Posted on 2008 under Xeral |
22
set

Voute matar de todas as mortes

Recoñece o meu poder
Dous novos pósters de The Spirit. Desta volta afástanse da estética Sin City de branco e negro con vermello e amósannos ó protagonista (Gabriel Macht) e ó vilán (Samuel L. Jackson) nun ambiente frío e crepuscular.
Estamos a facer unha boa colección de pósters desta película.
Por se alguén non se dera de conta os pósters están enfrentados.
Vía Superheroe Hype!
Novas relacionadas: Póster de The Spirit (Eva Mendes) e Póster de The Spirit, desta volta con Scarlett Johansson
Posted on 2008 under Rumores |
22
set


A maquinaria para Transformers 2. Revenge of the fallen púxose a funcionar pouco despois de comprobarse o éxito comercial da primeira parte. E xa temos aquí imaxes conceptuais dun dos viláns por antonomasia da serie, Megatrón.
Hai tedes os comentarios para deixar as vosas opinións sobre o… visto.
Vía Cinema Blend
Novas relacionadas: Haberá un xuixo en Transformers 2
A política de revisións de vellos (e non tan vellos) clásicos semella non ter fin. A única escusa medianamente críbel é que queren renovar a estética daquelas producións, xa que ás novas xeracións bótalles para atrás todo o que cheire a vello.
E agora chegoulle o turno a un dos grandes clásicos do terror Os nenos do millo de1984, baseado nunha novela de Stephen King. A canle Sci-fi prepara un telefilme de dúas horas con actores e actrices de series de éxito na última tempada.
De momento semella que o argumento segue igual. Burt (David Anders) e Vicky (Kandyse McClure), un matrimonio con problemas sentimentais fai unha segunda lúa de mel para intentar arranxar a súa situación e no camiño atopánse cunha comunidade rexida só por nenos, dirixida por unha sorte e rapaz sacerdote chamado Isaac (Preston Bailey) e a súa man dereita Malachai (Daniel Newman). O resto xa sabedes como vai.
Estrea prevista para o 2009. Escribe e dirixe esta nova versión un dos produtores da versión orixinal, Donald P. Borchers.
Estades avisados.
Vía KillerMovies
Posted on 2008 under Xeral |
21
set
![[REC]](http://www.23hq.com/cinemafriki/photo/3464810/original)
![[REC]](http://www.23hq.com/cinemafriki/photo/3464812/original)
![[REC]](http://www.23hq.com/cinemafriki/photo/3464813/original)
[REC] (2007, Jaume Balagueró e Paco Plaza)
Só podo dicir… SI! o cinema en España pode crear un filme de terror (remarco isto porque por fin nese país producen algo máis que dramas intensos e pallas mentais que iso si que dá “miedito”). Intensa ata a fin, e menuda fin, e sobor de todo realista. Encántame o papelón da reporteira (Manuela Velasco) que ben podería tratarse de calquera paquipeña que enchen as nosas tardes a televisión ou a mai pesada e superprotectora. Estaremos ante un novo ciclo no cinema en España? Dende aquí un aplauso para Paco Plaza e Jaume Balagueró.
A Raiña dos Mortos
![[REC]](http://www.23hq.com/cinemafriki/photo/3392329/original)
Posted on 2008 under Críticas |
21
set
Dous polo precio dun. Isto é o que hai.
X-Files e Hancock.
Podería tirarme páxinas e páxinas falando e dicindo sen achegar nada novo que non podades atopar noutro lugar, así que non o farei.
Son dúas das que se pode pasar. Sen máis.

Calquera adicto a Mulder e Scully terá a súa dose nese longo capítulo dobre, que apenas ten nada de X dentro del. Da gusto volver a velos, non o vou negar. E a peli vai suaviña ata o final. Non ten sobresaltos que te deixen descolocado. Nin para ben nin para mal. O que pasa é iso xustamente. Rascar 5,50 € (festivo) e 11,50 € (menú Hancock -en serio-) chégalle de carallo. Pero teño as nove tempadas en DVD, non lle hai que facer.
Eu funa ver. Cun colega. E deixoume cun pouso de pena e tristura, porque son quince anos, que se di rápido, quince anos dende que oín algo sobre non sei que serie X… E a novidade, a marabilla de descubrir unha coma ela non se repetiú dende aquela. Porque é única.
Scully… mon amour. Mulder, I want to believe.

E o menú Hancock.
A relación entre as dúas pelis vai máis alá diso. Está o tema Frankestein.
En X-Files é o que é. En Hancock tamén.
Unhas entradas de cine para ver Frankestein son importantes daquela maneira en Hancock. Pero para analizar un pelín a peli vennos moi ben ese detalle.
Hancock coma producto cinematográfico é en si mesma un concepto Frankestein. Colles daquí, colles dacolá, e voilá… unha maquiniña de faceres cartos. Non é outra cousa.
Pero claro (versión masculina), poderían ter seleccionado unha boa melena en plan Penélope Cruz, os ollos de Amanda Peet (ver X-Files), a faciana de Milla Jovovich, os dous motivos de Jessica Simpson, as cadeiras de Shakira, o que segue de Gisele Bundchen, e as pernas dalgunha outra, todo iso nun corpo de 1,80 en plan Elle McPherson e listo, tes un Frankestein que quietos todos.
Hancock é o Frankestein clásico, o monstro. Non ten máis. Colle de Superman, de Batman, de Hulk, de X-Men, de Spiderman, dos Inmortais (da única que existe), etc. etc. E copy&paste que te criou. Case o conseguen. Case. Pero logo de quince minutos xa está claro que non, en plan Neo a primeira vez que intenta saltar. A hostia adivíñase rápido.
Con Hancock si que me pareceu tira-los cartos. Porque aí está The Dark Night, hai pouco fun ver Hulk, aínda me lembro de Iron Man, etc. E Hancock non vale un can de lado delas. Incluso Jumper me pareceu moito mellor, sen tanto “anti-superheroe” que non é nada. Pero bueno, alá cada cal.
Don Vitto