"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Xaneiro, 2009

Publicamos aquí unha crítica de Diefer K’san sobre O diario dos mortos que quedara perdida na caixa de correos fai xa algún tempo. Pedimos perdón.

Co gallo do ciclo de filmes de Cineuropa (2007), puidemos desfrutar en Santiago da última película do incombustible George A. Romero traéndonos unha vez máis unha dose de zombis e mozos e mozas en perigo.

Teño que admitir que fai moito tempo que non vexo unha película de zombis, e da filmografía do mestre Romero xa nin me lembro, e de seguro que xente máis especializada podería sacar outras conclusións ou asegurar que as hain mellores e por iso, o mellor, a miña percepción pode estar un pouco «distorsionada» pero disfrutei deste filme como hai tempo que non o facía con ningún.

Dende o cuarto minuto de metraxe xa aparecen os mortos vivintes, e isa perspectiva en primeira persoa, aínda que ó principio é algo mareante, ten ese aire de videoxogo shooter, que fai que cada sobresalto sexa máis impactante, (aínda que sempre está a inevitable comparación coa española [REC]). É un pouco difícil dar a miña opinión do filme sen ‘desgranar’ certas partes dela, xa que ten momentos que valería a pena comentar aquí, pero como recomendo moi moito vela, non quero estropearlle a intriga a ninguén. En ningún momento os mozos protagonistas son os típicos adolescentes choróns dos filmes de «terror» ianquis, se non que, aínda flipando coa situación coa que se atopan, non dudan en usar calquer «armamento» que teñen a man. O único pequeno problemiña que lle vexo é, que ó ser en versión orixinal subtitulada, hai que estar lendo os subtítulos e pódese perder eses segundos e terceiros planos onde ocorren esas sombras misteriosas e eses supostos mortos que se moven detrás da protagonista, pero non é moito problema para disfrutar dela.

Como dixen, non quero estropearlle o filme a ninguén, polo quen a queira deleitar… pois non sei, por que era sesión única e non é a típica película que botan nos cines nestas terras, así que cada un terá que buscarse a vida. Polo demáis, valeu a pena quedar ata a madrugada para vela, madrugando ó día seguinte, porque cousas así hai poucas oportunidades para velas.

Diefer K’san

E agora o tráiler dunha da que non esperamos nada bo.

The Mutant Chronicles é a adaptación ó cinema dun dos xogos de rol de máis éxito da historia (ten xogo de cartas, banda deseñada, videoxogos e non sei cantas cousas máis). O xogo de rol está ambientado nun futuro lonxano post-apocalíptico no que a humanidade espállase polo universo divida en corporacións enfrentadas entre si e que ó mesmo tempo deféndense como poden da malvada Lexión Escura e os seus exércitos mutantes.
No filme ambientado no mundo do xogo as corporacións humanas deberán unir as súas forzas para vencer a unha ameaza maior, A Máquina, unha entidade interestelar que fora derrotada fai moitos séculos pero que esperta para converter á humanidade en mutantes. As corporacións escollen ós seus mellores homes e mulleres para formar un comando co que vencer á Máquina.

En moitos sitios arredor do mundo xa a estearon, mais nos EUA a estrea é o 24 de abril. Os ganchos: John «morro coa fame» Malkovich, Ron «non son Hellboy» Perlman e Devon «non só estou boa» Aoki.

Vía: Cinema Blend

Por se alguén inda non o vira aquí temos o tráiler dunha das personaxes máis queridas da Patrulla-X, Lobeto.

Así a primeira vista semella que imos ter todo o que esperamos dun filme que conte os inicios de Arma-X, inda que non estamos nada contentos co «anano» elexido para facer de Dentes de Sabre e que Masacre non leve o seu traxe (nin que se aprecien os motivos polos que debería levar o seu traxe), agardemos que a súa verborrea estea á altura.

A vós que vos parece?

Deixemos que as imaxes falen por si soas.

A nosa escolha para o papel principal da nova versão de Barbarella – se é que vão mesmo fazer. Essa americana de 25 anos e corpo escultural (e nada de silicone) apareceu em A matanza de Texas e Young People Fucking. Miss Baird ainda poderá ser vista esse ano em Pornstar, no remake de A Noite dos Demos, além do revitalizado Star Trek.

