"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Setembro, 2011

Novos vídeos de The Dark Knight Rises

Hoxe traémosvos novos vídeos da rodaxe da próxima película de Christopher Nolan: The Dark Knight Rises. A cinta do mítico heroe da DC Comics está protagonizada por Christian Bale, Michael Caine, Gary Oldman, Morgan Freeman, Tom Hardy, Marion Cotillard, Joseph Gordon-Levitt… Un reparto que, sen dúbidas, fará as delicias do público no 2012, ano no que está prevista a estrea do filme.

Vía: Scifiworld.es

Nacho Vigalondo volve a estar de moda

O director de 7:35 de la mañana e Los Cronocrimenes, acaba de estrear a súa última película, Extraterrestre (aquí podedes ver o teaser e os pósters da película), no festival de San Sebastián con grande eloxios. Hai unha semana, era o Toronto International Film Festival o que se rendía aos pes do realizador cántabro. A película relata como unha parella de descoñecidos érguense xuntos na cama despois dunha noite de festa mentres, na rúa, os extraterrestres invaden a Terra. Neste caso, a ciencia ficción e os extraterrestres, son o mero fondo onde ten lugar a historia.

Ironicamente, Nacho Vigalondo non é profeta na súa propia terra: a súa primeira película, Los Cronocrímenes, foi un fracaso nas taquillas españolas e, sen embargo, tivo moi boa acollida en mercados coma o estadounidense. Actualmente, o director traballa nun proxecto en Hollywood: Windows; ademais de estar escribindo a adaptación do comic Supercrooks de Mark Millar.

Polo de agora non hai data oficial de estrea, aínda que se espera que a película chegue aos cines a comezos do 2012.

Vía: ElPaís.com

Na ceremonia número 63 dos Emmy Awards, a serie de comedia Modern Family triunfou acadando os cinco premios aos que optaba, entre eles mellor serie e mellor guión de comedia. Por outra parte, Mad Men impúxose a series coma Boardwalk Empire e Dexter, como mellor serie dramática.

Steven Levitan, produtor de Modern Family, recollendo o galardón a mellor serie de comedia.

Outra das sorpresas da noite foi o recoñecemento de Jim Parsons (Sheldon Cooper en The Big Bang Theory) coma mellor actor de comedia (recordemos que a última tempada desta serie non foi a mellor no referente á calidade). Steve Carell (nominado polo papel de Michael Scott en The Office), que se despedía da oficina de Scranton despois de sete xeniais tempadas, veu como esta ocasión se convertía na súa sexta nominación sen recibir premio. Por outra parte, na categoría de mellor actor en serie dramática, o triunfo de Kyle Chandler (Eric Taylor en Friday Night Lights) sobre outros actores como Steve Buscemi (Nucky Thompson en Boardwalk Empire) e Michael C. Hall (Dexter en Dexter) sorprendeu á maioría de quinielas nas que daban ao Buscemi como o gañador. Na parte feminina, Melissa McCarthy (Molly Flynn en Mike&Molly) levou o Emmy á mellor actriz de comedia por riba de Tina Fey (Liz Lemon en 30 Rock) e Amy Poehler (Leslie Knope en Parks and Recreation). Julianna Margulies (Alicia Florrick en The Good Wife) fíxose do Emmy á mellor actriz en serie dramática.


Jim Parsons recollendo o seu premio a mellor actor de comedia.

As sorpresas volveron a chegar co triunfo de Peter Dinklage (Tyrion Lannister en Game Of Thrones) como mellor actor de reparto en serie dramática, e coa vitoria de mellor dirección en serie dramática para Martin Scorsese polo episodio piloto de Boardwalk Empire (serie da que tamén é produtor executivo). Os premios a mellor de guión foron para Modern Family na categoría de guión de serie de comedia, e Friday Night Lights en guión de serie dramática.

Martin Scorsese agradecendo o seu premio.

Pero non todo foron premios e discursos de aceptación. Coma en toda gala de premios, foron moitas as anécdotas que rodearon o evento. Por unha parte, Ricky Gervais reapareceu despois da súa polémica na gala dos Globos de Ouro. Nun vídeo no que presentaba a categoría de mellor dirección de comedia, o actor britanico ironizou sobre a corrección política que rodea estes eventos.

