"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Inda queda algún tempo para ver este proxecto rematado pero aquí temos algúns pósters promocionais para ir facendo fame.

Creo que nunca falamos del por aquí pero Doble sesión é a versión hispana de Grindhouse e que recuperará o espírito daquelas sesións continuas ou sesións dobres dos vellos cines.

A primeira das dúas mediometraxes chámase Ríos revueltos e está en fase de post-produción. Dirixida e guionizada por Enrique Diego é un western post-apocalíptico no que dous amigos, interpretados por Alberto Millán (Largo) e Nicola Reale Bartolotto (Candolini) andan á gresca.

O outro filme chamarase Orden y Caos ou Sandra Munt (inda non o teño moi claro), e estará dirixido por Rubén Arnaiz, que comezará a rodarse no verán de 2011.

En principio a cousa pinta ben, inda que é un pouco difícil atopar información sobre o proxecto completo. Se todo vai polo rego os deus filmes deberían estar rematados para poder estrealos no vindeiro festival de Sitges.

2 Comentarios

  1. by Rubén Arnaiz, on Xaneiro 6 2011 @ 4:51 a.m.

     

    Ola! Feliz ano!

    Estou Rubén Arnaiz, director e produtor de DOBLE SESIÓN.
    (www.doblesesionriosrevueltos.blogspot.com)
    (www.doblesesionsandramunt.com)

    Moitas grazas pola cuberta.

    Eu ficarei feliz de enviarlle toda a información sobre o proxecto.

    Un saúdo e moitas grazas

    Rubén

  2. by Novo teaser póster de Sesión doble: Ríos revueltos | CINEMA FRIKI, on Marzo 14 2011 @ 7:56 p.m.

     

    […] Novas relacionadas: Teaser pósters promocionais de Doble sesión: Ríos revueltos. […]

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.