"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Nacho Vigalondo volve a estar de moda

O director de 7:35 de la mañana e Los Cronocrimenes, acaba de estrear a súa última película, Extraterrestre (aquí podedes ver o teaser e os pósters da película), no festival de San Sebastián con grande eloxios. Hai unha semana, era o Toronto International Film Festival o que se rendía aos pes do realizador cántabro. A película relata como unha parella de descoñecidos érguense xuntos na cama despois dunha noite de festa mentres, na rúa, os extraterrestres invaden a Terra. Neste caso, a ciencia ficción e os extraterrestres, son o mero fondo onde ten lugar a historia.

Ironicamente, Nacho Vigalondo non é profeta na súa propia terra: a súa primeira película, Los Cronocrímenes, foi un fracaso nas taquillas españolas e, sen embargo, tivo moi boa acollida en mercados coma o estadounidense. Actualmente, o director traballa nun proxecto en Hollywood: Windows; ademais de estar escribindo a adaptación do comic Supercrooks de Mark Millar.

Polo de agora non hai data oficial de estrea, aínda que se espera que a película chegue aos cines a comezos do 2012.

Vía: ElPaís.com

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.