"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

E máis outro remake. Isto non ten parada. E por desgraza este Venres 13 non deixa de ser un remake máis. Despois de dez entregas da saga orixinal e un serie de televisión, pouco máis, e inda menos orixinal, se pode engadir á carreira criminal de Jason Voorhees. E abofé que esta non o fai.

O filme ten tres principios. No primeiro vemos como a mai de Jason vinga a morte do seu fillo matando a todos os monitores do campamento, como no primeiro filme. No segundo principio coñecemos ós que semellan van ser os protagonistas do filme (inda que todos sabemos que en Venres 13 só hai un protagonista, o machete de Jason) mais os efectos de acampar preto de Crystal Lake son bastante predecibeis (aquí podemos ver unha das poucas cousas coas que vou quedar do filme, unha rapaza á grella dentro dun saco de durmir) E no terceiro e definitivo principio coñecemos a unha nova pandilla de cachas e cachondas (apuntade: Julianna Guill e Willa Ford) que van pasar uns días preto de Crystal Lake e un mozo que busca á súa irmá (unha das do primeiro grupo).

E o resto xa o coñecedes, berros e intentos inútiles por fuxir da cega e imparábel sede de sangue de Jason. O dito, nin sustos, nin medo, nin ambiente, nin nada. Nalgúns momentos si que parece achegarse ó bo camiño que combina tetas, sangue e violencia, mais unha música molesta, uns cambios de rexistro innecesarios e uns actores que semellan máis modelos que outra cousa rematan por converter o filme nalgo para esquecer.

Para o meu gusto, moito mellor o filme de Rob Zombie, Halloween. A orixe.

ifrit

Le tamén a opinión de Buchinsky.

1 comentario

  1. by Crítica de Conan el bárbaro 3D. De paseo mañaneiro polas terras de Hyboria | CINEMA FRIKI, on Novembro 25 2011 @ 11:00 a.m.

     

    […] fitas como Friday the 13th (Viernes 13, 2009), un reboot máis que prescindíbel e soso da saga (aquí a miña crítica); Pathfinder (El guía del desfiladero, 2007), ese filme de viquingos e indios nativos […]

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.