Vía VIVER E MORRER NO CINEMA

E pouco máis hai que explicar. O director e produtor Roland Emmerich fíxose cos dereitos da saga de Isaac Asimov Fundación nunha poxa.

De mercar os dereitos a saber o que van facer con eles sempre pasa un tempo.

Vía: firstshowing.net

Hai moito tempo xa da última vez que escribín en CINEMA FRIKI pero a verdade é que esta ocasión non pode menos que chamar a miña atención. A saga da Fundación é, xunto cos relatos de robots, o esquelete de toda a narración de ciencia ficción de Asimov, e polo tanto, un puntal básico da ciencia ficción moderna. Por este motivo, vexo con certo escepticismo a oportunidade de levar esta historia ó cinema. O xeito no que Hollywood tratou a obra de Asimov nos últimos anos non foi precisamente esperanzador. O home bicentenario, con Robin Williams e a terríbel Eu, robot con Will Smith, non son un bo precedente. Esta última, de feito, foi o tipo de filme que fai revolverse nas butacas ós minimamente puristas, cheos de vergoña allea.

Todo libro é difícil de adaptar ó cinema. Pero a Fundación máis todavía. Non é unha triloxía como se di. O primeiro libro, Fundación, e unha recopilación de relatos, ordenados cronolóxicamente. O segundo libro, Fundación e Imperio está dividido en dúas partes ben diferenciadas e separadas por un século no tempo. E Segunda Fundación non finaliza a historia, que en realidade continúa en outra secuela. De triloxía nada. Se queren unha triloxía vana ter que inventar. Ademáis, esta saga non ten protagonistas, senón que a propia fundación e o desenrolo histórico da mesma constitúen o fío da narración.

E, en fin, non esquecemos Independence Day ou Stargate. Fundación non é espectáculo, catástrofe ou efectos especiais. Pero polo que parece, gracias a Roland Emmerich, pronto o será…

O Druida

Nova web de Watchmen

Unha vez rematado o enfrontamento entre Warner Bros. Pictures e 20th Century Fox semella que a promoción do filme segue adiante.

Na nova páxina web poderedes atopar cantidade de información nova sobre o filme así como detalles dos personaxes.

Isto pinta ben, mais non deixamos de cruzar os dedos.

Vía SuperHero Hype!

Cowboy Bebop en imaxe real

Cowboy Bebop foi unha das series de anime máis exitosas de finais do século pasado. Unha parella de cazarecompensas con pasados cheos de segredos e personalidades ben diferentes viaxan entre planetas en busca de diñeiro e ó mesmo tempo buscando as súas respostas. Unha serie de ciencia ficción e aventuras chea de humor e de historias de serie negra, cuns deseños espectaculares e unha ambientación musical de luxo. Tamén houbo un filme de animación titulado Cowboy Bebop. Knockin’ On hHaven’s Door.

O horror chega cando nos enteramos de que a versión en imaxe real é uha vella arela de Keanu Reeves e que a produción comezou fai ben pouco da man do guionista s da serie orxinal Keiko Nobumoto e do produtor da mesma Masahiko Minami. O guión corre a cargo de Peter Craig.

E si, Keanu vai facer do protagonista, un prototipo de heroe canalla, Spike Spiegel. E facendo cálculos e vendo o traballo de Keanu Reeves non visualizo como con esa cara de pau vai poder interpretar a Spike.

Eu maldigo a todos os que nalgún momento dixeron: «Ogalla fixeran un filme de Cowboy Bebop, ou de Dragon Ball, ou de…»!!

Vía:

Remake de The Crazies

Escrita e dirxida polo mestre George A. Romero en 1973, The Crazies conta a historia dunha arma biolóxica vertida na auga  dunha vila de Pensilvania e que fai que a xente tolee e se volva extremadamente violenta. O exército fecha a vila e centos de militares con traxes de guerra química toman as rúas. Outra obra de Romero chea de lecturas políticas e sociais.

A nova agora é que se está preparando un remake cun primeiro guión escrito por Scott Kosar e un definitivo escrito por Ray Wright, sempre coa supervisión do propio George A. Romero. Dirixe Breck Eisner e de momento os únicos actores confirmados son Timothy Olyphant e Radha Mitchell.

