"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Xuño, 2008

Saúdos, xente de ben.

O venres fun ver O Incidente (The Happening).
Era sábado cando saín do cine.
É domingo cando escribo isto.

Todavía non entendo qué foi o que vin.

Uns din que é Serie B, en plan M. Night.

Outros din que en Hollywood xa empeza a caer un pouco gordo con tanto “I am goofy”, pero en plan “I am like Hichtcock”, ou sexa, que teña a pirola feita un nó, se cadra enganchada coma Ben Stiller en “There’s something about Mary”. Eu qué sei.

Cada vez entendo menos.

Máis que nada por dicires algo, comentarei o que me pasaba pola cachola logo de deixa-lo cine atrás.
O tal Noite ten uns **** coma un burro, con iso de poñer escrito, producido e dirixido por ‘muá’. Aínda o pode dicir, carallo.

O fato de actores, actrices e outras cousas peor escollido en moito tempo. Falabamos de Iron Man e do ben que estaba cada un no seu papel.
Marky? Mark semella atacado de truñite aguda cada vez que ten que “interpretar”, coma un DX que dixera “agora imos interpretar un pouco”, pois el tamén: de cando en cando pon cara de “ei, estou interpretando moi duramente”. Inenarrable. Hai que velo. Se non fose porque non é unha peli para gastar cartos nela.

A moza, que non está nada mal, tamén está mal. E a nena, da que non direi nada. E a vella, que nin sequera [SPOILER] salva a peli sendo o que podería ter sido, que supoño calquera o pensaría, esa Gaia encarnada en plan “nenos desagradecidos, agora ides velo o que é bo”.[/SPOILER]Pero tampouco.

É que non hai con que traballar. A idea non dá máis de si, ou mellor dito, o director. Se fixo o que quería facer, noraboa. ‘Cuadrados’ lle deben de ser.

Mirade, repito o de antes, eu xa non entendo nada.

Agora mesmo estou na fase “deber ser unha obra mestra menor de xénero que son tan burro como para non aprezar”, así que non vos fiedes moito de min.

En ningún momento estiven metido nela, alleo ó resto do mundo. De cotío me viñan á cabeza comentarios para compartir co do lado, e iso non é bo.

Lin nalgures que cambiou moito de emprezamento a rodaxe para que os intérpretes sentisen mellor ese andar a escapar de non se sabe qué. Pois tal vez o conseguise máis do que quería, porque eu coma espectador tamén estaba descolocado.

Para min é mala, coma esas malas malas das que lembras un par de detalles, en plan coña. Pero claro, nesta meteron alomenos 36 quilos. Que xa poden dar de si, trinta e seis.

Calquera outro que entenda máis, que fale. E se non, a rañala.

Sede felices.

Don Vitto

Le outras críticas: Uroloki (de Uroloki.org)

Novo póster de The Spirit de Frank Miller, e agora cunha das musas deste bló, Scarlett Johansson.

Scarlett interpreta a Silken Floss e como unha boa ama ordena: “Daquela, axeónllate…”.

Vía CinemaBlend.

Novas relacionadas: Póster de The Spirit (Eva Mendes)

Máis un novo tráiler de The Dark Knight

Novo tráiler de The Dark Knight. Vexa aquí!

Novas imaxes, un pouco máis de Harvey Dent e o Joker falando con outra voz.

Xa nos tarda! A estrea o 13 de setembro.

Vía CinemaBlend

Novas relacionadas: Imaxes de Batman: Gotham Knights, Tráiler de The Dark Knight, Pósters de The Dark Knight, Teaser tráiler de The Dark Knight, “I believe in Harvey Dent”, Eric Roberts en The Dark Knigth, Xa temos Joker.



28 días despois (28 days later, 2002, Danny Boyle) e 28 semanas despois (28 weeks later, 2007, Juan Carlos Fresnadillo)

Por fin podemos dicir aquelo de “segundas partes SI son boas”. Podería dicirse que en cuestión de momentos de tensión 28 semanas despois é moito máis intensa (as miñas unllas quedaron no teito do cine), mais non hai que desmerecer a primeira parte. Impagábel a escena da igrexa.

A Raiña dos Mortos

Teaser póster de [REC] 2

rec 2

O único que sabemos é que os directores son os mesmos da primeira, Jaume Balagueró e Paco Plaza e… ata aquí podo ler.

A miña aposta: O do primeiro filme sae a fóra.

Vía uroloki.org

Ocean

Un descoñecido Ryan Condal é o elexido para adaptar á pantalla grande Ocean, unha banda deseñada guionizada por Warren Ellis e debuxada por Chris Sprouse.

No século que vén atopan centos de cadaleitos e armas de destrucción masiva en Europa, unha das lúas de Xúpiter. O inspector da ONU Nathan Kane deberá investigar o interese que pode ter tal achádego.

Unha historia nada rompedora que nas mans de Ellis e cos debuxos de Sprouse convértese nun éxito seguro (outra cousa será a adaptación…)

Vía KillerMovies

Leonardo DiCaprio en Atari

Leonardo DiCaprio interpretará a Nolan Bushnell que, xunto a Ted Dabney, fundou en 1977 unha das máis míticas compañías de videoxogos.

A apaixoante vida dun tipo que comeza arranxando pinballs e remata fundando unha corporación millonaria.

Vía Cinema Blend

Outras novas relacionadas: Akira en imaxe real

Póster de The Spirit

Eva Mendes, que en The Spirit de Frank Miller interpreta a Sand Saref, pregúntanos: Parezo unha nena boa?

Vía Cinema Blend

Moitos pósters chulos mais non gustamos nada do primeiro tráiler, demasiado cheiro a Sin City (e noutros pósters cheiro a 300)

Awakening Zombies

O alicantino Sr. Guijarro mándanos spam de calidade para promocionar a súa curta Awakening Zombies, unha modesta producción chea de sangue, sadomaso e lendas urbanas.

Esperamos ter pronto máis novas sobre os próximos traballos deste dexenerado amante do gore e da Troma.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.