"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Decembro, 2010

Novo póster de The Green Hornet

E aquí tedes un novo póster de The Green Hornet (2011, Michel Gondry), ese filme que mantén dividido ó fandom sobre se hai que ir vela ou non. Eu a verdade é que non son moi fan destas revisións que fan en Hollywood de clásicos cunha “pintura” de humor excesivo (e inda por riba en 3D).

Vós que pensades? Verédela?

Novas relacionadas: Stephen Chow dirixirá O Abázcaro VerdeEdward James Olmos en The Green HornetNicolas Cage sae de The Green Hornet e Green Hornet 3D e máis retraso.

Primeiro póster de 11-11-11

O cambio de secúlo inda está recente e é un ambiente propicio para a aparición de todo tipo de teorías apocalípticas. En 11-11-11 recollen unha teoría numerolóxica que di que o 11 de novembro do 2011 ás 11:11 h abrirase a porta número once e algo sobrenatural chegará á terra. Disque na numeroloxía o 11 é o número co que os anxos intentaron ó longo da historia advertir á humanidade.

Na dirección ten un valor seguro nos filmes de terror como é Darren Lynn Bousman e coido que inda non hai actores confirmados.

A estrea nos EUA o 10-11-11 (non puido ser).

Póster exclusivo de Thor

Marvel Studios decidiu agasallar ós actores e a todo o persoal que participa no filme Thor (2011, Kenneth Branagh) este xenial cartaz deseñado por Olly Moss.

Eu quero un!

Battle: Los Angeles (2011, Jonathan Liebesman) é máis un novo filme de invasión extraterrestre, neste caso en forma de filme bélico.

Protagoniza o filme, entre outros: Aaron Eckhart, Michelle Rodriguez, Ramon Rodriguez e Bridget Moynahan. A estrea nos EUA: o 11 de marzo de 2011.

Dylan Dog: Death of Night (2011, Kevin Munroe) é a versión para a gran pantalla da banda deseñada de Tiziano Sclavi, na que o detective do sobrenatural irá tras dos monstros na Luisiana.

Dylan Dog está interpretado por Brando Routh e a estrea nos EUA e Italia agárdase para marzo de 2011.

Novo póster de Paul

Nick Frost e Simon Pegg volven á carga xuntos, desta volta acompañados de Seth Rogen (como a voz de Paul) e dirixidos por Greg Mottola.

Dous frikis ingleses van á Comic-Con e no camiño atopan a un alieníxena fugado da Área 51.

Vendo o cartaz así a primeira vista pode parecer un American Dad con frikis, pero de Pegg e Frost só se pode agardar o mellor.

A estrea no Reino Unido é o 18 de febreiro e e nos EUA o 18 de marzo.

Durante o primeiro brote de peste negra en Inglaterra un monxe é enviado a descubrir que hai de certo sobre as informacións de que nunha pequena vila a xente está a voltar da morte.

Black Death (2010), protagonizada por Sean Bean, Eddie Redmayne e Carice Van Houten; e dirixida por Christopher Smith, xa foi estreada en media Europa, incluso en DVD (así que podedes atopar copias de boa calidade nas vosas redes de compartir favoritas). Na Semana de Cine Fantástico y de Terror de Donosti deste ano foi escollida polo público como Mellor Filme, mais aquí inda non ten data de estrea.

Se inda non víchedes o tráiler de Sucker Punch (2011, Zack Snyder), xa estás tardando. É imperdoábel.

Unha rapariga fuxe do tirano do seu padrastro e remata nunha institución mental e alí… Pero a quen lle importa todo isto?? Hai raparigas gostosas, raparigas gostosas vestidas de colexiala, raparigas gostosas con armadura, raparigas con catana, dragóns, zeppelins e biplanos, robots xigantes e mechas, samurais, machadas, máscaras de gas, explosións… e música sen parar! Un filme 100% Zack Snyder no que non ten que andar pendente do que pensarán os fans de banda deseñada ningunha.

