"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Primeiro saltou a noticia de Dexter e a falta de acordo entre Michael C. Hall e a Showtime. Agora é a emblemática serie The Simpsons a que está en perigo. O desacordo entre os actores e a cadea Fox sobre os recortes salariais pode provocar o fin da serie de debuxos animados. Os recortes da productora enfureceron aos actores, que viron recortado nun 45% o seu salario. A pesares deste recorte, os actores amosáronse dispostos a negociar aceptando unha rebaixa do 30%, oferta que a cadea non aceptou.

En Cinemafriki queremos saber que pensades sobre isto. Deberían ter rematado The Simpsons hai anos? Credes que a crise económica xoga aquí un papel importante ou que é só ego dos actores o que provoca casos coma este ou o de Michael C. Hall?

Vía: cadenaser.com

2 Comentarios

  1. by Agos Reigosa, on Outubro 5 2011 @ 7:45 p.m.

     

    Dende logo non son poucas as tempadas que os Simpson levan enriba e iso comézase a notar, sobre todo nos últimos capítulos con tématicas que nos fan recordar outros capítulos anteriores. Evidentemente en series coma esta na que a posibilidades de que se deixe de producir son grandes os temas económicos poden ser o paso decisivo cara a cancelación.
    No caso de Dexter eu diría que ten máis pecado o actor que a productora, pero falo sen ter detalles así que todo pode ser.

  2. by Skaltum, on Outubro 7 2011 @ 3:25 p.m.

     

    Tendo en conta que me gustan moito máis os capítulos das últimas tempadas que os das primeiras (por moi clásicos que sexan) non me gusta moito que pretendan acabar cunha das series clásicas.

    De todos os xeitos hai series de animación que me gustan bastante máis, verdade Padre de Familia.

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.