Publicado en 2009 por cinemafriki en Trailers e teasers |
27
Xul

Aquí podedes ver o tráiler desta nova versión do clásico de Oscar Wilde que conta a historia que todos coñecemos (damos gracias) cunha estética renovada e abundantes doses de terror e sangue.
Dirixe Oliver Parker. Dorian Gray e Lord Henry Wotton son Ben Barnes e Colin Firth.
A estrea nos EUA o 9 de setembro do 2009 (09/09/09)
Vía: ShockTillYouDrop
Publicado en 2009 por cinemafriki en Pósters |
27
Xul

O Día Final chegou e Deus envía ós seus anxos para acabar coa humanidade, mais semella que inda hai sitio para a salvación, un grupo de descoñecidos cea nun illado bar de estrada e a camareira leva no seu ventre ó Mesías e teñen da súa parte ó arcanxo Miguel.
Dirixidos polo director Scott Stewart intentarán salvar á humanidade (ou condenala para sempre): Paul Bettany (no póster), Dennis Quaid, Tyrese Gibson, Charles Dutton e Doug Jones.
A estrea está prevista para o 22 de xaneiro de 2010. E inda que os anxos semellan algo cutres levando coitelos e uzis algúns actores xa asinaron para unha secuela.
E o póster recórdanos a Anxo de X-Men + Constantine (o filme de Keanu Reeves) + Max Payne.
Vía: ShockTillYouDrop
Relacionado: Paul Bettany en Batman [+]
Publicado en 2009 por cinemafriki en Pósters |
27
Xul

Non se mataron moito co deseño. Rollo Underworld, X-men… non moi propio dun western. E que quede ben claro que sae a cachonda de moda en Hollywood, Megan Fox.
Como xa saberedes é un western baseado nunha banda deseñada, dirixido por Jimmy Hayward e con Josh Broly no papel de Jonah Hex e John Malkovich no do malvado Turnbull.
Vía: Superhero Hype!
Relacionado: A banda deseñada de Jonha Hex á pantalla grande.
Publicado en 2009 por cinemafriki en Críticas, Nós rules |
27
Xul



O diario dos mortos (2007, George A. Romero)
Un dos últimos filmes de Romero somentes estreado nuns poucos e selectos festivais (Sithes, Donosti ou Cineuropa). Definida coma «unha feroz comedia negra» na que se narra coma un grupo de mozos viven a plaga zombi e colgan en internet todas as súas experiencias gravadas con videocámaras, teléfonos móbiles… Quizais unha crítica a toda esta sociedade da información? Por sempre inolvidábel Samuel, a partir de agora o noso amish favorito. Sempre teremos un lugar para el no noso corazón!
A Raiña dos Mortos

Publicado en 2009 por cinemafriki en Pistas, Pósters |
6
Xul

Aquí podedes ver máis pósters de The Collector, a última promesa do cinema de terror da man dun cabalo gañador como é o guionista de Saw IV, V e VI, Marcus Dunstan.
Do pouco que sabemos o filme vai na liña de La última casa a la izquierda (The Last House on the Left, 1972 e 2009) ou Los Extraños (The Strangers, 2008). Un extraño enmascarado secuestra a unha familia na súa propia casa agás ó pai que terá que rescatalos sorteando unha casa inzada de trampas.
Que gustemos dela ou non dependerá da mala baba e do saber facer do director. De momento este póster retro ten boa pinta.
Vía: ShockTillYouDrop
Publicado en 2009 por cinemafriki en Trailers e teasers |
6
Xul

O que levamos visto de G.I. Joe. Rise of Cobra non é que nos chame moito a atención (CGI a esgalla, deseños molóns, e pouco máis), pero neste tráiler xaponés podemos botarlle un olla ó Comandante Cobra.
Eu irei ver este filme se me dicides que a algún dos G.I. Joe ou dos Cobra se lles rompe a goma da cadeira.
Vía: Cinema Blend
Publicado en 2009 por cinemafriki en Trailers e teasers |
6
Xul

A redacción de CINEMA FRIKI está dividida con Megan Fox, pero nada mellor que un filme de terror para unir á xente e mellorar a opinión sobre ela.
Vendo o tráiler seguro que se lle poñen os dentes longos a máis de un.
Vía Cinema Blend
Noticias relacionadas: Megan Fox coma Hulka
Publicado en 2009 por cinemafriki en Críticas, Nós rules |
6
Xul



Planet Terror (2007, Robert Rodríguez)
É a primeira parte de Grindhouse, filme dirixido por Robert Rodríguez e Quentin Tarantino. Xenial de principio a fin, incluindo, por suposto, o falso tráiler de Machete e a banda sonora do mesmísimo Rodríguez e o seu grupo.
A Raiña dos Mortos

Publicado en 2009 por cinemafriki en Nós rules |
5
Xul

Hoxe, domingo 5 de xullo, comezamos o ciclo de cinema que vai ter lugar no C.S. A Gentalha do Pichel (Rúa Santa Clara, 21 Santiago de Compostela).
Para a estrea nada mellor que un clásico fundacional do xénero do cinema de zombis, The Night of the Living Dead (en V.O.S)
Para os que xa a víchedes é unha oportunidade para compartir un bo rato ó aire libre coñecendo se cadra algo máis sobre o filme e para os que sexa a vosa primeira vez poderedes disfrutar do clásico de George A. Romero acompañado de comentarios.
Este é a primeira das que iremos disfrutando ó longo deste verán. Estade atentos ós próximos títulos, esperamos que sexan do voso gusto.
Este verao non fiques sem plano! Na Gentalha está o teu Plano Z!
Vémonos alí!
Publicado en 2009 por cinemafriki en Rumores |
4
Xul

Isto xa é de tolos! Non vai quedar ninguén sen o seu filme! Agora tócalle o turno a este popular obxecto que fixo a delicias dos máis pequenos durante horas e horas sentados no sofá ou en calquera sitio.
O responsábel desta tolemia é Bob Kane, produtor de Fringe (idem, 2008). Para rematar a xogada di que será un filme no estilo de Los Goonies (The Goonies, 1985) e El secreto de la pirámide (Young Sherlock Holmes, 1985).
Tamén andan polo medio os guionistas de Transformers Alex Kurtzman e Roberto Orci.
Parece que inda non podemos dicir iso de «xa o vin todo».
Vía: Cinema Blend
Publicado en 2009 por cinemafriki en Actores e actrices, Rumores |
4
Xul

Pois aí está o rumor, que a espectacular Jessica Biel podería estar na nova versión de Thor.
O que xa está fixo é que o director será Kenneth Branagh, Thor será Chris Hemsworth, Tom Hiddleston será Loki e Brian Blessed Odín.
O outro rumor é que o ubicuo Samuel L. Jackson podería aparacer como Nick Furia, ligando o filme con Iron Man (idem, 2008) e preparando o camiño para un futuro filme dos Vingadores.
Vía: Cinema Blend
Publicado en 2009 por cinemafriki en Pistas |
4
Xul

Universal conseguiu os dereitos do clásico de Atari Asteroids en loita con outros tres estudios.
Escribirá o guión Matthew Lopez e producirá Lorenzo di Bonaventura.
nuff said
Vía KillerMovies