"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Xa podedes ver os créditos iniciais de American Horror Story

A nova serie da canle FX, American Horror Story é, sen dúbida, unha das máis terroríficas apostas que xamais se fixeran para televisión. A serie sigue a historia da familia Harmon – o marido Ben (Dylan McDermott), a súa muller Vivian (Connie Britton) e a súa filla Violet (Taissa Farmiga) – cando se mudan a unha antiga casa de Los Angeles que ten unha historia oscura. Por exemplo, no sótano da casa descansan os restos dunha criatura demoníaca. E logo está o home no traxe fetichista de goma …

Algo máis acojonante que todo esto? Os créditos iniciais que podedes ver aquí. O clip, creado por Kyle Cooper e a súa compañía Prologue, responsables das secuencias iniciais de Seven e The Walking Dead. Nel non podemos ver nin aos actores nin nada máis que o sótano, pero podemos coñecer a historia previa que rodeou ese lugar. Segundo os creadores, todo o que vemos nos créditos iniciais quedará resolto a medida que os capítulos vaian avanzando.

Vía: EntertainmentWeekly.com

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.