"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Decembro, 2010

Tráiler de Real Steel

O filme está inspirado nun relato de Richard Matheson, o cal xa fixo unha versión para A dimensión descoñecida en 1963. A min gústame moito Matheson e téñolle moito respecto e non lin o relato nin vin o capítulo en cuestión, pero un filme sobre robots boxeadores? Pero que carallo?? Creo que todos pensamos instantaneamente nos Rock ‘Em Sock ‘Em Robots do brinquedo aquel. Ademáis, porqué facer este filme se xa está todo dito sobre o mundo dos combates entre robots naquel capítulo de Futurama? (Raging Bender, s02e08)

Pois semella que Steven Spielberg na produción, Shawn Levy na dirección e Hugh Jackman como protagonista non están de acordo e decidiron “agasallarnos” cun filme do máis innecesario.

Aquí podedes ver o tráiler e opinar por vós mesmos.

A estrea aquí será no Nadal de 2011.

Primeiro póster de Transformers: Dark of the Moon

Por se alguén no quedou cheo deles nas dúas primeiras partes os Transformers e os Decepticons volven á carga con Transformers: Dark of the Moon (Michael Bay, 2011). Tamén repite como protagonista Shia LaBeouf.

A estrea nos EUA será o 1 de xullo de 2011.

New Line Cinema, Warner Bros. e MGM veñen de anunciar novas fichaxes para The Hobbit: Part 1 (2012, Peter Jackson) e son as que vedes na imaxe de arriba (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo): Kate Blanchett (Galadriel), Ken Stott (Balin), Sylvester MacCoy (Radagast, o pardo), Mikael Persbrandt (Beorn), Ryan Gage (Drogo Bulseiro), Jed Brophy (Nori) e William Kircher (Bifur).

Un bo filme faise, entre outras moitas cousas, cun boa escolla de elenco, e neste caso semella que van por bo camiño. Pero inda nos queda polo menos dous anos para ver o resultado (a estrea estimada da primeira parte agárdase para o Nadal de 2012).

Aquí podedes ver un novo tráiler de I am number four (2011, D.J. Caruso).

Un grupo de nove persoas con poderes especiais e que só poden ser matados en orde. O protagonista é o seguinte, o número catro. Intentará agocharse dos seus misteriosos perseguidores nunha pequena vila estadounidense, pero semella que non se agochou o suficiente…

Que queredes que vos diga… a min recórdame a Jump (ídem, 2008). Prota guapo con poderes que é perseguido por malos con gabardinas pero que é axudado por un mentor. E si, despois aparecen máis números.

Seguro que soaba mellor no guión, pero as produtoras arriscan tan pouco que ó final son todas iguais.

Estrea nos EUA o 18 de febreiro de 2011.

A curta de Alberto Vázquez pre-seleccionada para os Oscar

A curtametraxe Birdboy (2010) de Alberto Vázquez e Pedro Rivero gañou o premio á mellor curtametraxe de animación no Foyle Film Festival de Derry (Irlanda do Norte) acadando desta maneira a súa pre-clasificación para os Oscar.

A curta de animación está baseada na banda deseñada de Alberto Vázquez Psiconautas (2006, Astiberri) e ten o seguinte argumento:

“A pequena Dinki comeza un novo día camiñando cara a escola co seu querido pai, pero un terríbel accidente de traballo vai cambiar a vida dos habitantes da illa para sempre. Agora, o destino de Dinki podería estar nas mans do seu excéntrico amigo Birdboy, un rapaz introvertido e sen raíces que se agocha no monte, abandonado ás súas fantasías”.

No blogue de Alberto Vázquez podedes ver imaxes da curta.


Aquí podedes ver o primeiro tráiler que aparece de Vanishing on 7th Street (2010, Brad Anderson).

Despois dun apagón a cidade de Boston aparece chea de roupa baleira e accidentes, todos os corpos esvaecéronse sen explicación. Catro supervivintes atópanse nun bar no que descubren que é a escuridade o que fai desaparecer á xente e que só mantendose do lado de luz poderán seguir vivos. Mais a noite está a piques de chegar…

Misterio, ameazas sobrenaturais e terror neste filme protagonizado por Hayden Christensen, Thandie Newton, Jacob Latimore e John Leguizamo e que se estreará nos EUA o 18 de febreiro de 2011.

Paco Plaza e Jaume Balagueró están de cheo coa saga [REC] e, despois da súa sorprendente segunda parte, presentan os cartaces da terceira e a cuarta parte: [Rec] Génesis (soa a precuela) e [Rec] Apocalipsis (títulos moi na liña de Resident Evil)

De momento non hai datas de estrea.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.