"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Agosto, 2009

avatar

A audiencia de CINEMA FRIKI falou e o seu veredicto non dexa lugar á dúbida: son unha manda de descreidos que xa non respectan ó mesmísimo James Cameron. Mentras a uns o visionado deixounos bastante indiferentes a outros pareceulles cousa de videoxogo (e dos normaliños).

Xa sabedes que podedes seguir opinando nos comentarios.

Seguiremos informando (inda que agora xa ninguén se acorda disto de Avatar)

Enquisa de Avatar

avatar

Xa todos víchedes o tráiler e algúns incluso 15 minutos do filme nalgúns cines elexidos. É hora de empezar a facer cábalas e ver o que pode sair deste novo proxecto de James Cameron. así que dende CINEMA FRIKI preparamos unha enquisa para ver como respirades (a enquisa está na columna da dereita).

shaun of the dead

shaun of the dead

shaun of the dead

Zombie’s Party (2004, Edgar Wright)

E aquí está a derradeira, mais non por iso menos importante, da lista: Zombie’s Party (sic), que é comose coñece por estes lares ó filme Shaun of the Dead.
Trátase dun filme un tanto atípico, por así decilo, non que os zombis amósanse tal e como debería ser (iso só se desexáramos que a raza humana non se extinga): lentos, zoupóns e un pouco parvos.
Unha comedia negra, moi negra, con moito humor e apta para todos os públicos.

A Raiña dos Mortos

shaun of the dead

Ata aquí podo contar, inda que seguramente me queden algunhas no tinteiro que a continuación recapitularei: O día dos mortos (Day of the Dead, George A. Romero, 1985), O exército dos mortos (Masters of Horror: Homecoming, Joe Dante, 2005), Severed: Forest of the Dead (idem, Carl Bessai, 2005), Resident Evil (calquera das tres partes), La noche de las gaviotas (idem, 1975), El buque maldito (idem, 1974) e El ataque de los muertos sin ojos (idem, 1973), estas últimas do coruñés Amando de Ossorio; La legión de los hombres sin alma (White Zombie, 1932) con Bela Lugosi…

surrogates

Aquí podedes ver o tráiler de Surrogates (Substitutos), un novo filme de Bruce Willis con perruca. Vale, menos bromas, que a cousa semella ser interesante en acción e ciencia ficción, inda que as referencias saltan a cada imaxe (aí tedes os comentarios para empezar a largar).

Surrogates é a versión en cinema da banda deseñada de Top Shelf Productions, escrita por Robert Venditti e debuxada por Bret Weldele. Todo está ambientado nun futuro no que a tecnoloxía robótica e sincronización cos humanos chegou a un nivel no que a xente pode vivir a través dos seus «surrogates» sen sair da casa. Cando o creador desta tecnoloxía morre asesinado en estrañas circunstacias empezan a aparecer as dúbidas. Quen é un humano e quen é un «surrogate»?

Dirixe Jonathan Mostow. A estrea o 22 de outubro de 2009.

Vía: Superhero Hypes

avatar

Xa están as primeiras imaxes en movemento do tan anunciado último filme de James Cameron, Avatar.

Inda que a primeira vista pareza a intro dun videoxogo máis dunha das consolas de última xeración non debemos esquecer que está rodada con técnicas innovadoras e que poderá verse en 3D.

Pero o que é máis importante, estas cousas distraen ó mestre Cameron de rodar Alita: Anxo de Combate, así que dende aquí aledámonos de que por fin rematara esta tortura chamada Avatar e a ver se nos fai pasar un bo tempo no cine.

Escrita e dirixida por James Cameron, Avatar está protagonizada por Sam Worthington, Sigourney Weaver e Michelle Rodriguez e poderemos vela a partir do 18 de decembro deste ano.

Vía: CinemaBlend

Novo póster de Saw VI

saw iv

Este novo póster do derradeiro filme da saga Saw sigue a liña artística dos seus predecesores.

Vía: CinemaBlend

battlestar galactica

Un paso atrás, seareiros de Battlestar Galactica! Antes de emitir todo tipo de xuizos sobre Bryan Singer, a súa obra, a sua persoa e a súa familia, debedes saber que o filme non terá relación co remake do século XXI, senon ca orixinal de 1978, xa que o produtor será o mesmo e disque odia a nova versión.

Aí queda iso.

Vía: Cinemablend

gentlemen bronco
Dirixida polo director de Napoleón Dynamite (Napoleon Dynamite, 2004) e Super Nacho (Nacho Lilbre, 2006) e protagonizada, entre outros, por Jemaine Clement de The Flight of the Conchords (2007-2009).

Non vou dicir nada. Vede o tráiler e xulgade por vós mesmos.

Vía: CinemaBlend

I heart FeedBurner

Unha nova curta mais de interese para aqueles que len CINEMA FRIKI dende un lector de sementes. A semente deste bló (RSS) pasa agora a ser http://feeds.feedburner.com/CinemaFriki Para vós non é ningún cambio mais a nós abrenos un mundo de posibilidades para traballar cas sementes (para empezar xa podedes seguir as actualizacións do bló dende o correo-e)

Ademáis, dende fai algún tempo, Feedburner fai parte de Google e dende aquí sempre apoiamos o seu PDM (que quede claro)

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.