Ricky Gervais presentado a categoría de mellor dirección de comedia.

Esta misma correción política que ironizaba Gervais foi a que provocou que o actor Alec Baldwin (nominado a mellor actor de comedia polo papel de Jack Donaghy en 30 Rock) non estivera presenta na gala. O actor foi censurado pola organización despois de que nun dos vídeos nos que debería aparecer saise parodiando o escándalo de Rupert Murdoch. Posteriormente, o actor publicaba unha mensaxe en twitter na que dicía “Quen gañou o Emmy? Gañei eu? Merda!”.

O irónico twitt de Alec Baldwin sobre o certame dos Emmy.

Queda agardar ata dentro dun ano para coñecer como evolucionarán as series nesta nova tempada televisiva. Logrará The Big Bang Theory retomar a calidade das primeiras tempadas? Poderán Game of Thrones e Boardwalk Empire revalidar o seu éxito? Conseguirá Mad Men gañar algún dos galardóns de interpretación?

BraisR

Dragon Ball Kai no Xabarin!!!

Próximamente comezará no Xabarin Club da TVG a serie de Dragon Ball Kai (2009 – 2011), a versión mellorada e en HD da serie Dragon Ball Z (1989 – 1996) do sensei Toriyama.

Esperemos que nos sorprendan cunha voa dobraxe. Ahí quédavos unha estupenda promo!

Vía: Mision Tokyo

Os irmáns cataláns Alex e David Pastor presentaron no festival de Toronto o teaser de The Last Days (2012).

Vai ser un dos filmes do 2012. Os irmáns Pastor, AlexDavid, rodarán na primavera Los últimos días. Estes días en Toronto presentaron cuatro minutos que rodaron para presentar o look do filme, coa súa visión dunha Barcelona arrasada por ¿un apocalipsis?

Aquí podedes ver o teaser:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/F5Yk02pqu24" width="500" height="412" wmode="transparent" /]

Vía: Versión muy original

Co gallo do lanzamento da edición en BluRay da Guerra das galaxias, a Tropa Korriban – Star Wars Galicia fixo acto de presencia na tenda de CDECINE sita na Rúa Rosalía de Castro, 101 (Santiago de Compostela).

As tropas imperiais foron solicitadas para que a entrega do material multimedia se levase sen problemas e sen interferencias das forzas rebeldes que estaban pola zona. Foi enviado un destacamento formado por dous stormtrooeprs comandados por un oficial e un mercenario rodiano. Tras interceptar un cargueiro rebelde, conseguiron recuperar algunhas das copias robadas e levalas o seu destino.

De tódalas formas, varias horas despois a Súa Maxestade Imperial enviou a un dos seus Gardas Imperiais para restablecer a paz entre o numeroso grupo de persoas que se congregaron. Outra misión que rematou en éxito.

Longa vida ó imperio!

Non fai moito tempo, cando George Lucas deixou de tocar as súas cousas…

Despois de quedar pampos cos cambios que George Lucas fixo na edición de BluRay da triloxía orixinal (o mellor non foi él pero permitiuno, logo é igual de culpable) este 16 de Setembro comeza a 4ª tempada de Star Wars: The Clone Wars (ídem, Dave Filoni, 2008 – ?) na canle estadounidense Cartoon Network.

A verdade é que agradécese una dose de cando en cando do universo Star Wars. Logo da estrea de Star Wars: Episode III – Revenge of the Sith (2005), saíron un montón de rumores, dende a continuación dunha serie con actores reais posterior a Star Wars: Episode VI – Return of the Jedi (1983) ata a realización dun Episodio 0 con Yoda coma protagonista.

As Clone Wars foron un deses rumores que se fixeron reais. Comezou cunha serie de debuxos que mostraba eses cabos soltos entre o episodio II e o III, cómo se converteu Anakin en Cabaleiro Jedi, a súa cicatriz e brazo novo, a concepción de Luke e Leia, o baño de ouro de C-3PO, os primeiros pasos no lado escuro de Anakin, a invasión de Coruscant e o por qué de que Grievous se pása todo o día tosendo. Dúas minitempadas (a primeira era de 20 capítulos de 5 minutos) de gran calidade, o meu parecer).

