"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Outubro, 2009

black lightning

Para que vexades que non só en Hollywood flipan cos efectos dixitais aquí podedes ver o tráiler da superprodución rusa The Black Lighting, producida por Timur Bekmambetov e dirixida polo novel Alexander Voytinskiy.
Aí queda iso, unha mistura dos filmes de Spider-man e Herbie.

A verdade é que non puiden atopar moita información sobre o filme (nin posters, data de estrea, ano de produción, actores, título orixinal, etc.), só o tráiler da ligazón e un par de mostras de arte conceptual.

Vía: Melhores do Mundo

Mergullandome na rede en busca de máis información atopeime con este fan film que ten como protagonista a un dos primeiros supeheroes negros da DC, Black Lightning. E que podedes ver completo na IMDB.

[REC] 2

rec 2

As segundas partes de filmes de terror con éxito que igualan ou superan en calidade ás orixinais pódense contar cos dedos dunha man. A liña entre o éxito e o fracaso máis estrepitoso é ben delgada, pois a receita é ben sinxela: multiplicar as claves do éxito, engadir un par de xiros e deixar as portas abertas á terceira parte.

Paco Plaza e Jaume Balagueró, grandes afeccionados ó xénero, colleron o libro de receitas baixo a presión do éxito internacional para enfrentarse á rodaxe de [REC] 2. E para o meu gusto acertaron.

[REC] 2 é [REC] ó cadrado, mais sen caer no exceso. [REC] estaba contada dende unha cámara de TV ó ombreiro, [REC] 2 está contada dende as cámaras dos cascos dun grupo de operacións especiais, e que poden ver uns o que ven os outros, e dende unha videocámara dixital caseira. [REC] tiña un par de infectados, [REC] 2 ten moitos máis infectados. [REC] tiña á nena Medeiros, [REC] 2 ten á nena Medeiros e a máis nenos experimentais. E [REC] 2 explica cousas, e abre novos interrogantes e ó final… remata sendo unha cousa case totalmente distinta.

Xa sabemos que todo isto dos filmes de terror é un xogo no que cada espectador entra ou non, tamén, en parte, atraido polas invitacións que os directores fan ca historia e presentación da mesma. Por iso, se entras no ambiente de [REC], nas cabezas deses policias de operacións especiais que non saben ó que se enfrentan (bastante alonxados dos heroes infalíbeis doutras fitas), na dese falso funcionario do Ministerio de Sanidade que vai soltando a información ós poucos ou na dese trío de rapaces que vén podían estar tirados dun capítulo de Callejeros (coma os veciños da primeira), se entras aí, dicía, poderás sentir o medo, a incertidume, os nervios, as inseguridades, as preguntas sen resposta (ou com respostas desas das que ninguén gusta…)

Deixade as vosas opinións nos comentarios mentres agardamos a terceira parte.

ifrit

Máis críticas: Lord Absence e Yume Kuroi.

Tráiler de The Hurt Locker

the hurt locker

Aquí podedes ver o tráiler de The Hurt Locker, filme bélico con moi boa pinta e aclamada pola crítica. Promete, promete.

Por certo, a directora é Kathryn Engelow, ex de James Cameron, o que non sei se é bo ou malo.

Teenage Caveman

teenage caveman

El regreso a las cavernas (Teenage Caveman, 2002)

Non me deu medo. Moito porno e coma sempre un final aberto. Non sabes si o bo é bo porque ó final convértese en malo para que se poda producir máis desta merda.

Só me pregunto de que cerebro sae esta merda.

En alemán dicimos: “das geht gar nicht”.

Sanne106

The IT Crowd (Primeira e segunda tempada)

the it crowd

A estas alturas xa todo o mundo coñece The IT Crowd, así que non me vou enrollar moito.
Dous apuntamentos rápidos para a polémica:

  1. The IT Crowd non é unha serie friki ou geek, tan só é unha comedia de situación británica arrodeada de chiscadelas frikis e geeks (hai ducias de sitios na internet onde identifican un por un os bonecos, camisetas e demáis que teñen estes dous ciscados pola oficina). Mais iso non converte a unha serie en friki ou geek e por iso tampouco se pode comparar con The Big Bang Theory, unha serie totalmente friki/geek e para a que necesitarás tradutor se non estás no allo.
  2. Para parella de parvos meténdose en problemas e totalmente estúpida e adorábel: Flight of the Conchords.

Rin cas dúas tempadas e vinas case do tirón, seguramente tamén vexa a terceira e ten momentos de humor negro brillantes e para o recordo e recoméndoa, mais tamén recomendo ver antes The Big Bang Theory e Flight of the Conchords.

ifrit

A cabeceira de chimpin

chimpin

E aquí tedes a primeira cabeceira que nos chegou, obra do insigne chuzeiro chimpin.

