"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

En xullo pasado, estendeuse o rumor de que Josh Brolin estaba en conversas para participar no remake de Oldboy que sorprendeu a todo o mundo ó incluir na dirección a Spike Lee. Segundo di Deadline esta nova visión do Thriller sobre a vinganza de Park Chan-wook, que sorprendeu a moitos no 2003, confirma agora a presenza do actor como protagonista deste proxecto escrito por Mark Protosevich (o mesmo escritor que está traballando nun novo Jurassic Park con Steven Spielberg e que coqueteou nun primeiro momento coa posibilidade de dirixir el mesmo o devandito remake de Oldboy).

Aínda que os fans da orixinal esten a levar ás mans á cabeza, ter a Brolin e a Lee abordo poder garantir un producto final de calidade (como sucedeu con Infiltrados de Scorsese). Outros rumores falaban de que Christian Bale barallaba entre outros proxectos a posibilidade de asumir o rol de antagonista, o que aumentaría aínda máis o actractivo do filme.

Para os que non esteades familiarizados co argumento do filme orixinal Oldboy conta a historia dun home que é secuestrado no día do aniversario da súa filla, e retido preso durante 15 anos nun aillamento forzado sen recibir ningunha explicación. Cando consegue ceibarse, o seu único desexo será o de executar a vinganza sobre aqueles que destruíron á súa vida.

Vía: Firstshowing.net

Aquí a opinión de Godzilla-sama sobre a orixinal.

2 Comments

  1. by Qchova levando as mans á cabeza, on Agosto 30 2011 @ 10:29 p.m.

     

    “ter a Brolin e a Lee abordo poder garantir un producto final de calidade”
    Sí, pero parten dun orixinal de moi alta calidade…sen ter en conta isto, dicir que estará ben é case unha aposta segura…pero ó tratarse dun remake será inevitable compara-las…xa veremos…sábese a data?

  2. by urizen, on Agosto 30 2011 @ 11:03 p.m.

     

    Non se sabe aínda. Se Brolin acaba de sumarse o proxecto, supoño que andarán todavía pechando o casting, xusto lin agora aquí que o proceso de producción comezará na primeira metade do 2012 e calculando que non terá moita post-producción, estrearán o vindeiro ano. Pero isto é Hollywood e nunca se sabe XD.

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.