George Lucas non debeu quedar satisfeito con iso e decidiron realizar de novo a serie pero con animación 3D. Comezando cunha película (ou episodio piloto) que se estreou nos cines e retomándoa cunha serie da que xa levamos tres tempadas. A serie é totalmente independiente das Clone Wars orixinais e non teñen que ver nada unha coa outra.

Nesta nova andaina das Clone Wars, expándese moito máis o universo Star Wars, xa non son eses catro planetas onde todo o mundo se coñecía, aparecen novas razas, as intrigas políticas están á orde do día, a Orde Jedi está desbordada con tantos conflictos e os soldados clon non son unas persoas anónimas, se non que ten cada un a súa propia historia.

Nótase que a man de de Lucas non está detrás disto, bueno, supoño que poría a carteira, pero para o resto, nótase que hai alguén que lle interesa un pouco a saga. Obviamente, en tres tempadas, é lóxico que floxee nalgúns episodios pero en xeral é una serie bastante boa. Entre todos os capítulos destacar o 5º da segunda tempada, Landing at Point Rain, onde realizan o segundo asalto a Geonosis. Así debeu rodar George Lucas o Episodio II! Existen capítulos dedicados a só un personaxe, a historia dalgúns clons, conspiación políticas, asasinos, batallas campais, e a aparición de novos personaxes que xa colleron máis carisma que algúns protagonistas das cintas principais, como é o caso do cazarrecompensas Cad Bane. Tamén chama a atención que a serie, dirixida principalmente ós nenos, teñan esceas bastante duras para esas idades, como a morte de personaxes a sangue fría. Hai xente que lle desagrada o “comiqueiro” e “infantil” do deseño dos personaxes, pero queda esquecido unha vez comezado a historia.

Pero todo isto non é nada. Onde a serie tivo máis éxito foi no impresionante merchandising que sacou o mercado coas Clone Wars e que tivo un éxito sen igual, soamente comparado co das películas orixinais. Máis cartos para o peto.

Aquí tedes o tráiler da nova tempada, onde parece que vai ser un pouco máis escura cas anteriores. Os clons estrearán a armadura Phase II e espero impaciente o capítulo da escea de Grievous rodeado de gungans! Pronto saberemos o desenlace.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/9A9C1S1QCGU" width="520" height="322" wmode="transparent" /]

Diefer K’San

Daniel Craig está que non para, e aquí temos máis un novo filme seu. En Dream House (2011) interpreta a un pai de familia que xunto á súa muller e as súas dúas fillas múdase a unha nova casa na que descubrirán que se cometeron numerosos asasinatos horríbeis e que agora son eles os que están en perigo.

O cachas de Daniel Craig está acompañado das belas Rachel Welsz (a muller) e Naomi Watts (unha veciña). Na dirección temos a Jim Sheridan, máis que un seguro.

A estrea aquí está prevista para o 4 de novembro de 2011.

Vía: Uruloki.org

En [REC] (2007) Jaume Balagueró e Paco Plaza contáronnos como unha estraña infección converte en monstros asasinos ós veciños dun edificio. En [REC]² (2009) os dous directores volveron ao edificio para contar dende varios puntos de vista como a infección segue a expandirse e algo máis sobre a orixe da enfermidade. Agora Balagueró e Plaza sepáranse para presentarnos dous novos filmes da saga. O máis inminente é [REC]³ Génesis (2011), unha precuela dirixida por Paco Plaza onde se nos amosa como nunha voda do máis normal é onde se orixina realmente a infección.

Os noivos e protagonistas do filme son Leticia Dolera e Diego Martín. A estrea o 30 de marzo de 2012.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/FymIOL9w1NQ" width="500" height="412" wmode="transparent" /]

En 2012 Jaume Balagueró prepara [REC] Apocalipsis, onde supoñemos que a infección desmadrarase e comezará a afectar a toda a poboación.

Novas relacionadas: Pósters de [Rec] Génesis e [Rec] Apocalipsis.

Rebecca Hall protagoniza este filme de misterio ambientado na Inglaterra da Primeira Guerra Mundial na que unha descubridora de enganos sobrenaturais visita un colexio non que din ter rexistrado a presenza da pantasma dun neno. As súas dúbidas iranse convertendo en certidumes a medida que vai descubrindo novas probas.

