"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Na ceremonia número 63 dos Emmy Awards, a serie de comedia Modern Family triunfou acadando os cinco premios aos que optaba, entre eles mellor serie e mellor guión de comedia. Por outra parte, Mad Men impúxose a series coma Boardwalk Empire e Dexter, como mellor serie dramática.

Steven Levitan, produtor de Modern Family, recollendo o galardón a mellor serie de comedia.

Outra das sorpresas da noite foi o recoñecemento de Jim Parsons (Sheldon Cooper en The Big Bang Theory) coma mellor actor de comedia (recordemos que a última tempada desta serie non foi a mellor no referente á calidade). Steve Carell (nominado polo papel de Michael Scott en The Office), que se despedía da oficina de Scranton despois de sete xeniais tempadas, veu como esta ocasión se convertía na súa sexta nominación sen recibir premio. Por outra parte, na categoría de mellor actor en serie dramática, o triunfo de Kyle Chandler (Eric Taylor en Friday Night Lights) sobre outros actores como Steve Buscemi (Nucky Thompson en Boardwalk Empire) e Michael C. Hall (Dexter en Dexter) sorprendeu á maioría de quinielas nas que daban ao Buscemi como o gañador. Na parte feminina, Melissa McCarthy (Molly Flynn en Mike&Molly) levou o Emmy á mellor actriz de comedia por riba de Tina Fey (Liz Lemon en 30 Rock) e Amy Poehler (Leslie Knope en Parks and Recreation). Julianna Margulies (Alicia Florrick en The Good Wife) fíxose do Emmy á mellor actriz en serie dramática.


Jim Parsons recollendo o seu premio a mellor actor de comedia.

As sorpresas volveron a chegar co triunfo de Peter Dinklage (Tyrion Lannister en Game Of Thrones) como mellor actor de reparto en serie dramática, e coa vitoria de mellor dirección en serie dramática para Martin Scorsese polo episodio piloto de Boardwalk Empire (serie da que tamén é produtor executivo). Os premios a mellor de guión foron para Modern Family na categoría de guión de serie de comedia, e Friday Night Lights en guión de serie dramática.

Martin Scorsese agradecendo o seu premio.

Pero non todo foron premios e discursos de aceptación. Coma en toda gala de premios, foron moitas as anécdotas que rodearon o evento. Por unha parte, Ricky Gervais reapareceu despois da súa polémica na gala dos Globos de Ouro. Nun vídeo no que presentaba a categoría de mellor dirección de comedia, o actor britanico ironizou sobre a corrección política que rodea estes eventos.

Ricky Gervais presentado a categoría de mellor dirección de comedia.

Esta misma correción política que ironizaba Gervais foi a que provocou que o actor Alec Baldwin (nominado a mellor actor de comedia polo papel de Jack Donaghy en 30 Rock) non estivera presenta na gala. O actor foi censurado pola organización despois de que nun dos vídeos nos que debería aparecer saise parodiando o escándalo de Rupert Murdoch. Posteriormente, o actor publicaba unha mensaxe en twitter na que dicía “Quen gañou o Emmy? Gañei eu? Merda!”.

O irónico twitt de Alec Baldwin sobre o certame dos Emmy.

Queda agardar ata dentro dun ano para coñecer como evolucionarán as series nesta nova tempada televisiva. Logrará The Big Bang Theory retomar a calidade das primeiras tempadas? Poderán Game of Thrones e Boardwalk Empire revalidar o seu éxito? Conseguirá Mad Men gañar algún dos galardóns de interpretación?

BraisR

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.