"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Marzo, 2011

Inda que este tráiler de X-Men: First Class (2011, Matthew Vaughn) está en ruso amósanos bastante ben o que vai ser o novo filme da franquía. Vendo as primeiras imaxes que sairon semellaba que a cousa ía quedar nun cutre tele-filme visto o visto polo menos podemos afirmar que vai estar ó nivel da triloxía.

Novas relacionadas: Michael Fassbender será MagnetoArgumento de X-Men First Class Argumento de X-Men: First Class, Novos pósters de X-Men: First Class, a cousa máis fea vista nos últimos tempos e Imaxe de Havok, sobriño de Cíclope, en X-Men: First Class.

De momento Jack Sparrow centra todo o material promocinal que vai saindo de Pirates of the Caribbean: In Strange Tides (Piratas del Caribe: En mareas misteriosas, 2011, Rob Marshall). E a verdade é que Jack Sparrow/Johnny Depp é o único que mantén viva esta saga. Só de recordar a terceira entraga éntrame o sono *bocexo*

Novas relacionadas: Primer tráiler de Pirates of the Caribbean: In Strange Tides, Novo póster de Pirates of the Caribbean: In Strange Tides. Para fans de Johnny Depp e Arte conceptual de Pirates of the Caribbean: In Strange Tides.

Novo póster de Super, agora con Ellen Page


“Queres ir loitar un pouco contra o crime?”

Cartaz verde de Super (2011, James Gunn), a cor de Bolty, sidekick de Crimson Bolt, e interpretada por Ellen Page.

Novas relacionadas: Tráiler de Super, un superheroe que dá risa.

Un ano máis celebramos unha edición dos Premios CINEMA FRIKI para escoller o mellor e o peor do ano pasado. Pero xa levamos seis (6) anos con isto do blogue e queríamos traervos algunha sorpresa. Poir iso imos sortear entre os participantes o catálogo enteiro (todo!) da Editorial de banda deseñada Cerditos de Guinea e un lote de libros e banda deseñada cortesía da tenda cultural on-line Toupa.net

Para participar no sorteo, despois de cubrir a enquisa dos premios podes:

1. Deixar un comentario no blogue, na entrada dos Premios
2. Facer un tweet en Twitter co hashtag #premioscinemafriki
3. Deixar un comentario na nosa páxina de Facebook.

(Un voto, tres posibilidades de levar o agasallo).

Imos cos candidatos:

Mellor filme:

  • Inception (Origen, Christopher Nolan, 2010)
  • Scott Pilgrim vs. the World (Scott Pilgrim contra el mundo, 2010, Edgar Wright)
  • Kick-Ass (Kick-Ass. Listo para machacar, 2010, Matthew Vaughn)
  • Toy Story 3 (2010, Lee Unkrich)

Mellor actor/actriz/animal/ancián:

  • Danny Trejo, en Machete (2010, Ethan Maniquis e Robert Rodriguez)
  • Jeff Bridges, en The Men Who Stare at Goats (Los hombres que miraban fijamente a las cabras, 2009, Grant Heslov)
  • Michael Cera, en Scott Pilgrim vs. the World (Scott Pilgrim contra el mundo, 2010, Edgar Wright)

Mellores FX/CGI:

  • Inception (Origen, Christopher Nolan, 2010)
  • Toy Story 3 (2010, Lee Unkrich)
  • Iron Man 2 (2010, Jon Favreau)

Mellor B.S.O.:

  • TRON: Legacy, de Daft Punk (TRON: Legado, 2010, Joseph Kosinski)
  • Scott Pilgrim vs. the World, de Nigel Godrich (Scott Pilgrim contra el mundo, 2010, Edgar Wright)
  • Inception, Hans Zimmer (Origen, Christopher Nolan, 2010)

Mellor serie:

  • Boardwalk Empire. Season 1
  • Dexter. Season 5
  • Lost. Season 6
  • The Walking Dead. Season 1

Premio Dr. Jones ó peor actor secundario ou ó máis prescindíbel:

  • Candice, Brittany Daniel en Skyline (2010, Colin Strause e Greg Strause)
  • Denise, Crystal Reed en Skyline (2010, Colin Strause e Greg Strause)
  • Terry, Donald Falson en Skyline (2010, Colin Strause e Greg Strause)
  • Jarrod, Eric Balfour en Skyline (2010, Colin Strause e Greg Strause)
  • Elaine, Scottie Thompson en Skyline (2010, Colin Strause e Greg Strause)

Mellor tráiler/curta:

Premio Campo de batalla a Terra ó filme que non vimos (patrocinado pola Igrexa da Ciencioloxía):