As actrices: Emily Browning, Abbie Cornish, Jena Malone, Vanessa Hudgens, Jamie Chung e Carla Gugino. (Tamén hai actores, pero iso xa o buscades vós pola vosa conta).

Se inda quedaches con ganas de máis e non podes agardar á estrea (25 de marzo de 2011 nos EUA) aquí tamén hai unha featurette con comentarios dos actores e produtores.

Disque Carne de Neón é un Guy Ritchie á española e ben feito. O tráiler deixa poucas dúbidas e pinta ben.

O filme pasou por Sitges e deixou boas sensacións.

Dirixe: Paco Cabezas, e dan a cara: Mario Casas, Ángela Molina, Antonio de la Torre, Vicente Romero, Dario Grandinetti e Macarena Gómez. A estrea o 21 de xaneiro de 2011.

Editado: W. sobchak déixanos nos comentarios tres pílulas máis para ir ver este filme: 1, 2 e 3. Gracias!

Xa está aquí o primeiro tráiler da cuarta parte da franquía, Piratas del Caribe: en mareas misteriosas (Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides, 2011). Esperemos que traia algo de aire novo, porque a anterior xa se facía longa de máis e algo pesada. O punto a favor sempre é Jack Sparrow (desta volta na procura da Fonte da xuventude) e en contra a petarda de Penélope Cruz (substituida por embarazo pola súa irmá, Mónica).

A estrea nos EUA será o 20 de maio de 2011.

Que pensades? Ides ir vela?

Primeir póster de Insidious


Do guionista e director de Saw e dos produtores de Paranormal Activity. Canto máis aló viaxas, máis escuro se fai.

Sen moverse do xénero de terror James Wan xa ten un novo proxecto listo, Insidious (2010).

No filme, uns país deberán loitar contra os espíritus que queren levarse ó seu fillo que están en coma.

Os que a viron en Sitges falan dun filme correcto e entretido. A estrea nos EUA está prevista para o 2011, mais inda non ten data fixada.

Semella que o subxénero dos exorcismos non pasa de moda e despois de La posesión de Emma Evans (ídem, Manuel Carballo, 2010) e El último exorcismo (The Last Exorcism, Daniel Stamm, 2010) chega esta The Rite (Mikael Håfström, 2011), baseada no libro dun auténtico exorcista católico no que conta a formación desta particular caste de sacerdotes (aquí o tráiler).

Protagonizada por Anthony Hopkins, Colin O’Donoghue e Alice Braga chegará ós cines dos EUA o 28 de xaneiro de 2011 (aquí inda non ten data de estrea).

Despois de interpretar a persoal Alicia de Alicia en el país de las maravillas (2010) de Tim Burton o nome de Anne Hathaway soa como posíbel protagonista dun deses proxectos dos que se fala dende tempos inmemoriais, como é o do remake de Barbarella (que incluso Robert Rodríguez abandonou).

A verdade é que calquera excusa é boa para pór no blogue fotos de rapazas gostosas, mais non creo que a Hathaway teña o tirón necesario para facer semellante papel.

Novas relacionadas: Jane Fonda e as súas desinhibidas aventuras, Remake de Barbarella, Diora Baird. A perfeita Barbarella [NMNT]

E aquí temos as primeiras imaxes en movemento de Thor (2011, Kenneth Branagh), un dos filmes máis agardados do próximo ano e que con este tráiler engade novos argumentos para a súa candidatura.

Chris Hemsworth, Natalie Portman, Tom Hiddleston e Anthony Hopkins chegarán ás pantallas dos nosos cines o 28 de abril de 2011.

Despois de algunhas imaxes previas de Asgard pensei que a cousa podía ser moito peor. Mais tamén amosaron algunha que outra cousa que promete. Seguiremos atentos a información que vaia saindo.

NINNOPHONO, unha curtametraxe de Antiheroe

Ninnophono é unha pequena curtametraxe obra de Antiheroe (Ángel de Franganillo) e que conta a historia dun neno robot que reproduce vinilos na súa cabeza e da súa mascota altofalante.

Aquí podedes ver esta curta curta, pero na que se poden ver moitos detalles das habilidades do seu autor.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.