"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Abril, 2011

Daniel Radcliffe protagoniza The Woman in black

The Woman in Black (2011, James Watkins) conta a historia dun avogado que terá que ir a un recuncho lonxano de Inglaterra a cumplir os últimos desexos dun cliente e alí atoparase cunha casa chea de misterios e unha aldea poseida polo espírito dunha muller de loito e chea de vinganza. O teaser tráiler non amosa moito pero tráenos bos recordos dos mellores tempos da Hammer.

O filme é unha adaptación da novela homónima de Susan Hill de 1983 e, ademáis de obras de teatro e teatro radiofónico, xa houbo unha adaptación para a televisión en 1989, The Woman in Black (Herbert Wise).

A estrea no Reino Unido está prevista para o 10 de febreiro de 2012.

Pois si, aí está, a fin de semana pasada anunciouse oficialmente que Michael Shannon interpretará ó carismático vilán xeneral Zod en Man of Steel [si, tamén anunciaron que de momento o nome do proxecto non leva o "Superman" diante] (2012, Zack snyder).

Michael Shannon engádese á lista de actores e actrices xa confirmados: Henry Cavill, Amy Adams, Diane Lane ou Kevin Costner.

Na imaxe podedes ver unha comparación de Michael Shannon con Terence Stamp, que interpretou ó xeneral Zod en Superman II (1980, Richard Lester e Richard Donner). E agora é cando comezan as discusións sobre a elección do actor e os posíbeis papeis do vilán no filme.

Novas relacionadas: Estará Brando Routh na segunda parte de Superman? e Diane Lane será Marta Kent en Superman: Man of Steel

Despois de percorrer de forma máis que existosa pases privados e festivais de medio mundo Crebinsky (2011, Enrique Otero) chega ás salas comerciais, o seu obxectivo final.

O filme, interpretado por Miguel de Lira e Sergio Zearreta e que conta ca participación de Luis Tosar, Celso Bugallo ou Patricia de Lorenzo, entre outros, é a versión longametraxe da curta Os Crebinsky de 2002, unha historia surrealista, balcánica, con crebas, nazis e submariños. Mellor vede o tráiler para facervos unha idea.

Aquí tedes a lista de cines onde se poderá ver o filme. Buscade polo que vos quede máis preto e non a perdades:

En Galiza:
A Coruña: Filmax El Puerto Centro de Ocio
Santiago de Compostela: Cines Compostela
Narón: Cinebox
Lugo: Multicines Centro
Vigo: Plaza Elíptica
Vilagarcía de Arousa: Multicines Gran Arousa
Ourense: Auditorio Municipal (Sala Azul). Exhibirase o venres 8, sábado 9 e domingo ás 20:45 h.

Fóra de Galiza:
Madrid: Pequeño Cinestudio
Barcelona: Cinemes Girona
Girona: Cinemes Albéniz
Málaga: Cine Albéniz
Alacante: Cinemax Petrer
Valencia.

A primeira imaxe de The Lords of Salem (2012, Rob Zombie) confirma a enorme afección do director non só polos filmes de terror, mais tamén polas máscaras.

De momento só sabemos que o filme conta o ataque na actualidade de antiguas bruxas á cidade de Salem e que a sexy esposa do director, Sheri Moon Zombie, estará entre os protagonistas.

Heather Mason (Adelaide Clemens) e Vincent (Kit Harington), dous dos protagonistas de Silent Hill: Revelation 3D

Carrie-Anne Moss, como Claudia Wolf, e Malcolm McDowell, como Leonard Wolf, únense a Adelaide Clemens, Kit Harington, Radha Mitchell, Sean Bean e Deborah Kara Unger no elenco de Silent Hill: Revelation 3D (2012, Michael J. Bassett).

A cousa pinta cada vez mellor, tendo en conta que semella que o filme vai ser unha adaptación máis que fiel do videoxogo Silent Hill 3.

Novas relacionadas: Primeira imaxe de Silent Hill: Revelation 3D e Sean Bean, Radha Mitchell e Deborah Kara estarán en Silent Hill: Revelation. Secuela?

Hoxe mesmo rematou a rodaxe de Lobos de Arga (2011, Juan Martínez Moreno), o filme de terror e acción con toques de comedia que discurre e foi gravado, en parte, en Galiza.

Agora comeza a post-producción para poder estreala o vindeiro outono, como está previsto.

Novas relacionadas: Lobos de Arga. Rodando en Santiago de Compostela.

En Perros Muertos (2011, Koldo Serra) Hugo Silva interpreta a un atracador de bancos que despois dun asalto en Barcelona remata viaxando ata o deserto de Almería onde se atopará con que os nenos infectados con aceite de colza convértense en asasinos caníbales.

¿Quién puede matar a un niño? (1976, Narciso Ibáñez Serrador) + Children of the Corn (1978, Fritz Kiersch) + Celtiberia. Pode estar interesante. Chirría un pouco aí Hugo Silva… Aquí tedes un teaser tráiler para comezar a opinar.

