"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Xaneiro, 2011

Inda non sei moi ben que pensar deste Priest (2011, Scott Charles Stewart) que soa a tantas cousas vistas anteriormente e que adapta daquela maneira o manwha homónimo de Min-Woo Hyung.

A estrea aquí será o 13 de maio de 2011 baixo o nome de El sicario de Dios.

Novas relacionadas: Sam Raimi produce… e Paul Bettany vs. Cam Gigandet en Priest

Non pinta nada mal esta visión militaroide dunha invasión extraterrestre. Aquí o tráiler.

Poderemos ver Battle: Los Angeles (2011, Jonathan Liebesman) nos nosos cines a partir do 1 de abril de 2011 co título de Invasión a la Tierra (antes pasou polos títulos Battle: Los Angeles e Invasión a la Tierra: Batalla Los Angeles).

Novas relacionadas: Novo póster de Battle: Los Angeles

Aquí tedes o tráiler de La sombra prohibida (2010, José Luis Alemán), segunda parte do díptico que remata a histora iniciada en La herencia Valdemar (2010, José Luis Alemán).

Semella que nesta segunda parte teremos todo o bo e o malo da primeira, pero sen dúbida a presenza do mismísimo Chtulhu fai de calquera filme unha cita imprescindíbel.

E non teremos que esperar moito para vela na pantalla grande, a estrea é o 22 de xaneiro.

Ph’nglui mglw’nafh Cthulhu R’lyeh wgah’nagl fhtagn!!

O mestre do terror volta á gran pantalla con esta historia de toques clásicos protagonizada por Amber Heard na que un moza que queimou unha casa é internada nun escuro psiquiátrico no que será perseguida por unha vingativa pantasma.

Aquí podedes ver o tráiler. A estrea de The Ward (2010) sera o 20 de maio de 2011.

No festival de Sitges 2010 decepcionou moito moito.

Inda que hai para todos os gustos.

Pois iso, que esta chica Bond interpretará á irmá de Hansel (interpretado por Jeremy Renner) en Hansel and Gretel: Witch Hunters (2011, Tommy Wirkola), o filme no que veremos en clave de The Brothers Grimm (2005, Terry Gilliam) como os dous irmáns, despois da súa coñecida experiencia traumática, convértense en cazadores de bruxas.

Inda non ten data de estrea.

Póster de Saw VII 3D

Disque este Saw VII 3D (2010, Kevin Greuter) é o derradeiro capítulo da saga e que destal volta poderémolo ver no cine sen censura, ó contrario do que pasou co anterior, Saw VI (2009, Kevin Greuter).

Eu quedei na terceira, así que inda teño traballo atrasado e non vou ver de que vai esta por se me rebentan o argumento.

Entre o elenco non pode faltar Tobin Bell e a estrea será o 18 de febreiro de 2011. Nos EUA foi o 29 de outubro de 2010, coincidindo con Halloween, case catro meses antes.

Novo póster de The Rite

Novas relacionadas: Novo tráiler de The Rite

Se únicamente queres ler unha frase, quédate con esta:

Mentres vía a película no cine, e un bo anaco despois de saíres da sala, era/estaba feliz; dese contento que afasta calquera preocupación ou pensamento que che altera a tranquilidade.

Se queredes podemos tentar ir por partes, pero o conxunto resúmese no anterior, polo menos na miña experiencia. As dúas veces que fun, as dúas veces que o sentín. E de haberes unha proxección en versión orixinal, terceira vez que pasaría por taquilla. Se ifrit está pola labor, non me importaría rerepetir.

A película para o meu gusto é fermosa: estéticamente moi agradable, cunha realización tranquila que non trampea empregando esa axitación do plano para gañar dinamismo. Últimamente valoro iso moi profundamente, desbotando con desprezo a urxencia que se pode ver nunha secuencia feita a trompicóns, cámara en man ou como sexa. En Tron:Legado cando hai acción, hai acción; desa boa que podes seguir, que non te amedoña, trampulleira na súa mala execución. Se cadra o dixital colabora nisto, cas posibilidades de edición case infinitas, vale, pero queda moi ben, qué demos.

Fermosa, xa digo. E a súa beleza aprezase, por riba de todo, escoitando. A música é sinxelamente perfecta, no senso xa que estamos da propia película, esa perfección. Tódalas (longa vida á segunda forma do artigo e o tilde nas contraccións) imaxes gañan unha a unha enteiros co fondo sonoro que as acompaña. E de novo con ritmo correcto, sen espasmos e semellantes.

A montaxe fai que toda a película se vexa dun tirón, sen eses momentos nos que tes tempo de pensar “si, esta parte debe ser a maior gloria de… porque non sei que ten que ver co resto”. Se cadra podes rematar pensando nunha escopeta e no navegante do Enterprise, pero gracias a iso ter visto a primeira non é imprescindible. Se a víchedes de nenos e vos gustou, se a lembrades con agarimo, mellor o ides pasar nesta, e se non tamén, pero distinto.

Continuaría con cousas boas, pero por non pasarme vouno presentar en negativo: o contido de ideas, de referencias, de homenaxes é case absoluto en toda a metraxe. Sempre tes algo na pantalla ou nos diálogos que te retrotrae a outras memorias do audiovisual. Star Wars, por exemplo, Lucas case debería cobrar dereitos, a maiores dos que sacou por face-los efectos. Casabranca, en coalición coa segunda de Matrix, outra que tal. A verdade é que coma estímulo para activar áreas de recordos agradables funciona moi ben.