  • Clash of the Titans (Furia de titanes, 2010, Louis Leterrier)
  • Dorian Gray (El retrato de Dorian Gray, 2009, Oliver Parker)
  • The Book of Eli (El libro de Eli, 2010, Albert Hughes e Allen Hughes)
  • Prince of Persia: Sands of Time (Prince of Persia: Las arenas del tiempo, 2010, Mike Newell)
  • Skyline (2010, Colin Strause e Greg Strause)

Aquí para votar

As votacións fecharanse o luns 21 de marzo ás 12:30 (GMT +1)

Os premios:

Lote da Editorial Cerditos de Guinea

  • Spirou e Fantasio en Nova York
  • Superlopez e a caixa de Pandora
  • Os cinco loitadores tomo 1
  • Gargolas tomo 1
  • Trasmallo e o tesouro de Carraxe (adicado polo autor)

Aquí tedes máis información.


Lote de Toupa.net

O sorteo farase entre todos os participantes e asignándolles un número de forma aleatoria. Recordade que podedes votar só unha vez pero ter tres “papeletas” publicando o voso comentario aquí no blogue, na páxina de Facebook ou en Twitter co hashtag #premioscinemafriki

Gracias á Editorial Cerditos de Guinea e a Toupa.net pola súa colaboración e a todos vós por estares aí.

Novo teaser póster de Sesión doble: Ríos revueltos

Mentras o director e guionista Rubén Arnaiz explica o seu proxecto en varias entrevistas e agardamos pola rodaxe de Sandra Munt, a segunda mediametraxe, aquí temos novo material gráfico.

A ver se o próximo pode ser un tráiler, ou algo así.

Novas relacionadas: Teaser pósters promocionais de Doble sesión: Ríos revueltos.

Sean Bean no papel de Eddard “Ned” Stark, man dereita do rei Eduard, sentado nese espectacular trono de espadas do novo póster da esperadísima serie Game of Thrones (2011).

Novas relacionadas: Chega o prometedor tráiler da serie Game of Thrones

Un teaser tráiler moi teaser de Conan: The Barbarian 3D

Aquí podedes ver un primeiro teaser de Conan: The Barbarian 3D que amosa ben pouco. Haberá que seguir agardando para ver algo de entidade deste filme sobre o que hai moitas dúbidas.

Novas relacionadas: Primeira foto do novo Conan, Sorprendente novo póster de Conan: The Barbarian 3D e O póster de Conan: The Barbarian 3D, sen música e en tamaño xigante.

E isto é o que pasa como dous dos grandes como son J. J. Abrams e Steven Spielberg se xuntan. Disfrutade aquí do tráiler.

Que vos parece? O tráiler amosa todo o que hai pero sen amosar nada. Puro Abrams. E a historia de criaturas extrañas e nenos protagonistas é puro Spielberg.

O elenco de Super 8 está compostos por, entre outros: Kyle Chandler, Elle Fanning, Ron Eldard, Noah Emmerich, Gabriel Basso, Joel Courtney, Riley Griffiths, Ryan Lee, Zach Mills e Amanda Michalka. Dirixe J. J. Abrams e a estrea está anunciada para o 10 de xuño de 2011 nos EUA.

Novas relacionadas: Posíbel imaxe viral do próximo de J. J. Abrams, Super 8 (2011)

Arte conceptual de Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides

Disfrutade desta galería co xenial arte conceptual de Miles Teves para Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides (Piratas del Caribe: en aguas misteriosas, 2011, Rob Marshall).

Semella que os mariñeiros de Blackbeard (Barbanegra) non van gozar de moi boa saúde.

Novas relacionadas: Pirates Of The Caribbean 4: On Stranger Tides (En marés estrañas), Primer tráiler de Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides e Novo póster de Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides. Para fans de Johnny Depp.

Sen palabras. Teño visto moitos pero que moitos moitos cartaces de filmes. Cousas cutres e mal feitas, con paupérrimos orzamentos. Pero isto supera con moito a calquera cousa que vira nos últimos tempos.

Vós recordade algo máis horrendo?

Novas relacionadas: Michael Fassbender será Magneto e Argumento de X-Men First Class.

Verdades e mentiras sobre a Batalla de Los Angeles

Non sei se o sabíades (eu non o sabía ata onte), pero o filme Battle: Los Angeles (Invasión a la tierra, 2011, Jonathan Liebesman) está baseada dalgunha maneira nos feitos que sucederon en dita cidade en 1942.