Está ben que na febre de cinema de terror e fantástico que invade o estado se fagan filmes con referencias autóctonas como as intoxicacións con aceite de colza dos anos 1980.

Profesor Charles Xavier. No interior da ameaza mutante.

Os magnéticos movementos de Eric Lehnsherr

HELLFIRE. Emma Frost, fala a Raiña Branca.

Despois da cagada dos primeiros pósters a xente de X-Men: First Class (X-Men: primera generación, 2011, Matthew Vaughn) desmárcase con estas curiosas revistas retro cos dous protagonistas centrais e a representante feminina máis sexy.

A resposta ás vosas preguntas é: 75-60-75

Novas relacionadas: Michael Fassbender será MagnetoArgumento de X-Men First Class Argumento de X-Men: First ClassNovos pósters de X-Men: First Class, a cousa máis fea vista nos últimos temposImaxe de Havok, sobriño de Cíclope, en X-Men: First Class e Interesante tráiler de X-Men: First Class


Tenho que confessar, caros leitores de CINEMA FRIKI, que a minha relaçom com Nicolas Cage é complexa. Admiro a sua atitude perante a sua carreira, procurando sempre fazer os filmes que lhe agradam em cada momento, divertindo-se com o seu trabalho -como em Kick-Ass (Kick Ass. Listo para machacar, 2010, Matthew Vaughn) ou a série de National Treasure-. Também sinto umha irmandade geek com o ele : colecionador e criador –Voodoo Child (2007, Virgin Comics)- de comics, fã de Robert Williams, seareiro da sci-fi, etcétera. Também, como diz o crítico Robert Ebert, o compromisso de Cage com cada um dos seus papeis, onde “impersona sem pestanejar por mui improvável que seja a sua personagem”. Fai os filmes dos que gosta, e fai-nos com toda a força e qualidade da que é quem. E pode criar verdadeiras maravilhas como Adaptation. (Adaptation. El ladrón de orquídeas, 2002, Spike Jonze), Lord of War (El señor de la guerra, 2005, Andrew Niccol) ou Leaving Las Vegas (idem, 1995, Mike Figgis) Com todo, isso nom o exime de perpetrar verdadeiros insultos à inteligência como Knowing (Alex Proyas, 2009, Alex Proyas) -filme que nom lhe perdoarei na vida-. City of Angels (idem, 1998, Brad Silberling) ou Ghost Rider (El motorista fantasma, 2007, Mark Steven Johnson). Por isso enfrento cada filme de Cage com o mesmo temor: Será um divertimento digerível, um pequeno regalo de interpretaçom magistral ou um disparo de baixa velocidade no estômago que me fara agoniar durante dias na mistura do meu próprio sangue e detritos?

Pois se tivesse que classificar Season of the Witch (En tiempo de brujas, 2011, Dominic Sena) nalgumha das três categorias anteriores evidentemente ficaria com a primeira… com perigosas incursons na terceira. Nota-se desde o começo que o seu director Dominic Sena –Swordfish (Operación Swordfish, 2001) e Whiteout (ídem, 2009) e que já coincidira com Cage e um dos seus delirantes penteados em Gone in 60 Seconds (60 segundos, 2000)- nom sinte como próprio o género do filme, estando limitado a seguir as linhas marcadas por este como umha pianola segue as notas no rolo de cera: sem trabucar, mas sem paixom. Mas todo o que dai adubio nos filmes de “estilo-B mas sem ser B” falha em Season of the Witch: a ambientaçom é pobre e pouco cuidada, as batalhas e lutas carecem de força e a aportaçom de cada personagem está só rascunhada. Todo o truque de três quartas partes do filme baseia-se num giro da história que nom se perfila adequadamente em nenhum momento, e os CGI reservam-se para um final que nom fai justiça com o orçamento. E o potencial visual do poderoso Ron Perlman desbota-se com umhas cenas de batalha pouco interessantes. Mas nom todo é tam terrível, há pequenos momentos interessantes: a passagem da ponte, algumha conversa entre a “bruxa” e os personagens, e se calhar parte -só parte- da luta final no mosteiro.

Com todo, depois de ver o filme, nom pudem tirar essa sensaçom de que a história contada nom era para nada nova. Já sei que nenhumha história é nova de todo, e que a graça é recontar engadindo um novo traço… mas nom me digam que nom lhe soa: Cavaleiro nobre mais escuro que se embarca nas Cruzadas por fe ou na procura de riqueça, mas que remata farto das matanças e volta à casa, só para topar a sua terra infestada polo mal da feiticeira ou a Praga, tendo assim umha oportunidade de redimir a sua alma e corrigir os erros do passado. Sim, é Solomon Kane –a série de Robert E. Howard e o filme de M. J. Basset de 2009- e também é Season of the Witch. E a obra original e o filme europeio ganham em contar essa mesma história, porque abraçam o pulp primigênio e procuram cumprir todas as exigências do gênero, e depois de feitas estas tarefas seguem adiante e achegam novos detalhes. Assim que já sabem, se nom viram o filme dêem-lhe prioridade sobre o criticado hoje -que se torna completamente supérfluo- e se nom leram nada do personagem original podem desfrutar da magnífica traduçom para o galego de Urco Editora.