A estrea no EUA: o 25 de setembro de 2009 (inda que na IMDB pon 2010)

A pregunta é: era necesario isto despois de ver Planet Terror? Será un intento serio que quedará en cutre ou será exploitation da boa?

Vía: KillerMovies

Cando fai cousa dun mes quedei sen internet sentinme morrer. Máis a sensación durou pouco, pois unha serie veu ó meu rescate. Baixáraa facía ben pouco e estaba agardando a baixar uns subtítulos para vela, os anacos que vira para comprobar que todo funcionaba correctamente prometían.
Así que me puxen a ver a serie en cuestión, The Big Bang Theory, polo capítulo que estaba en primeiro lugar (e que logo descubriría que era o número 6. Agora recomendo que empecen por este, que non pasa nada)

E que é iso de The Big Bang Theory e que ten a medio fandom alterado? Pois é unha cousa ben sinxela pero que ninguén conseguira facer así de ben antes.

Pero que é? De que vai? Pois é unha sit-com das de toda a vida coa única particularidade de que está protagonizada por un físico experimental, un físico teórico, un enxeñeiro, un astrofísico e unha traballadora dunha fábrica de tartas de mazá que máis tarde traballa de camareira nunha cafetaría (tamén aparece de vez en cando unha física experimental). O físico experimental e o físico teórico viven xuntos e o primeiro namora da veciña de enfrente, a da fábrica de tartas (a típica loira que anda con pouca roupa faga o tempo que faga e cunha complicada vida sentimental arrodeada de chuliboys) o que ó segundo cóstalle entender, pois é un superdotado asocial que entrou na universidade ós 11 anos (graduose ós 14 e ademáis ten un máster e dous doutorados). Para completar e complicar a cousa o enxeñeiro é unha especie de playboy cutre e o astrofísico non pode falar con mulleres.

Inda non estades convencidos de que esta en unha gran serie? Pois sen entrar en moitos detalles direivos que está chea de referencias imposibeis desas das que tanto gustamos (banda deseñada, videoxogos, xogos de rol, series, ciencia-ficción…), frases para a posterioridade (a física dá para moito), respostas ás grandes preguntas da humanidade (xa dixen que a física dá para moito?), enredos, sociopatías e si, vale, tamén algo de pasteleo, pero moi friki e geek. Si, vale, dixen que non ía entrar en moitos detalles, mais teño que exemplificar esto último. Porque si, tamén hai pasteleo geek, vale, máis ben “pasteleo” geek, porque, como xa imaxinades, ó noso físico experimental favorito non lle é nada doado achegarse ó corazón da loira, así que ten unha fase da serie na que experimenta coa súa compañeira de laboratorio, a física experimental. E si, a palabra é “experimenta”. Coas súas probas-erro-proba, teorías, apuntamentos a pé de páxina… case aséptico.

Si, esta é unha desas series das que podes estar contando anécdotas durante horas. E só vou contar unha (máis) para rematar. Nun capítulo a veciña invita ós catro a un festa de disfraces. Como son tan orixinais, os catro aparecen vestidos de Flash. Para solucionalo o enxeñeiro di: “Se imos os catro en liña podemos parecer unha persoa que vai moi rápido”. Chuvia de colleghas.

E paro. Tedes que vela. Recordade: The Big Bang Theory, 2 tempadas (1+17 e 22 capítulos) A Wikipedia di que en Antena.neox lévana botando dende xuño do 2008 (alguén que o certifique?)

ifrit

TBBT é um regalo semanal de bom humor.
The Big Bang Theory é umha dessas séries das que um sabe que vai gostar desde o primeiro minuto do piloto, aliás é umha dessas séries das que os amigos sabem que ti vas gostar. Acostumados como estamos às produçons na moda de 40 minutos e tramas complexas ou bem a insulsas comédias feitas com molde TBBT é um regalo semanal de bom humor. Embora a estrutura da série ser a mesma das comédias americanas de meia hora com anúncios e a base argumental a vida de dous companheiros de piso e os seus amigos, como em tantas outras, há três cousas que a distinguem de todas: Uns actores cómicos excelentes, uns roteiros originais mas com bons fundamentos e umha quantidade de referências de ciência, cultura geek, e frikismo em geral no nível da também genial The IT Crows.

