"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Novembro, 2008

Heroes. Terceira tempada

Heroes 3

Heroes, a terceira tempada, eses capítulos todos… xuntos son probablemente o jump the shark máis grande de toda a historia da TV.

As proporcións de tódolos desvaríos que están metidos coma sardiñas en lata dentro da metraxe proxectada…

O certo é que non teño del todo claro cal é o spin desta tempada. Pode que cunha rotación de 630º rematemos outra vez nunha liña argumental sólida, logo de pasar por tódolos estados posibles da materia, plasma incluido, e de visitar algúns dos imposibles.

E que non saio
do meu abraio
(con pareado e todo).

<Air Jordan

¿Lembrades o comentado anuncio de Air Jordan facendo un mate incrible? Que de tan incrible que era, non era; feito cun apoio intermedio para dar dous pasos no aire, en vez dun, eliminado logo da imaxe. Pois nisto Heroes é moito mellor, que todo avanza: son capaces de dar non un nin dous nin tres pasos senon ∞+1 no tempo do jump antes de face-lo mate. Non hai verbas nin prosa nin poesía nin ciencia capaces de describilo. É unha desas experiencias empíricas personalísimas, de cada un, que ninguén lle pode explicar. Produce un remexido de sensacións demasiado complicado como para ser reproducido artificialmente. E o máis bonito é que non rematas de crelo logo de sufrilo. (Porque, máis que calquera outra cousa, se sofre).

Pretendo non máis que apoiar dende aquí o ruxe ruxe que hai na Rede sobre este tema en concreto. [Ton de campaña electoral] Porque é necesario.

Don Vitto

JCVD

A quen non lle gusta unha peli de Jean-Claude Van Damme de vez en cando? (Os que digan que non que vaian desfilando…)

JCVD é un filme no que o propio Van Damme interprétase a si mesmo representando a súa propia vida ficticia. Mais a pregunta que vos estades facendo é “pega o ‘ventilador belga’ as súas famosas patadas?” E a resposta é: “pois claro que si!”

Segue lendo en GZnación [+]

La Buena Nueva

Non o ides crer! O outro día fun ver un filme español da Guerra Civil! Sorprendidos, eh?

Segue lendo en GZnación [+]

Recomendacións para a fin de semana 7-9

Máis que recomendacións son as que eu vou ver, a ver se coincidimos.

Segue lendo en GZNación [+]

A noite que deixou de chover… o director quedou calvo

Nun mundo no que Luís Tosar non é un contrabandista colombiano de corenta anos, senon un dandi de trinta e tres que vive coa súa nai, todo pode pasar. E de aí para diante.

Segue lendo en GZnación [+]

ifrit en Cineuropa

ifrit

Non é que sexa a primeira vez que vou ir ó festival Cineuropa, mais este ano vai ser un pouco máis intenso gracias á xente de GZNación que me acreditaron para que escriba no xornal.

E aquí vai o meu primeiro escrito:

Nin presentacións nin nada. Vou comezar cun aviso. Eu vexo todo tipo de cinema, máis do que máis gusto é do cinema de xénero e máis concretamente daquel máis extremo (sexa as que sexan as fronteiras). Así que se non coincidimos en gustos non te preocupes, isto só son opinións e seguramente esteas equivocado.

O resto en GZNación… [+]

Vémonos nas salas! Non deixedes de comentar!

Rematan Curtocircuito e Amal e comeza Cineuropa

O outono é o tempo do cinema en Compostela. Curtocircuito, Amal e Cineuropa. Tres festivais que cos anos van gañando experiencia e calidade ofrecen ó público da cidade e arredores unha extensa oferta de cinema do máis variado.

curtocircuito 2008

Fai dúas semanas remataba o V Festival de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuito 2008 e estes foron os gañadores:

O festival segue medrando e este ano ofrecéronos máis filmes que nunca e varias actividades paralelas (un mercado audiovisual, cursiños, etc.) afianzándose inda máis como un referente no mundo das curtametraxes.

A gala de clausura e entrega de premios estivo ben. Como as boas curtametraxes tivo a duración xusta, unha boa banda sonora da man de coñecidos músicos da cidade (Quim Farinhas, etc.) e foi presentada/animada pola xente de Pistacatro. Ademáis puidemos ver a montaxe final do gañador do Premio Compostela Plató, A Princesa Alegría, un conto sobre a ledicia e a tristura, o mundo dos soños e as vidas perdidas, nunha combinación de imaxen real e animación ó máis puro estilo libro de contos infantil. Quizais demasiadas ideas en tan pouco tempo, haberá que ver máis cousas deste rapaz e a súa xente. E para rematar pinchos e música non Rúa Vella. Eu fun, comín rápido e correndo ó concerto de Nacho Vegas e Christina Rosenvinge na Sala Capitol. Todo moi rico.

Amal 2008

E sen tempo para coller folgos chegou o Euroarab Film Festival, Amal 2008 outro festival pequeno que segue medrando e sendo referencia no seu eido. Documentais, curtametraxes e filmes chegados dende todos os puntos do mundo árabe e as súas sucursais noutros paises que se complementan tamén con actividades paralelas coma cursos ou degustacións.
Aquí vos queda o palmarés:

  • Premio á mellor longametraxe: Waiting for Pasolini de Daoud Aoulad Syad
  • Premio ó mellor documental: A Jihad for Love de Parvez Sharma
  • Premio ó mellor director: Alain Gomis por Andalucía
  • Premio á mellor curtametraxe documental: Borderlands de Sawsan Darwaza
  • Premio á mellor actriz: Elvira de Armiñan por Bajo el mismo cielo
  • Premio ó mellor actor: Samir Guesmi por Andalucía
  • Premio TVG: La Maison Jaune de Amor Hakkar
  • Premio especial do público: La caravana del manuscrito Andalusí de Lidia Peralta García

Eu puiden ver tres filmes e comprobar a distinta forma que temos de ver o mundo nalgúns aspectos, inda que só sexa na velocidade do tempo. Vin Ahlaam de Mohamed Al-Daradji, unha crúa historia na que a vida de tres personaxes crúzanse dende a I Guerra do Golfo ata o comezo da II Guerra do Golfo nun psiquiátrico. Un drama sen miramentos que nos achega ó que foi algún día Iraq e nos deixa sen fala co sen sentido da guerra. Tamén vin a premiada por dúas veces Andalucía, que conta a historia de Yacine, un mozo francés de orixe magrebí que vai pola vida facendo as cousas á súa maneira e buscándose a si mesmo e ás súas raices. Un filme cheo de surrealismo e mistura de vitalismo e pesimismo cun ritmo peculiar. E para rematar vin a tamén premiada La Maison Jaune, un calmado relato de dor, amor, ilusión, esperanza, ledicia, familia e morte. Seguramente estea equivocado e inda que gustei dalgunhas cousas destes filmes sempre me queda a idea que nestes paises sempre se fai o mesmo tipo de cinema. Para cando en Amal unha como Hell’s Ground?

Cineuropa 2008

E mañá mesmo comeza a XXII edición de Cineuropa! Un mes enteiro vendo cinema! E perdoade que non vos conte máis pero xa sabedes que o programa sempre sae a última hora e inda o estou a ler. Pero podedes as miñas opinións nas colaboracións que irei escribindo durante o festival no xornal GZNación.

Vémonos nas salas!

* Búscanse colaboradores para O blog non-oficial de Cineuropa. Contactar polas canles de costume.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.