Publicado en 2009 por cinemafriki en Trailers e teasers |
12
Set

Aquí tedes o tráiler de Salomon Kane, unha das personaxes das novelas de Robert E. Howard (non todo foi Conan)
A verdade que non é nada do outro mundo, a ver se non é un bodrio e pasamos o tempo.
Salomon Kane é James Purefoy, escribe e dirixe Michael J. Bassett. Inda non hai datas de estrea.
P.D.: Non confundir con Solomon’s Key
Vía: Superhero Hype!
Publicado en 2009 por cinemafriki en Series e TV |
12
Set

Outra cousa. Unha nova serie en Cartoon Network e esta vez sobre o Cabaleiro «Escuro». Esta vez tratase dunha serie que lle roerá as entrañas ós puristas de Batman, pero hai que recordar que é unha personaxe de cómic creada fai 80 anos. Esta serie hai que desfrutala desde esta perspectiva e ver os deseńos antiguos das personaxes, cos mil e un bat-aparellos, trampas absurdas e de tamańo descomunal e tódolos compañeiros da factoría DC. Tanto é así que ata fai aparición Bat-miudo.
Ahi o deixo. Desfrutade!

O venres 2 de outubro comeza en Cartoon Network a nova tempada das Clone Wars.
Parece ser que non e unha serie para todolos gustos pero sorprende o seria que é nalgúns momentos tratandose dunha serie feita para os máis pequenos.
Vendo o trailer parece que esta nova xeira promete máis do mesmo, que é o que necesitamos. A esperar con impaciencia…
E isto é un bonus. Vale moito a pena velo. George Lucas trabucouse en facer os últimos filmes, pero por que non deixa en mans desta xente o de facer películas!? Creo que a palabra «impresionante» non se lle achega o máis mínimo a este trailer.
Poderemos ver un filme así? Eu dubídoo, sobretodo porque é moito mellor asi
Repito: «Impresionante… moi impresionante…»
Publicado en 2009 por cinemafriki en Actores e actrices |
12
Set

Stallone encarnará a Rambo por quinta vez.
Vía: EPA