A vida de dous companheiros de apartamento físicos, um teórico e outro de laboratório acompanhados dos seus amigos (um engenheiro espacial e um astrofísico) que introduzem no seu círculo à sua vizinha -umha «hot girl» namora dum deles- pode ser a licença umha chuva de tópicos, tecnocharlataneria e tramas repetidas me umha dúzia de séries antes. Mas TBBT é diferentes, as piadas sobre física e «mundo geek» som feitas desde o interior, por guionistas que conhecem realmente o que é ser um friki e com a ajuda de David Saltzberg. físico do Caltec, onde de feito trabalham os protagonistas, para que todo tenha coerência. Isso fai que algumhas piadas -nom todas, nom tenham medo- chegem a ser um pouco especiais.

Como dizia junto com o humor e o bom trabalho dos roteiristas o terceiro factor determinante da qualidade desta série é o trabalho dos actores. Todos estam geniais nas suas interpretaçons, e especialmente Jim Parsons impersonando Sheldom: um exemplo aristotélico do cientista asocial -seguramente com Asperger, como já se tem comentado em muitos foros da série- com umha falta de empatia total, rígido e cheio de teimas. Com cada linha, com a sua entonaçom e a sua interpretaçom -que justifica que nalgum momento um dos personagens o defina como «umha mantis religiosa humanoide» ou bem como que «está a um acidente de laboratório de ser um mestre do mal»- som umha pérola de humor. E mais quando interactua com a vizinha, com a cara de Kaley Cuoco, e a suas incapacidades sociais som mais patentes…

Eu até bem pouco cuidava que, para surpresa dos popes da crítica de começos de século, vivíamos numha década onde o peso da identidade das produçons televisivas descansava na linha de estilo marcada polos produtores. TBBT rompeu esse meu esquema para sempre: Se a combinaçom de Chuck Lorre, criador da denunciável «Two and a half men», e Bill Prady, i-responsável da eterna e assassina de diabéticos «Gilmor Girls», podem criar um produto de tanta qualidade e tam afastado dos seus tics pessoais… entom há vida depois de J.J. Abrams.

fer

Ligazón recomendada: Sheldon Shirts (Vía: Microsiervos)

Páxina web de Push

Os superheroes están de moda (again). E con eles tamén os superpoderes. Mais son poucos os que se atreven a facer algo que non saia directamente da banda deseñada (A miña super ex-moza, Hancock ou Jump).

Aquí temos outra mostra: Push (agora que o penso… Jump… Push… cal será o seguinte? Roll?)

Desta volta toca a telequinese. Botade un ollo que inda hai algunha cousa interesante. Polo menos poderemos disfrutar vendo actuar a Dakota Fanning e a Djimon Hounsou.

Dirixe: Paul McGuigan. Estrea nos EUA: 6 de febreiro de 2009.

Non confundir con Push (do 2006 con Chazz Palminteri e Michael Rapapaport)

Vía: SuperHeroes Hype!

Unha nova sobre Jackie Chan non pode ir no miniCINEMA FRIKI (esas mininovas que tedes na columna da dereita) Inda que sexa para anunciar algo tan aberrante como que Jackie vai facer de Señor Miyagi no remake de Karate Kid, onde lle aprenderá a Jaden Smith (fillo de Will Smith de 10 anos) a facer a «grulla».

Ninguén vai parar isto dos remakes? Estarán preparando xa o remake de Top Gun?

Vía: CinemaBlend

A segunda parte dun filme de Jason Statham. Iso quere dicir que o primeiro tamén estivo ben. Se está Statham, claro. Que outra volta lle poden dar a un filme dun tipo que vai buscando o antídoto dun veleno que ten no sangue e que se para morre?

Vía: CinemaBlend

O Amencer dos Mortos (1974, George A. Romero)

Segunda fita da triloxía de Romero, ca produción de Darío Argento, e unha das miñas películas favoritas (a fita VHS onde a tiña gravada quedou feita pó). Trátase do filme que como xa dixemos anteriormente dá orixe á actual O Amencer dos Mortos mais nunha versións ‘setentera’, pantalóns pata de elefante, patillas, comentarios raros raros… e Tom Savini facendo o macarra. Que tempos aqueles!

A Raiña dos Mortos

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.