Outlander

7 Maio 2008


Outlander é a historia dun extraterrestre humanoide (Jim Caviezel) que se esnafra na Terra, liberando un monstro que devora todo o que se atopa ó seu redor. Desgraciadamente, a pega está en que o amigo E.T. chegou ó noso planeta na época dos vikingos, así que tódos ben xuntos terán que empregar arcos e frechas para cazar ó bicharraco en cuestión, o cal vai complicar á tarefa de forma ostensible. Recordemos que o seu director e guionista, Howard McCain, insistiu moito en potenciar o “realismo” (!) do film. Isto serve para exemplificar que parece que nos atopamos ante unha peli bastante gore. Pasará o mesmo que con Pathfinder e fixo que directamente a DVD. En fin… non sei nin porqué a puxen. Un Depredador nos vikingos? A web é triste, triste

O proxecto inda se atopa en preproducción e inda non hai data de estrea, inda que se agarda que sexa neste 2008.

Publicado na categoría Pistas | Trackback | del.icio.us | Enriba

Unha resposta a “Outlander”

  1. ifrit di:

    Pathfinder? Outlander? Pelis de vikingos con nomes de todoterreos? que clase de conspiración é esta!?

    E Pathfinder non foi directamente a DVD que nós a fumos ver ó cine. E non a comentamos por aquí porque… porque… eu que sei!

    Resumo de Pathfinder: Pathfinder é unha fita tan escura que en gran parte dela non se ve nada. O sangue é coma petroleo.
    Os vikingos falan coma os orcos.
    A trampa que fan os indios ós vikingos e falla é un dos mellores chistes involuntarios (e negros) da historia do cinema.
    Non a vexades.

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image