A cabeceir amosa un auténtico festival en estilo retro dalgúns dos temas dos que máis gustamos en CINEMA FRIKI (e sabemos de boa tinta que chimpin tamén).

Podedes saber máis deste afeccionado ó deseño lendo o seu blogue O mundo dende un chimpín (onde poderedes admirar algunha outra das súas creacións) ou desfrutar das súas descubertas no seu tumblr As crebas do Chimpin.

Obrigado, chimpin!

E xa sabedes, se vós tamén lle dades a isto do deseño podedes enviarnos a vosa cabeceira (200 x 980) a cinema_friki @ yahoo . es

Pronto teremos novas colaboracións! Estade atentos!

red cliff

E que pasou con isto??

En 2008 John Woo estreaba en dúas partes Acantilado rojo (Chi bi: La batalla del acantilado rojo) [Chi bi. Red Cliff], o filme máis caro da historia en oriente e o máis visto da historia en China (desbancando a Titanic). Para a súa distribución en occidente o filme acurtouse a dúas horas e media e a estrea estase levando a cabo durante o ano 2009 (nos EUA estréase o 16 de outubro de 2009 e para aquí inda non hai data)

Con grandes batallas, loitas épicas e amores imposíbeis volve John Woo a Asia, despois da súa irregular (por non decir paupérrima) andaina polos EUA.

Tráiler de Ninja Assassin

ninja assassin

Darlle cartos para isto…

Por se alguén pensaba que xa non se facían filmes coma nos 80-90.

Aquí estréase o 25 de Nadal.

Triste presentación para o primeiro filme de artes marciais que o actor surcoreano Rain fai nos EUA.

Tráiler de The Book of Eli

the book of eli

E isto???

Semella que os Hughes Bros. xa están recuperados dos seus pitidos nos oidos (provocados seguramente polos comentarios dos seareiros despois de ver a súa versión da banda deseñada de Frank Miller, From Hell, Desde el infierno (From Hell, 2002)) e arriscan de novo a súa vida dirixindo esta historia postapocalítpica (recorda a The Road que vimos abaixo) cun plantel de luxo: Denzel Washington, Gary Oldman, Mila Kunis, Ray Stevenson, Michael Gambon, Jennifer Beals, Malcom McDowell y Tom Waitts.

A estrea nos EUA é o 15 de xaneiro de 2010, e entón saberemos se estes dous merecen seguir vivindo.

Tráiler de Tron Legacy

tron legacy

Para ver unha e outra vez, e outra, e outra…

Así tiñan que ser todos os tráilers, case tres minutos e non conta nada.

O neón deixa paso a uns espectaculares efectos 3D nesta secuela do clásico dos 80, Tron. En Tron Legacy Jeff Bridges e Bruce Boxleitner repiten nos papeis principais, mentras que o director daquela, Steven Lisberger, é o produtor. Tamén poderemos ver nesta esperadísima superprodución de Disney a Olivia Wilde, Beau Garrett, John Hurt e Garrett Hedlund.

Para vela haberá que agardar ata decembro do 2010 nos EUA e a ter un cine ca tecnoloxía necesaria preto da casa.

pandorum

Máis propio dun videoxogo pero pode estar ben. Dennis Quaid está en todos lados.

Pandorum é un filme alemán que nos recorda a moitos outros filmes (Alien, Event Horizon e varios outros filmes, ou videoxogos coma Enemy Zero) e que está dirixido por Christian Alvart. Acompañan a Quaid no reparto Ben Foster.

Nos EUA estreouse en setembro. Aquí teremos que agardar ata o 6 de novembro para vela en pantalla grande.

Tráiler de Daybreakers

daybreakers

Non hai nada novo… pero vale…

Maxina un mundo onde practicamente todos sexan vampiros. Ninguén envellece. E os humanos que quedan son cazados e criados en granxas polo seu sangue. E a raza humana extínguese e o sangue esgótase.

Os irmáns Michael e Peter Spierig escribiron e dirixiron Daybreakers, un filme protagonizado por Ethan Hawk, Willem Dafoe, Claudia Karvan, Isabel Lucas e Michael Dorman, e que se estreará en xaneiro do 2010.

Tráiler de The Road

the road

Como se prepararía Viggo Mortensen para este papel?

En febreiro do 2010 (25 de novembro do 2009 nos EUA) estréase a versión para o cinema da novela post-apocalíptica homónima de Cormac McCarthy.

En The Road John Hillcoat dirixe a Viggo Mortensen, Charlize Theron, Robert Duvall, Guy Pearce e Molly Parker.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.