Fer


É un filme do que non se está a falar moito pero que ten boa pinta o de que seguro que se vai ir falando máis a medida que se achegue o día da estrea.

Lobos de Arga (2011, Juan Martínez Moreno) é un filme producido por Vaca Films e Telspan 2000. Protagonizado polo televisivo trío Gorka Etxea, Carlos Areces e Secun de la Rosa e acompañados polos tamén televisivos Manuel Manquiña, Mabel Rivera e Luis Zahera o filme conta, en versión de filme de terror, aventuras e acción con pingas de comedia, a lenda dos Mariño e de como o fillo da condesa convértese, a principios do século XX, en home lobo. Tomás, escritor fracasado, é o último varón vivo da linaxe dos Mariño. Os habitantes da súa aldea natal, Arga, invítanno para facelo fillo adoptivo do lugar. Mais as intencións dos aldeáns non poden ser máis distintas e o que en realidade pretenden é matar ó último dos Mariño e acabar así ca maldición e o lobisome que os leva atormentando durante décadas.

Nesta páxina de RTVE tedes unha chea de material (imaxes, vídeos, comentarios do director, actores e membros do equipo, story board, etc.). Mágoa que non teña o seu propio RSS para poder seguir ó momento todas as actualizacións.

O terror e o fantástico seguen co tirón dentro do cinema do estado español.

A estrea está prevista para outono de 2011.

Pósters con casco de Thor

Xa dixen que nos íamos fartar de ver imaxes promocionais de Thor (2011, Kenneth Branagh) e que de momento non amosan nada novo nin chamativo. Desta volta os complementos craneais de Thor e Loki.

Novas relacionadas: A mina de ouroJessica Biel en Thor?Primer póster e tráiler de ThorPóster exclusivo de ThorJeremy Renner será Ojo de Halcón en ThorDous novos pósters de Thor e Pósters de Thor a manchea

Para ver Green Lantern (2011, Martin Campbell) inda teremos que agardar ata o verán, pero neste vídeo poderemos ver os ingredientes principais do que se presenta como un dos filmes máis espectaculares do ano. Efectos especiais e CGI a fartar (que a min non me acaban de convencer e parecen demasiado videoxogo) e un achegamento á mitoloxía dos Lanternas verdes compaxinandoo cunha histora na Terra (un pouco como en Thor).

Novas relacionadas: Nova imaxe de Tomar-Re en Green Lantern (2011)

Henry Cavill é Teseo

Luke Evans é Zeus

Kellan Lutz é Poseidón

Isabel Lucas é Atenea

Daniel Sharman é Ares

Immortals (2011, Tarsem Singh) é máis unha nova versión da clásica historia que conta o enfrontamento entre deuses e demos con humano escollido polo medio.

A presenza de Singh na dirección (e estes primeiros pósters), director da preciosista The Fall (The Fall – El sueño de Alexandria, 2006), premio ó Mellor filme en Sitges 2007, asegúranos impacto visual na presentación e desenvolvemento dos actores e protagonistas: o príncipe Teseo (Henry Cavill) o rei Hiperión (Mickey Rourke), a sacerdotisa Phaedra (Freida Pinto), o escravo Stavros (Stephen Dorff), Poseidón (Kellan Lutz), Zeus (Luke Evans), Atenea (Isabel Lucas) ou Ares (Daniel Sharman).

A estrea nos EUA será o 11 de novembro de 2011.

Ese neno é malvado. Vese de lonxe, non engana a ninguén. Iso ou sofre efectos secundarios de utilizar a Nintendo DS 3D. Vaite ti a saber.

Insidious (2010, James Wan) estreouse este primeiro de abril nos EUA con grande éxito, situándose no terceiro lugar da taquilla, por detrás do filme de animación Hop (2011, Tim Hill) e de Source Code (Código fuente, 2011, Dunca Jones). Para vela nos nosos cines teremos que agardar ata o 10 de xuño de 2011.

Novas relacionadas: Primer póster de Insidious.

Pósters de Thor a manchea


O deus do trono


O rei de Asgard


O gardián de mundos


O deus das trasnadas


A deusa da guerra


A muller de ciencia

A menos de un mes da estrea de Thor (2011, Kenneth Branagh) a avalancha de materiais promocionais é imparábel.

A verdade é que estes pósters ca imaxe dos principias protagonistas non están nada mal.

Novas relacionadas: A mina de ouroJessica Biel en Thor?Primer póster e tráiler de ThorPóster exclusivo de ThorJeremy Renner será Ojo de Halcón en Thor e Dous novos pósters de Thor

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.