En 1942 a Campaña do Pacífico da II Guerra Mundial está tendo os seus combates máis encarnizados. O ano anterior, só dous meses antes do suceso, os xaponeses atacaran por sorpresa Pearl Harbor, en Hawaii. O ambiente de medo e paranoia que arrodeaba á poboación estadounidense, especialmente a da Costa Oeste, é comprobábel en feitos como que se cría que espías inimigos tiñan bases en México ou que os xaponeses poderían chegar a sitios como California e similares.

Entre o 24 pola noite e 25 de mañá tivo lugar o incidente coñecido como Batalla de Los Angeles. No medio deste ambiente de medo e paranoia declárase unha alarma aérea en L.A., polo que as baterías anti-aéreas están disparando ó aire durante horas e horas. Preto de 1.400 proxectís.
Como vén saberedes as tropas xaponesas nunca chegaron a territorio continental estadounidense, e tampouco nesta ocasión, na que o incidente achacouse ó nerviosismo do período de guerra.

Pero o feito non podía ser ignorado polos conspiranoicos e amigos do paranormal, inda que daquela non existían os ‘platillos’ voantes, nin a ufoloxía. Vale, si, pasou desapercibido neste campo e non foi ata case corenta anos despois que os amigos do misterio e outros hinbestigadores empezaron a ver naves extraterrestres no ceo da Los Angeles de 1943 (amén de conspiracións militares para ocultalo todo).

E agora ca inminente estrea do filme a produtora Sony inclue declaracións tales como “A xente que estaba na rúa esa noite xura que non foi nin un avión, nin un globo, senon un ovni. Flotaba, deslizábase. E a día de hoxe ninguén pode explicar que naver, nin porqué a nosa artillería foi incapaz de alcanzala; é un misterio sen resolver”. Estas palabras saen da pluma de Bill Birnes, director da revista Ufo, e están incluidas na nota de prensa de Battle: Los Angeles.

Está ben basearse en historias fantásticas para facer filmes e promocionalos, pero un pouco de seriedade:

1. Ninguén pensou que eran naves extraterrestres, porque a idea dos ‘platillos’ voantes (flying sauces, en inglés) non apareceu ata varios anos despois.

2. Non é ningún misterio que alí pasou. Despois da fin da guerra os xaponeses declaron non ter ningún tipo de relación co sucedido. As investigacións posteriores sinalan a un globo metereolóxico como o detonante de todo o temor dunha cidade, manifestado nos canóns antiaéreos.

Inda así non seguimos con ganas de ir ver Invasión a la tierra, pois promete ser un filme bélico con invasión extraterrestre do máis entretido.

Como última curiosidade dicir que Steven Spielberg fixo unha comedia ca idea dunha invasión xaponesa dos EUA e ca Batalla de Los Angeles de fondo titulada 1941 (1979), escrita por Robert Zemeckis e protagonizada por John Belushi, Dan Aykroyd e Treat Williams.

ifrit

(vía: Magonia)

Máis:
Battle of Los Angeles
Ataque a Pearl Harbor

Novas relacionadas: Novo póster de Battle: Los Angeles e Novo tráiler de Battle: Los Angeles.

Nada novo nos ensina este póster de Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides (Piratas del Caribe: En mareas misteriosas, 2011, Rob Marshall) máis que a Johnny Depp como Jack Sparrow, o único personaxe que aguanta esta serie.

Novas relacionadas: Primer tráiler de Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides.

Novo póster de Source Code, con Jake Gyllenhaal


Muda o pasado. Salva o futuro.

Pouco máis hai que engadir a este póster de Source Code (2011, Duncan Jones). A min de momento tenme boa pinta, pero nunca se sabe…

Novas relacionadas: Novo tráiler de Source Code.

Pois esta que vedes ilustrando a entrada é a primeira imaxe de Silent Hill: Revelation 3D (2011, Michael J. Bassett) e na que podemos ver a Adelaide Clemens que, xunto con Kit Harington, é a protagonista do filme.

Vai ser moi difícil superar ou incluso igualar á anterior versión do videoxogo Silent Hill e inda por riba é en 3D, tecnoloxía que para moitos está lastrando a gran maioría das estreas.

Desta volta veremos a unha que se enfronta ós monstros máis terríbeis nun ambiente de suspense continuo para atopar ó seu pai.

Coidado póster de The Innkeepers, unha de terror en hotel

Sara Paxton e Pat Healy protagonizan The Innkeepers (2011, Ti West), unha historia de terror na que os dous derradeiros empregados dun hotel a piques de fechar deberán loitar contra as pantasmas que acosan ós poucos clientes.

Sen datos da estrea nos EUA, así que de que chegue aquí nin falamos.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.