Pluton BRB Nero
Aventuras, acción, fantático, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series…

A política de revisións de vellos (e non tan vellos) clásicos semella non ter fin. A única escusa medianamente críbel é que queren renovar a estética daquelas producións, xa que ás novas xeracións bótalles para atrás todo o que cheire a vello.

E agora chegoulle o turno a un dos grandes clásicos do terror Os nenos do millo de1984, baseado nunha novela de Stephen King. A canle Sci-fi prepara un telefilme de dúas horas con actores e actrices de series de éxito na última tempada.

De momento semella que o argumento segue igual. Burt (David Anders) e Vicky (Kandyse McClure), un matrimonio con problemas sentimentais fai unha segunda lúa de mel para intentar arranxar a súa situación e no camiño atopánse cunha comunidade rexida só por nenos, dirixida por unha sorte e rapaz sacerdote chamado Isaac (Preston Bailey) e a súa man dereita Malachai (Daniel Newman). O resto xa sabedes como vai.

Estrea prevista para o 2009. Escribe e dirixe esta nova versión un dos produtores da versión orixinal, Donald P. Borchers.

Estades avisados.

Vía KillerMovies

1 Comentario so far »

  1. by Roberto / Cine Sen Fronteiras, on setembro 22 2008 @ 9:40 am

     

    Vivan os remakes (ata a TVE se apunta o remake de Verano azul, ¿desconxearan a Chanquete?). Felicidades por ser un blog moi divertido e con muito contido.
    Dende Cine sen fronteiras, programa sobre Cine todos os sabados en Canal Radio Tea, Ponteareas  www.cinesenfronteiras.blogspot.com) sodes a recomendacion da semana.

Comment RSS · TrackBack URI

Deixa un comentario

Nome: (Required)

eMail: (Required)

Website:

Comment:

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.