"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Unha parella de namorados e o ex-mozo de ela terán que aliarse para acabar coa invasión que asolaga o seu pequeno pobo: esta frase agrupa todo o significado de Killer Klowns from Outer Space (Clowns asesinos, Stephen Chiodo, 1988) a nivel narrativo. Todo agás a mellor parte, xa quen quere invadir a Terra son pallasos asasinos. A farsa, a pantomima, a gracia dos circos transformada nun matadeiro onde os humanos tentarán sobrevivir a este ataque extraterrestre. Pero non é a profundidade do argumento nin o lirismo da película o que me impulsa a facer este texto, senón o sangue dos asasinatos, os rostros deformados dos pallasos e a actuación pésima do elenco da película.

Como dixen antes, a película non merece unha mención polo argumento, pero si polas caracterizacións. Resultoume moi sorprendente ver como unha película catalogada como serie B conseguiu unha caracterización para os pallasos incrible. Rostros totalmente expresivos e realistas que parecen sacados dun filme de maior presuposto. É evidente que a maior parte do presuposto se gastou neste recurso, xa que o resto de efectos especiais da película non brillan coa mesma intensidade: armas que disparan flocos de millo e algodón de azucre, efectos luminosos que rozan o ridículo e maquetas que non pasan desapercibidas.

Teño que admitir que, aínda que critique o argumento e a actuación dos actores, disfrutei de principio a fin da película. A pesares da falta de solidez no guión (o cal probablemente se escribira nunha tarde) as esceas violentas sorprenden sen cesar. As formas de ataque por parte dos pallasos son absolutamente xeniais, parodiando todas as formas as que o cine de terror nos ten acostumados. Unha destas esceas é a parodia de Psycho de Alfred Hitchcock: neste caso, substituíron a Norman Bates por unhas inocentes palomitas que comezan a cobrar vida ata que se transforman en pequenos pallasos asasinos.

E é que estamos ante unha película na onda de outras como Top Secret ou Scary Movie. Estes pallasos non teñen outra intención senón a de parodiar e homenaxear ao cine de terror/horror dos últimos anos.

BraisR

3 Comments

  1. by ifrit, on Setembro 5 2011 @ 6:32 p.m.

     

    Pois o ano que vén chega a secuela… e en 3D The Return of the Killer Klows from Outer Space in 3D http://www.imdb.com/title/tt1979370/ 😀 Haberá que estar atentos.

  2. by Virilla, on Setembro 5 2011 @ 8:19 p.m.

     

    Esta pelicula deume pesadelos cando era nena e iso en min é moito dicir 😀

  3. by dario real, on Setembro 8 2011 @ 5:12 p.m.

     

    Autentico pánico sentin eu cando a vin, tanto que incluso nas parodias posteriores permanezo incomodo simulando rir. E moi divertido (divertido en plan masoca) revisala de cando en vez

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.