"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Abril, 2010

O actor Leonard Nimoy decide retirarse do mundo do cinema, a televisión e as convencións con 79 anos (60 traballando)

Nimoy xa se retirara en 1998 pero volveu para interpretar á súa personaxe máis famosa no último filme de Star Trek, convencido por J. J. Abrams.

Longa vida e prosperidade, Sr. Nimoy!

Este será o aspecto que terá o rostro de Freddy Kruger na última entrega da franquía, A Nightmare in Elm Street.

E esta é a sinopse: Nancy, Kris, Quentin, Jesse e Dean viven en Elm Street. Pola noite comparten o mesmo soño do mesmo home. Un home vestido cunha rachada camisola a raias vermellas e verdes, un vello sombreiro que agocha unha cara desfigurada e unha luba de xardiñeiro con navallas en troques de dedos. E todos escoitan a mesma e aterradora voz…
Un a un, aterrorízaos nas curvas paredes dos soños, onde as reglas son as súas e a única maneira de sair é acordar.
Pero cando un deles morre brutalmente, pronto se dan conta de que o que ocorre nos soños traspasa o veo da realidade. A única maneira de sobrevivir será ficar espertos.
Facendo quendas entre eles, os catro supervivintes tratan de descubrir como se meteron neste escuro conto de fadas, cazados por este tebroso home. Intentando sobrevivir sen soño, loitarán por descubrir porqué eles, porqué agora e que lles están agochando os seus pais sobre o asunto.
Soterrada no seu pasado hai unha débeda pendente de ser saldada. E para salvarse terá que sumerxirse no peor pesadelo imaxinábel… Freddy Krueger.

Samuel Bayer dirixe esta versión na que por primeira vez o vengativo Freddy Kruger non estará interpretado por Robert Englund, senon por Jackie Earle Haley. Tamén participan Kyle Gallner, Thomas Dekker, Rooney Mara, Kellan Lutz, Katie Cassidy, Clancy Brown e Connie Britton.

A estrea será o 6 de agosto de 2010.

Repasa os primeiros títulos no noso Maratón de Pesadelo en Elm Street.

Do 3 ó 9 de maio celébrase en Bilbo o cada vez máis interesante Festival de Cinema Fantástico de Bilbo.

Na páxina web do festival poderedes consultar programación e actividades.

>

Dende que en 1996 Dark Horse publicara a banda deseñada escrita por Mark Hamill (si, si! o Luke Skywalker da Guerra das Galaxias) e Eric Jonhson e ilustrada por H. M. Baker, The Black Pearl, o loiro sempre tivo na cabeza levar a súa obra á gran pantalla.

Os cincos números deste título contan as aventuras dun home, Luther Drake, que se ve obrigado polas circunstancias e os medios a exercer de heroe. Disque máis que unha historia de superheroes é unha historia sobre o sensacionalismo nos medios de comunicación actuais.

Pois semella que agora as posibilidades están máis altas que nunca, ca Paramount polo medio e que incluso o propio Hamill podería ser o director.

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.