"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Maio, 2010

Nacho Vigalondo está colaborando no remake estadounidense de Los Cronocrímenes, Timecrimes (2011), e traballando no seu próximo filme, Gangland (2012), tamén para os EUA; e inda así ten tempo para pensar no seu seguinte proxecto.

O filme chámase Extraterrestre e contaría unha invasión extraterrestre dende o punto máis lonxano da mesma, entre desinformación, ruxe-ruxes, especulacións e pasatempos.

Vigalondo tamén avisa que, inda que é admirador da obra de M. Night Shyamalan, non será unha nova Señales (Signs, 2002).

Tamén espera que, como é unha idea bastante sinxela, poida levala a cabo o máis rápido posíbel, incluso antes que os seus proxectos estadounidenses.

Póster de Buried

Sinxelo e revelador póster do filme do ourensán Rodrigo Cortés, Buried.

Un obreiro estadounidense esperta soterrado nun cadaleito despois dun ataque de iraquís. Só ten con el unha lanterna e un móbil.

A estrea nos EUA será o 8 de outubro de 2010.

Seguro que vos veñen moitas referencias á cabeza. Aí tedes os comentarios. Adiante!

Hugo Weaving será Cráneo Rojo (Red Skull) no filme Captain America: The First Avenger.

Novas relacionadas: A mina de ouro e Os Comandos Aulladores aparecerán no filme do Capitán América.

Spartacus

Spartacus, unha das moitas series que temos pendentes.

Le un par de boas críticas de Rafa Marín (Crisei): 1 e 2.

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.