Aquí temos unhas cantas imaxes de Max Payne, adaptación á pantalla grande do videoxogo homónimo.
Xa fai tempo que deixamos de medir os filmes polas imaxes promocionais e máis se anda Marky Mark polo medio.
No videoxogo seguimos en primeira persoa a historia do policía Max Payne, que tras o asasinato da súa muller e da súa filla recén nacida infíltrase na mafia das drogas e despois é acusado do asasinato do seu mellor amigo quedando sen ninguén que saiba a súa verdadeira identidade. Atrapado entre dous mundos a súa única saida é chegar ata o líder da mafia e entregalo á policía. Existe unha segunda parte.
Interpretada por Mark Wahlberg e dirixida por John Moore ten prevista a súa estrea nos EUA para o 17 de outubro deste ano.
Vía CinemaBlend
Deixa un comentario