A trama, o fondo da historia, pois semellante ó anterior. Hai tantas cousas entretecidas que o conxunto remata sendo universal. Dende un flash Moisés ata o dualismo primario das tradicións orientais, pasando por un montón de filosofía grega comprimida en dúas pastillas, vermella e azul.
A frase de “vai cara a luz”, alén de me facer berrar interiormente “non, cara a luz non, cara a luz malo” por culpa de Poltergeist, pois que vos vou dicir, non intre que a solta o Buda do lugar (istooo, Buda menos algo, deixémolo en mestre jedi cun bo level up -ola de novo, George-) queda un chisco oco. Pero o que importa é ter saudado de novo.

Remantado, que postos a falar do que nos suxire esta producción podemos sacar calquera cousa. Principalmente, sendo malos, que ten toda a pinta dun reinicio ou comezo doutra saga de pelis, porque deixa presentadas moitas cousas que ben poden dar para unha tetraloxía ou penta, ou o que mande a recadación.

¿En 3D? Máis de 9 € por entrada, e xa vos digo que tripitiría. Pero non é unha presentación do formato coma Avatar. O 3D está presente, e cos tons escuros e as liñas de luz quda coma Dios, pero tranquilos os que teñades un cerebro sensible a esas caralladas, que non vos a matar. Ide vela. E logo contádeme nos comentarios. Teño curiosidade por saber canta xente disfrutou tantísimo coma min. Os colegas e as mozas saíron a gusto, e de momento non hai queixa verdadeira, así que se alguén quere se-lo primeiro en lle levar a contraria á maioría, que empregue o teclado.

Como peli para ires ó cine a vela, eu doulle un dez sobre dez.

Pensando no recoñecemento, pois obviamente ó apartado visual, por riba de todo á banda sonora e sendo xenerosos a un Jeff Bridges que o ano 2010 estivo en racha (fáltame ver True Grit, que xa me tarda).

Thirteen está moi ben. O que me lembra de sinalar unha cousa ben apuntada por Pol: o orzamento para vestiario mellor gastado en anos.

A sinxeleza do guión non vos debería enganar, porque de feito é o que non fai, non engana con saltos no baleiro, deses que só se explican se anulas o cerebro un anaco. A peli ten consistencia interna, que non é pouco.

Teño que marchar, E para seguires gabando Tron non fai falla que siga.

Por certo, Tron e unha personaxe de Star Wars son moi semellantes ¿sabedes cal?

Don Vitto

Lede tamén as opinións de: Uruloki (de Uruloki.org) e de Nacho Vigalondo.

Inda queda algún tempo para ver este proxecto rematado pero aquí temos algúns pósters promocionais para ir facendo fame.

Creo que nunca falamos del por aquí pero Doble sesión é a versión hispana de Grindhouse e que recuperará o espírito daquelas sesións continuas ou sesións dobres dos vellos cines.

A primeira das dúas mediometraxes chámase Ríos revueltos e está en fase de post-produción. Dirixida e guionizada por Enrique Diego é un western post-apocalíptico no que dous amigos, interpretados por Alberto Millán (Largo) e Nicola Reale Bartolotto (Candolini) andan á gresca.

O outro filme chamarase Orden y Caos ou Sandra Munt (inda non o teño moi claro), e estará dirixido por Rubén Arnaiz, que comezará a rodarse no verán de 2011.

En principio a cousa pinta ben, inda que é un pouco difícil atopar información sobre o proxecto completo. Se todo vai polo rego os deus filmes deberían estar rematados para poder estrealos no vindeiro festival de Sitges.

Disfrutade destas primeiras imaxes The Adventures of Tintin: The Secret of the Unicorn (Steven Spielberg, 2011).

A estrea nos EUA o 28 de outubro de 2011.

Novas relacionadas: Trilogia de Tintín.

Tráiler extendido de I Am Number Four

Despois de ver tráilers de case tres minutos como este de I Am Number Four (2011, D.J. Caruso) sempre me pregunto se deixarán algo para o filme.

I Am Number Four é a adaptación cinematográfica da novela homónima escrita por Pittacus Lore, o alcume baixo o que escriben o dúo formado por James Frey e Jobie Hughes e que é a exitosa primeira parte dunha anunciada sexaloxía (formada por seis capítulos, non pensedes mal).

Novas relacionadas: Novo tráiler de I Am Number Four.

Source Code (Duncan Jones, 2011) é unha especie de versión thriller de El día de la marmota (Groundhog Day, 1993, Harold Ramis) na que o protagonista deberá revivir os derradeiros oito minutos de vida dunha persoa ata que acade evitar a explosión dunha bomba que condicionará feitos futuros.

Jake Gyllenhaal, Michelle Monaghan e Vera Farmiga interpretan este prometedor filme, do que podedes ver o tráiler aquí e que poderase ver nos cines dos EUA a partir do 1 de abril de 2011.

(… e agora nós tamén)

Cada pouco tempo temos unha nova candidata a interpretar a Wonder Woman (2013?) no incerto proxecto e desta volta tócalle o turno á exuberante Christina Hendricks.

Máis apostas?

Teaser tráiler de Red State

Un red state (un estado vermello), ó contrario do que poderíamos pensar, é un estado dos EUA de maioría republicana, e é nun destes estados onde transcurre a acción do novo filme de Kevin Smith, Red State (2011).

Tres amigos de carallada deciden responder a un anuncio dunha MILF para foder nela todos xuntos, pero a cousa complícase e veranse no medio dunha guerra sen cuartel contra un demo moi particular.

Aquí podedes ver o tráiler e facervos unha idea desta fita que promete realismo, violencia e sorpresas.

A estrea nos EUA será en marzo do 2011, inda que antes pasará polo festival de Sundance e poderemos ter as primeiras impresións.

Tráiler de Black Death

Aquí podedes ver o tráiler de Black Death (2010, Christopher Smith) que amosa con claridade o que imos poder atopar no filme.

Novas relacionadas: Primeiro póster de Black Death

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.