"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Xuño, 2010

Nathan Fillion e Eva Longoria en The Avengers

Nathan Fillion podería ser o Dr. Henry Pym


E Eva Longoria a súa muller Janet Van Dyne

Inda son rumores e os dous aparecerían en The Avengers de Joss Whedon como científicos de S.H.I.E.L.D, non como superheroes con poderes.

O único que hai fixo de momento é que a Longoria foi vista (buscade por aí as fotos) cuns libros de banda deseñada de The Avengers.

Ímonos inchar de ler rumores deste filme que se estrea en 2012.

Patrick Dempsey podería ser o Dr. Strange

Os rumores arredor dun posíbel filme do Dr. Strange non deixan de sair, inda que non deixan de ser rumores. Sexa como sexa a carreira por coñecer quen será o actor que interprete ó máxico superheroe xa comezou. O primeiro nome que soa é o de Patrick Dempsey, que polo menos xa ten “aprendido” o traballo de cirurxán.

Inspirado por este rumor o debuxante e entintador Arne Starr fixo o debuxo que vedes ilustrando esta entrada (tamén fixo un de Jon Hamm coma Green Lantern e outro de Kevin McKidd como Thor).

Novas relacionadas: Podería haber filmes de Dr. Extraño, Ka-Zar, Luke Cage, Dazzler ou Power Pack e Dr. Strange xa ten guionistas.

Primeiro tráiler de Predators

Despois de ver a presentación de todos os guerreiros que son levados ó planeta dos predator para ser cazados, por fin podemos ver un primeiro tráiler no que se nos amosa o ton e o ambiente do filme. Ton oscuro e ambiente selvático (semellante ó primeiro filme), todo envolto nun precioso envoltorio gore.

Por se alguén non o sabe o non ve. Produce Robert Rodríguez, dirixe Nimród Antal e os guerreiros son Adrian Brody, Topher Grace, Danny Trejo, Alice Braga, Laure Fishburne, Walton Goggins, Mahershalalhashbaz Ali e Oleg Taktarov.

Nos nosos cines o 13 de agosto de 2010.

Novas relacionadas: Robert Rodríguez adiante co filme de imaxe real dos Supersónicos (The Jetsons) e Nimród Antal dirixirá Predators.

Primeira foto do novo Conan

A rodaxe do novo filme de Conan vén de rematar e aquí temos a primeira foto de Jason Momoa (ex-Vixantes da praia, ex-Stargate Atlantis…) como Conan. (Aquí podedes ver a evolución da cor da súa pel)

O novo Conan está dirixido por Marcus Nispel e non se estreará ata o 2011. Comparten pantalla con Momoa Rachel Nichols e Stephen Lang, entre outros.

E hoxe é tan bo día como outro calquera para estrear a cabeceira que nos fixo ictioscopio.

Na imaxe pódese ver a un superheroe estilo Batman loitando contra un xigante home de area. Será unha metáfora?

Ictios é un ilustrador e deseñador ben inquedo e ademáis da súa páxina profesional podedes ver as súas ideas bulindo no seu blogue homedareia ou no seu Twitter @oictioscopio.

Ademáis da súa faceta como ilustrador ictios ten outra como explorador de músicas con licenza Creative Commons que podedes seguir no seu falangullo C’mmons Baby e na súa correspondente conta de Twitter @cmmonsbaby.

Obrigados, ictioscopio!

E xa sabedes, se vós tamén lle dades a isto do deseño podedes enviarnos a vosa cabeceira cas mesmas medidas da que está agora a cinema_friki @ yahoo . es

Pronto teremos novas colaboracións! Estade atentos!

Novas relacionadas: A cabeceira de chimpin

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.