Promo da segunda tempada de The Walking Dead. Volveremos caer?
Publicado en 2011 por ifrit en Series e TV, Trailers e teasers | 2 Comentarios24 Set
Quedan pouco máis de dúas semanas para a estrea da segunda tempada de The Walking Dead (ídem, Frank Darabont, 2010 – ?) e xa estamos vendo que, como mínimo, o primeiro o imos ver.
A primeira tempada tivo un moi bo comezo, inda que despois foise desinflando e se a iso lle sumamos todos os problemas de produción e cos guionistas que tiveron este verán… pois só nos queda confiar nos zombis e en que intenten ser o máis fieis posíbel á banda deseñada orixinal.
Aquí unha promo para ir abrindo boca:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/kl2D-1xwFKI" width="500" height="412" wmode="transparent" /]
Vía: Uruloki.org
Novas relacionadas: Póster da segunda tempada de The Walking Dead. Xa queda menos…












by dorfun, on Setembro 25 2011 @ 12:47 p.m.
Aproveitando a volta de The Walking Dead, quixera saber a vosa opinión da nova serie da MTV: Death Valley.
Non vou dicir nada dela até que a vexades e opinedes
by ifrit, on Setembro 25 2011 @ 12:51 p.m.
Nós sempre a favor da MTV! Se estamos a ver a cuarta tempada de Jersey Shore non imos ter ningún problema en darlle un ollo a unha serie cun título tan evocador