Tráiler de The Raid, ostias e tiros nun só edificio
Publicado en 2011 por ifrit en Trailers e teasers | 1 comentario18 Set

1 despiadado señor do crime
20 policías de elite
30 andares de inferno
Acción e violencia desmedida é o que nos ofrece este filme que estará presente no Festival de Sitges deste ano.
Aquí tedes a sinopse: «No corazón dos barrios máis perigosos de Iacarta atópase un edificio seguro e imprenetrábel para os asasinos e gángsters máis perigosos do mundo. Ata agora, o bloque de apartamentos en decadencia foi considerado intocábel para os membros máis afoutos da policía. Agochado baixo o manto da escuridade antes do amencer e o silencio desas horas, un equipo de asalto de elite teñen a tarefa de asaltar o edifico ca fin de rematar cun famoso capo da droga que se agocha no seu último andar. Pero cando un encontro casual cun axudante descubre o seu plan, a nova do asalto policial chega ó señor da droga. As luces do edificio córtanse e bloquéanse todas as saídas. Atrapados no sexto andar sen saída, a unidade deberá abrirse paso a través dos criminais máis terríbeis da cidade para sobrevivir á súa misión.»
Protagonizada por un dos novos e sensacionais dragóns indonesios Iko Uwais é un tour de force que recorda a unha mistura entre a mítica escena de Old Boy (2003) e a francesa La Horde (2009), sen zombis.
Aquí vos queda o red band tráiler con música de Mike Shinoda (Linkin Park):
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/i_ZegKGf97Y" width="500" height="412" wmode="transparent" /]
Vía: Uruloki.org











by Diego Fernández, on Setembro 18 2011 @ 6:42 p.m.
Moi grande!!!