos ó filme de Will Smith esa sensación de soidade, de estar nunha gran cidade coma Nova York sen existir ningunha alma ó redor. Un dos motivos que me levou a vela foi precisamente iso, de ver como podería ser a Gran Mazá estando un só para disfrutar dela (ou non).
Polo demáis, os infectados están moi logrados. Crean moita ansiedade e co paso da metraxe parece que son algo máis que uns seres sedentos de carne viva e que esconden algo máis que furia asasina. É ahí é onde lle vexo un bo fallo. Despois de aguantar duas horas pensando de que ó final vanse a desvelar moitos misterios, acaba de forma súbita, e que mellor forma de facelo que cunha granada. Non sei, non lle vin moito sentido.
En fin, unha peli para ver nunha tarde aburrida, e sen moitas opción de doble visionado, ou polo menos dentro de algún longo tempo. Aínda que iso si, nos anuncios da rúa ó comezo do filme é un bo lugar para buscar as posibles estreas da Warner, coma pode ser Green Lantern, Teen Titans ou… Batman & Superman!!!
Diefer K’san
Deixa un comentario