"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

The Tree of Life, a película que está levando o nome de Terrence Malick ás máis altas cotas, non deixa de estar rodeada de polémica. Despois de que, hai unhas semanas, Sean Penn descargara a súa ira contra o director por recortar as secuencias nas que aparecía; esta semana, un cine de Cornellà (Barcelona) comezou a repartir este papel entre os asistentes ao pase do filme:

O cine, en previsión de que a maioría dos asistentes ao público non ían concordar coa crítica dos expertos en cine, tomou a iniciativa de cambiar as entradas dos espectadores descontentos por pases para outras películas. De este xeito, os asistentes á sesión que realmente queiran gozar da película poderano facer sen ter que aturar aos espectadores descontentos. Esta medida, que en principio pode parecer pouco amigable por parte do cine, non é algo novidoso. En Estados Unidos, moitos cines advertiron do carácter “peculiar” da película mediante carteis nos exteriores do edificio.

É acertada esta decisión por parte do propietario do cine? Deberíase extender esta medida a todas as películas? En CinemaFriki queremos saber a túa opinión.

2 Comments

  1. by BraisR, on Setembro 21 2011 @ 5:23 p.m.

     

    Creo que me parece absolutamente acertada a medida. Un dos grandes problemas da asistencia ao cine é que as entradas custan, na maioría dos sitios, sobre 6-7 euros. Un prezo absolutamente abusivo. Por outra banda, esta medida é unha forma de asegurar os ingresos por parte do propietario do cine xa que non se devolve, senón que se “cambia”.

  2. by dorfun, on Setembro 21 2011 @ 7:06 p.m.

     

    Onte martes, na sesión das 21:45 nos multicines CineBox Narón 6 persoas abandonaron a sala á media hora do comezo da proxección. O resto contentáronse con maldecir ao final da película pero aguantaron.
    Desde o meu punto de vista é unha cuestión de educación e ética persoal que eu non comparto e que de ningún xeito debe recaer esa responsabilidade nos xestores das salas de proxección.

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.