"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Xaneiro, 2010

space battleship yamato

Todos empezamos a suar frío cando escoitamos que van facer unha versión en imaxe real dun manga ou dun anime, pero despois de ver este tráiler poderemos empezar a pensar que inda hai esperanza.

Mágoa que nunca o vaimos ver por aquí en pantalla grande. En Xapón estréase en decembro do 2010.

Vía: Uruloki

Tráiler de Iron Man 2

iron man 2 whisplast

Na redacción de CINEMA FRIKI temos este tráiler en repeat nun ordenador.

Deixade de babexar, que inda haberá que agardar ata o 7 de maio de 2010 (EUA) para velo no cine. Mantense Jon Favreau na dirección e o elenco inclue, entre outros a Robert Downey Jr., Scarlett Johansson, Mickey Rourke, Paul Bettany, Samuel L. Jackson, Gwyneth Paltrow, Olivia Munn e Don Cheadle.

Tráilers de The Wolfman

wolfman

Un filme que non apostaba moito por el, pero logo de ver o tráiler…

A ver en que queda a cousa despois de que os montadores Mark Goldblat e Walter Murch remontaran fai nada a versión do director, Joe Johnston, Paul Hasinger substituira a Danny Elfman na banda sonora e se engadiran novas escenas gravadas despois da rodaxe principal.

Novas relacionadas: Novas imaxes de The Wolfman

Segundo tráiler de Inception

inception

Impresionante o segundo tráiler de Inception!

Novas e espectaculares imaxes do novo thriller de acción de Christopher Nolan.

Novas relacionadas: Téaser tráiler de Inception

wolverine anime

Só os xaponeses podían facer algo así!

Marvel chegou a un acordo co estudio xaponés de animación Madhouse (Ninja Scroll, Vampire Hunter D: Bloodlust, Trigun, etc.) para realizar unha versión anime de Wolverine (Lobeto). Aquí tedes o tráiler para irvos facendo unha idea.

Que vos pareceu? Recordade que estas versións intentan adaptarse ó gusto xaponés máis que ser fiel ó personaxe e á súa estética máis coñecida.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.