Póster de Hell Ride e clip con Dennis Hooper
Posted on 2008 under Actores e actrices, Bizarro, Pistas, Pósters |11 ago
A Tarantino non lle chega con facer as súas películas descerebradas, senon que ademáis anima a outros a que fagan as súas tamén. A última víctima de Q é a estrela da serie B Larry Bishop.
O filme é bikeploitation. Un trío de moteiros alcumados The Gent, Pistolero e Comanche buscan á banda dos 666, encabezada por The Deuce e Billy Wings, para vengarse deles. O resto é sexo, drogas e sangue a esgalla ó vello estilo dos filmes de moteiros dos 60.
Que quen está nesta historia? Pois o propio Larry Bishop, Michael Madsen, Eric Balfour, Vinnie Jones, Leonor Varela, David Carradine, Dennis Hooper (ó que podedes ver neste anaco do filme) e Quentin Tarantino.
Nós só podemos dicir: Viva xploitation do que sexa! Vivan Tarantino e os seus amigos!
Vía Rotten Tomatoes
Deixa un comentario