"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Modern Family. Comeza a terceira tempada.

Tralo grande éxito de Modern Family nos Emmy Awards, esta serie familiar estrea a súa terceira tempada con, seguramente, elevadas expectativas na ABC.

O reparto da serie nos premios Emmy.

Unha comedia que arrincou hai dous anos e que non tardou en confirmar unha segunda tempada polo seu éxito. A clave é o elenco, actores moi bos e non especialmente coñecidos, agás, claro, Ed O´Neill que quen máis e quen menos lembra de Married with children. Claramente o formato escollido de falso documental axuda moito na renovación da comedia familiar, igual que o lixeiro cambio nos temas tratados.

Combina un guión espectacularmente escrito cun ritmo axeitado para que, a miúdo, as diferentes tramas conflúan nunha mesma situación final ou, no peor dos casos, nunha conclusión común, narrada por un personaxe.

Pero non se ía librar tan fácilmente dos problemas. O ano pasado os responsables desta serie foron demandados por Martin Alexander por suposto plaxio do seu proxecto Looney Ben. Segundo el, estivera intentando levalo a cabo e inclusive falaba de Sophia Vergara para un dos personaxes, moi semellante ó de Gloria Pritchett. Polo visto non se sabe nada máis de como rematou o asunto.

Imaxe promocional da segunda tempada.

A principal novidade para a terceira tempada son os cambios que sufrirá o seu reparto, e é que, para dar máis xogo, a pequena Lily será interpretada por Aubrey Anderson-Emmons (4 anos). A intención é darlle máis protagonismo ó seu personaxe; veremos como se defende e que situacións provoca esta meniña que ata agora permanecía impasible en cada secuencia. Ademais, reaparecerá momentaneamente Javier Delgado, interpretado por Benjamin Bratt e David Cross (Tobias Funke en Arrested Development) incorpórase como un concelleiro que lle fará a vida imposible a Claire Dunphy.

Eric Stonestreet e Aubrey Anderson-Emmons

Lembremos ademais que ó final da segunda tempada, Alex graduouse co cal comeza o instituto (corromperase a máis intelixente e responsable desta familia?); Haley insinuou que considera non ir á universidade (fará alguén que cambie de idea?) e Mitchell e Cameron decidiron adoptar de novo, neste caso un neno.

A terceira tempada comeza hoxe e moi… americana. A familia ó completo visita un rancho de Wyoming nunha emisión especial dunha hora.

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.