Chuck Norris estará na secuela de The Expendables
Publicado en 2011 por BraisR en Actores e actrices | No Comment14 Set
Si. Escoitachedes ben. O Ranger de Texas, Chuck Norris terá un papel no remake da película The Expendables. O actor, que ronda os 70 anos, ten aquí a súa oportunidade para amosar que non está encasillado no papel de policía de Texas, rol que lle fixo gañar un grande grupo de seguidores.
Nesta ocasión, o reparto da película voltará a contar cun grande número de actores afincados no terreo do cine de acción. Bruce Willis, Jason Statham, Sylvester Stallone, Arnold Schwarzenegger, Jean-Claude Van Damme, Jet Li, Mickey Rourke son os nomes confirmados para protagonizar unha película que, de seguro, contará con esceas cargadas de emotividade e sentimento.
Nesta ocasión, a dirección recaerá en Simon West, coñecido por películas como Con Air ou Lara Croft: Tomb Raider, polo que desta vez non poderemos desfrutar de «Rambo» aos mandos do filme. Finalmente, rumoréase que a produción pode incorporar no plantel a Nicolas Cage e John Travolta. En definitiva, unha película co mellor de cada casa que promete ‘ostias a cascoporro’.
A estrea está prevista para o 2012.
Vía: Scifiworld.es
Novas relacionadas: Bruce Willis e Arnold Schwarzenegger confirmados para The Expendables 2, onde tamén poderían estar Jean-Claude Van Damme e Chuck Norris.












Deixa un comentario