Acompañan a Rebecca Hall, Dominic West e Imelda Stauton, con Nick Murphy na dirección.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Udzuty4XMt8" width="500" height="412" wmode="transparent" /]

Como vos quedou o corpo? A verdade é que están chegando moitas cousas interesantes dende o festival de Toronto. O filme estrearase en salas comerciais do Reino Unido e Irlanda o 11 de novembro de 2011.

Vía: Uruloki.org

Inquedante tráiler de Lovely Molly

Un dos creadores de todo un subxénero con The Blair Witch Project (El proyecto de la bruja de Blair, 1999), Eduardo Sánchez, segue profundizando nas posibilidades das gravacións en formato vídeo caseiro misturado agora con formato cinema convencional nesta Lovely Molly (2011) que conta a historia dunha moza desequilibrada arredor da cal se suceden extraños fenómenos.

Presentada no festival de Toronto estréase o 20 de setembro de 2011 nos EUA.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qn9YKaBH5Qk" width="500" height="412" wmode="transparent" /]
Vía: Uruloki.org

Inda que a nós non nos acabara de convencer Buried (2010) tivo unha gran acollida entre crítica e público e por iso o seu director, Rodrigo Cortés, ten agora a oportunidade de traballar con actores da altura de Robert De Niro, Sigourney Weaver, Cillian Murphy ou Toby Jones no seu novo filme, Red Lights (2012).

O filme é un thriller con toques sobrenaturais que conta como dous investigadores de fraudes paranormais, a veterana doutora Margaret Matheson e o seu axudante, o novo Tom Buckley, estudan os máis diversos fenómenos metapsíquicos coa intención de demostra a súa orixe fraudulenta. Simon Silver, lendario psíquico e tal vez o dotado máis célebre de todos os tempos, reaparece despois de trinta anos de enigmática ausencia para convertirse no maior desafío mundial para a a ciencia ortodoxa e os escépticos profesionais. Tom comeza a desenvolver unha densa obsesión por Silver, cuxo magnetismo refórzase dunha forma perigosa con cada nova manifestación de oscuros fenómenos inexplicábeis.

Non importa o que creas saber. Non importa no que creas. A verdade é a ilusión máis perigosa de todas.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ye9msexYKi0" width="500" height="412" wmode="transparent" /]

Sen data exacta de estrea o filme sairá ó longo do 2012.

Vía: Uruloki.org

O 16 de outubro a canle estadounidense AMC estreará a segunda tempada de The Walking Dead (ídem, Frank Darabont, 2010 – ?). Serán trece capítulos e esperamos que non repitan os erros da primeira e vexamos unha adaptación á altura da banda deseñada de Robert Kirkman.

Sóabos dalgo a imaxe do cartaz?

Vía: Uruloki.org

O director de curtas Eduardo Chapero-Jackson estréase na longametraxe con este prometedor filme fantástico e de terror no que Miguel Ángel Silvestre acompaña á debutante Alba García.

O argumento: Sara é unha rapaza de 15 anos cun sexto sentido. Unha moza tímida heroína do século XXI que comeza a intuir que no mundo ten que existir algo máis que o que vén os nosos ollos, algo agochado que comeza a obsesionala. Guiada polo seu instinto, comeza a atopar na súa gris existencia unha serie de inquedantes mensaxes e pistas que a empurran a entrar nunha nova dimensión, perigosa e terrorífica, na que deberá iniciar unha viaxe para salvar a súa vida. No trancurso dester devir pertubador pero cheo de aventuras, Sara atopará un novo reto: o modo de mudar o mundo.

E agora desfrutade do tráiler con interesantes influencias do mundo do street-art:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/eKU5c1njg68" width="500" height="412" wmode="transparent" /]

Vía: Uruloki.org

Morreu Andy Whitfield. D.E.P., Spartacus

Nesta semana despedimos a Andy Whitfield, protagonista da serie Spartacus: Blood and Sand (Spartacus: Sangre y arena, Steven S. DeKnight, 2010) e que levaba máis de ano e medio loitando contra un cancro.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.