Outlander é a historia dun extraterrestre humanoide (Jim Caviezel) que se esnafra na Terra, liberando un monstro que devora todo o que se atopa ó seu redor. Desgraciadamente, a pega está en que o amigo E.T. chegou ó noso planeta na época dos vikingos, así que tódos ben xuntos terán que empregar arcos e frechas para cazar ó bicharraco en cuestión, o cal vai complicar á tarefa de forma ostensible. Recordemos que o seu director e guionista, Howard McCain, insistiu moito en potenciar o “realismo” (!) do film. Isto serve para exemplificar que parece que nos atopamos ante unha peli bastante gore. Pasará o mesmo que con Pathfinder e fixo que directamente a DVD. En fin… non sei nin porqué a puxen. Un Depredador nos vikingos? A web é triste, triste…
O proxecto inda se atopa en preproducción e inda non hai data de estrea, inda que se agarda que sexa neste 2008.
by ifrit, on maio 7 2008 @ 4:30 pm
Pathfinder? Outlander? Pelis de vikingos con nomes de todoterreos? que clase de conspiración é esta!?
E Pathfinder non foi directamente a DVD que nós a fumos ver ó cine. E non a comentamos por aquí porque… porque… eu que sei!
Resumo de Pathfinder: Pathfinder é unha fita tan escura que en gran parte dela non se ve nada. O sangue é coma petroleo.
Os vikingos falan coma os orcos.
A trampa que fan os indios ós vikingos e falla é un dos mellores chistes involuntarios (e negros) da historia do cinema.
Non a vexades.