10 filmes zombis que marcaron a miña non vida (II)

7 Maio 2008


O Amencer dos Mortos (Dawn of the Dead, 2004, Zack Snyder)

Este filme dirixido por Zack Snyder, artífice tamén da adaptación da banda deseñada de Frank Miller 300 (sangue, suor e carne, moita carne) e da agardadísima Watchmen (baseada na banda deseñada de Alan Moore e Dave Gibbons), e cun guión de Romero podería dicirse que foi o meu espertar zombi (durmido durante anos).

Trátase dunha adaptación doutro gran clásico, Zombi, mais un pouco máis actual. Un grupo de superviventes trata de non rematar sendo comida para os “deficientes respiratorios” dentro dun gran centro comercial. Hai escenas para recordar, como o bebé zombi e algunha máis que vos invito a descubrir por vós mesmos. Por suposto, e como non podía faltar, cameos de Tom Savini e Ken Foree (segundo a súa páxina web The World Greatest Zombie Killer), moito sangue e vísceras.

A Raiña dos Mortos

Publicado na categoría Críticas, Nós-rules | Trackback | del.icio.us | Enriba

Unha resposta a “10 filmes zombis que marcaron a miña non vida (II)”

  1. CINEMA FRIKI » Arquivos » 10 filmes zombis que marcaron a miña non-vida di:

    […] O Amencer dos Mortos (2004, Zack Snyder) Publicado na categoría Críticas, Nós-rules | Trackback | del.icio.us | Enriba […]

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image